DUVI

Diario da 鶹

Nun curso promovido pola Vicerreitora do campus de Pontevedra e Down Xuntos

Mozos e mozas con sndrome de Down achéganse na Universidade ao potencial da música como ferramenta inclusiva

Sete usuarias e usuarios da entidade participan neste taller en Ciencias da Educacin e do Deporte

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cursos
  • Estudantado
  • ú
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 28/04/2023

Contribur, desde a educacin musical, inclusin nas aulas do alumnado con diversidade funcional é o obxectivo central do curso que ao longo dos prximos dous meses iniciar nas linguaxe musical a sete usuarias e usuarios de Down Xuntos Pontevedra. Promovido pola Vicerreitora do campus e a asociacin, esta actividade desenvlvese na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, co obxectivo de sumar tamén a participacin do alumnado deste centro e que poidan deste xeito “pr en prctica, de primeira man, dinmicas de traballo, estratexias e recursos que favorezan a inclusin real de nenos e nenas con sndrome de Down nas aulas ordinarias”, como destacan desde Down Xuntos.

Impartido pola profesora de música Marlente Armentero, o curso Mired. A educacin musical para a ensinanza inclusiva ten como punto de partida un caderno de traballo que esta licenciada en Educacin, na especialidade en Educacin Musical, pola Universidad de La Habana deseou coa idea de combinar a aprendizaxe musical “con outras linguaxes, como as matemticas, a pintura ou a lectoescritura”.

Unha experiencia para os futuros docentes

No arranque deste curso, que tivo lugar na tarde deste xoves, os sete mozos e mozas, de entre 7 e 20 anos, que participan na cuarta edicin deste curso e as súas familias recibiron as palabras de benvida da vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn, e do presidente de Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez Cabo. “A música é unha das actividades mis inclusivas e mis motivadoras do mundo”, lembroulles a vicerreitora, que animou s seis rapazas e o rapaz que participan neste taller a “gozar” dunha actividade que vai ser tamén un “punto de unin”, alén de contribur a que poidan desenvolver “moitas habilidades”. Lantarn sinalou as mesmo que un dos propsitos desta iniciativa é contribur a que as e os futuros docentes que se forman na facultade poidan tomar parte nas diferentes sesins dunha actividade que “vailles axudar o da de ma a traballar nos colexios a persoas con diferentes capacidades, que é algo que debemos pr en valor”.

Nesta idea inciden tamén desde Down Xuntos, desde onde destacan a importancia que “tanto a Universidade como entidades como a nosa creemos sinerxas e esteamos coordinados neste senso para que os futuros profesionais da educacin conten con ferramentas axeitadas que lles axuden a ofrecer unha resposta pedagxica adaptada a cada estudante, respectando os ritmos de aprendizaxe de cada persoa, co fin de atender con eficacia a un alumnado heteroxéneo”. Nese senso, ademais do estudantado que realiza prcticas nesta entidade, o curso que se desenvolver nas tardes dos xoves ata o 29 de xuo busca ir sumando s súas diferentes sesins a participacin do alumnado da facultade. De feito, o arranque deste taller viuse precedido pola presentacin ao alumnado da materia de Educacin Musical dun proxecto que est a ser “todo un éxito”, como recoeceu Pérez Cabo. De feito, boa das participantes nesta edicin “repiten” presenza no curso, “e iso é por algún motivo”, recalcou o presidente de Down Pontevedra Xuntos, que agradeceu Universidade que achegase “os medios e as instalacins necesarias para poder levalo a cabo”.

Ir un paso mis al

“A educacin musical desenvolve un papel moi importante na producin de emocins, xa que estimula partes do cerebro, activa procesos bsicos da aprendizaxe, como a atencin, a percepcin e a memoria e inflúe na linguaxe, no movemento e no control motor”, sinala Armentero, profesora de música en educacin primaria e directora da Coral Polifnica de Pontevedra. Partindo desa idea, o taller busca tanto traballar “o ritmo ou a montaxe de cancins, como a respiracin, a vocalizacin ou a entonacin”, vez que se emprega a música “en combinacin con outras linguaxes, como as matemticas a pintura ou a lectoescritura”.

Partindo desta idea, o curso estruturase en tres bloques de contidos, un primeiro centrado nos “elementos bsicos da linguaxe musical”, un segundo enfocado ao “desenvolvemento motriz, mediante actividades de expresin e rtmica”, e un terceiro no que traballarn “o desenvolvemento auditivo a través de diferentes exercicios e actividades musicais para o desenvolvemento da capacidade auditiva”.

Ao mesmo tempo, o feito de que varias das participantes xa tomaran parte en edicins previas fai que Armentero busque nesta edicin “que deamos un paso mis”, coa idea de que ademais de “facer música con instrumentos ou percusin corporal”, o alumnado poida tamén avanzar nos seus coecementos de linguaxe musical e “sexan capaces de ler unha partitura”. Nese senso, a docente recoeca no arranque do curso “que cada ano quedo mis sorprendida” cos avances deste grupo, “que superou totalmente as mias expectativas”.