DUVI

Diario da 鶹

A mostra recolle imaxes inéditas realizadas na Costa da Morte

Manuel Sendn inaugura ‘Crebas’, un dilogo fotogrfico cos fondos do Museo do Mar

A exposicin poder visitarse ata o 31 de xaneiro de 2021

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 04/12/2020

Ao longo da historia, son moitos os relatos artsticos e literarios que versan sobre obxectos arrastrados polo mar ata a costa. Neste contexto, o profesor do Departamento de Pintura Manuel Sendn inaugurou esta semana Crebas, unha mostra individual na que amosa a súa visin persoal arredor deses restos atopados e que pode visitarse no Museo do Mar ata o vindeiro 31 de xaneiro.  

Crebas é unha serie fotogrfica realizada entre os anos 2007 e 2020 nun areal da Costa da Morte, a praia do Rostro. Anda que é un traballo presentado con anterioridade en espazos de toda a comunidade galega, a proposta do Museo do Mar, con trinta fotografas de gran formato e un polptico de sesenta mis pequenas, contén imaxes inéditas.

Un dos intereses da mostra radica na conversa que xorde entre as obras, o marco paisaxstico onde se atopa o edificio e os seus fondos antropolxicos e etnogrficos, centrados na evolucin da industria da pesca galega. Dalgún xeito, cos seus retratos de redes, pecios e ferros atopados na area, a proposta de Sendn complementa a seccin que o Museo do Mar destina historia dos naufraxios en Galicia, achegando unha visin mis subxectiva. O propio autor afirma que esta institucin lle parece “o lugar mis axeitado para expoer o proxecto”.    

Unha aproximacin ao imaxinario do mar caracterstico da Costa da Morte 

Sobre a súa vinculacin coa Costa da Morte, Manuel Sendn explica que de pequeno visitaba a comarca todos os anos e hai dúas décadas adquiriu al unha pequena casa, o seu lugar de referencia. Anda que vive en Vigo desde os setenta, imparte clases de Proxectos fotogrficos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e viaxou por toda a comunidade galega, di que “o territorio que sempre estivo presente nese periplo foi a ra de Corcubin”.

Segundo Sendn, “as caractersticas fsicas e meteorolxicas deste espazo deron lugar a sucesos sorprendentes”, como o naufraxio do Prestige, co que se xeraron “paisaxes apocalpticas”, e do Silva Gouveia que, varado en 1927, emerxe cada poucos anos na praia do Rostro. “Al ten aparecido de todo”, comenta o fotgrafo, “desde fotocopiadoras ata un montn de cestios para cans e gatos de moitas cores, o que pareca mis unha instalacin artstica que un accidente”. Anda que as imaxes que compoen esta obra retratan diferentes elementos devoltos polo mar, a finalidade da serie non é documentar nin describir as crebas, xa que o autor considera que “hai cousas moito mis profundas e interesantes” e quere afastarse dos tpicos e das representacins pintorescas da Costa da Morte. 

Pola contra, Manuel Sendn asegura que a súa intencin é suxerir, invitar ao público a imaxinar, lograr que “as imaxes funcionen como unha plataforma de engalaxe”. Unha das ferramentas empregadas polo artista para conseguir os seus obxectivos é o xogo coas dimensins dos pecios, co que os descontextualiza e as espectadoras e espectadores teen que decidir se o que ven é xigante ou diminuto.    

Un oasis nun panorama artstico desolador

A apertura de Crebas, restrinxida pola actual situacin sanitaria, tivo lugar onte xoves e contou coa participacin de Xosé Manuel Buxn, decano da Facultade de Belas Artes, Marta Lucio, directora do Museo do Mar de Galicia e Anxo M. Lorenzo Surez, director xeral de Polticas Culturais. 

Sobre a situacin da arte antes e despois da pandemia, Sendn conta cunha percepcin precavida e comenta que “a cousa non pinta nada ben” e que “sera necesaria unha preocupacin institucional pola cultura”. Porén, o docente sinala o positivo da realizacin desta exposicin, sobre todo nunha cidade onde “non hai moitos espazos para expoer porque a situacin municipal coa cultura é dramtica”.

Neste senso, o fotgrafo valora positivamente as Axudas propias a grupos, centros de investigacin e agrupacins impulsadas pola 鶹 que, “anda que modestas, axudan a realizar estes proxectos”. Considera a consecucin deste financiamento e a construcin da exposicin como “unha despedida da Universidade” no ano no que se xubila.  

A de Manuel Sendn é, xunto a Identidades latentes, a segunda inauguracin dun proxecto expositivo con participantes vinculadas 鶹 que se organiza no Museo do Mar, polo que este espazo cultural vigués est a ser un dos mis activos nestes tempos de pandemia. Crebas poderase visitar no Museo do Mar de Galicia ata o 31 de xaneiro.