DUVI

Diario da 鶹

Organizada polas unidades de igualdade das tres universidades galegas

Mis dun cento de persoas participan na 1º Xornada interuniversitaria sobre submisin qumica e violencias sexuais

Cunha orientacin multidisciplinar e a intervencin de médicos, terapeutas, xornalistas...

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 31/03/2023

A Xornada interuniversitaria sobre submisin qumica e violencias sexuais celebrou este venres a súa primeira edicin cun importante éxito de participacin. Mis de 110 persoas se inscribiron nun evento virtual organizado polas oficinas de Igualdade das tres universidades galegas co obxectivo de poer o foco nun “fenmeno cada vez mis preocupante” que afecta principalmente poboacin mis nova, “como o noso alumnado”, explicaba no acto de apertura Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹. Xunto con ela, as responsables deste servizo na Universidade da Corua, Ana Mª Neira, e na USC, Marta Pérez, destacaron a importancia de que as tres institucins traballen en rede no eido da igualdade e sumen esforzos para debater sobre un asunto no que “se require de formacin e sensibilizacin”, dndolle voz “a profesionais que nos poidan ilustrar dende diferentes mbitos, como o médico, o xurdico, o xornalstico ou o antropolxico”, xa que, como engada Gmez, “todas as reflexins que fagamos sobre como intervir nestes casos pode axudarnos a previlos”.

O intencin, recalcaba Neira, é abordar as violencias machistas e sexuais en xeral, pero especificamente esta modalidade de submisin qumica, que coa entrada en vigor da lei coecida como do ‘s si é si’ “ten penas mis graves”, xa que mentres antes era considerado un simple abuso sexual, “agora se encadrou penoloxicamente dunha forma mis severa, atendendo a esa realidade social e criminolxica que hai detrs”.

Esta xornada, ademais, naceu tras unha experiencia piloto celebrada no mes de novembro, como destacaba a responsable de Igualdade de USC, “que deixou dúas ideas moi importantes: por unha banda, a demanda por parte do alumnado deste tipo de formacin e, por outra, unha preocupacin moi forte que debe ser abordada de forma interdisciplinar, como se fai nesta xornada, xa que son delitos que cada vez teen mis incidencia, sobre todo na franxa de idade na que est o noso alumnado”.

Acudir ao hospital ante a mnima sospeita

O encargado de abrir a xornada foi Francisco José Aramburu Vilario, xefe de Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e presidente de Honra da Sociedad Espaola de Medicina de Urgencias e Emergencias de Galicia, que presentou o protocolo de deteccin de casos de submisin qumica do CHOU. Como salientaba, ademais de delimitar un xeito de actuar ante este tipo de situacins, “o que perseguamos dende o primeiro momento era que o protocolo se difundise, para que se coecese a nivel social, porque acudir ao hospital de xeito inmediato cando se sospeita dun caso de submisin qumica é fundamental”.

Na súa intervencin lembrou que o protocolo se deseou cando, a finais de 2021, a Polica Nacional detectou na zona de copas da cidade de Ourense varios casos e se puxeron en contacto coa Xerencia do hospital para coordinarse e traballar na tramitacin dos casos que chegaban ao centro sanitario. Este protocolo, que agora xa se ten estendido aos hospitais das sete grandes cidades galegas, conxuga o traballo dos servizo de Anlises Clnicas, Urxencias e Traballo Social, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, o Instituto de Medicina Legal e a Audiencia Provincial. “Trtase de sistematizar a diagnose, o tratamento e o seguimento dos casos de submisin qumica” que implica a administracin de substancias psicoactivas a unha persoa con fins delituosos para provocar unha modificacin no seu grao de vixilancia, na súa consciencia e na súa capacidade de xuzo. Son casos, indicaba o facultativo, de ”difcil diagnose, polo que hai que buscar indicadores de sospeita, ser exhaustivos e apuntar todos os datos que se poida”, cando se atende s vtimas, “dende signos de violencia ata un discurso pode facer sospeitar que pasou algo: non me acordo de nada, non sei que me pasou, espertei e non saba onde estaba…”. Por todo isto, incidiu na importancia de acudir ao hospital ante a mis mnima sospeita, “onde sern atendidas con cario, con coidados e sen culpabilizar”.

A vtima: muller menor de 30 anos; o agresor, un coecido

As vtimas de submisin qumica adoitan ser mulleres novas, menores de 30, e os agresores son normalmente varns, no 70% do casos son coecidos das vtimas, segundo os datos do Instituto Nacional de Toxicoloxa. No caso de vtimas masculinas ou de maior idade, o mbil normalmente é o roubo.

Como indicaba o doutor Aramburu, os agresores empregan substancias que tean unha importante actividade en doses pequenas, solubles en medio acuoso, inodoras, inspidas, con efectos rpidos e similares aos dunha intoxicacin etlica ou unha enfermidade para non levantar sospeitas. Provocan amnesia antergrada, é dicir, a vtima non lembra nada despois da inxestin da droga. As drogas que aparecen na maiora dos casos son o alcohol e os ansiolticos, porque teen un uso moi estendido na poboacin xeral, e xunto con elas, tamén se empregan os hipnticos non benzodiacepnicos, cannabis e derivados, drogas de abuso como a cocana ou o LSD, e escopolamina, burundanga ou ketamina, drogas que se metabolizan moi rapidamente e que son moi difciles de detectar se se tarda moito en ir a urxencias.

Precisamente por esta dificultade de deteccin, o doutor fixo fincapé na necesidade de acudir a un hospital ante a mnima sospeita e detallou todo o proceso de atencin e recollida de mostras unha vez a vtima acode a urxencias, onde é atendida nun box individual para darlle privacidade. Poer ou non a denuncia depende de cada persoa, pero segundo os datos que achegou o facultativo, dende finais de 2021, no CHOU atendéronse 17 casos de submisin qumica, dos cales 12 acabaron en denuncia. Neste sentido, Aramburu recalcou que o “o feito de que se saiba que hai un protocolo e un xeito de buscar probas e deter aos culpables é importantsimo”.

Resto da xornada

A xornada completouse coa intervencin de Paula Souto Castro, psicloga da Oficina Asistencia s Vtimas dos Xulgados de Santiago de Compostela, que explicou o proceso de atencin e acompaamento das vtimas de violencia sexual; Marga Tojo Gonzlez, da sociacin Xornalistas Galegas, que falou sobre o tratamento das violencias sexuais nos medios de comunicacin e a cobertura meditica dos casos de submisin qumica; e finalmente Ana Burgos Garca, coordinadora do Observatorio Noctmbul@s sobre as violencias sexuais en contornas de ocio nocturno e consumo de drogas, que analizou as chaves para comprender as violencias sexuais neste tipo de contextos.