DUVI

Diario da 鶹

Na programacin da Vicerreitora combnanse as aulas formativas con grupos orientados actuacin

Mis dun centenar de persoas frmanse nos campus en música e baile

Trtase de iniciativas abertas ao conxunto da cidadana

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI Pontevedra 11/02/2026

Mis de 80 persoas frmanse no presente curso nas aulas de música e baile tradicional do campus, que inician nestas semanas o bloque de actividades correspondentes ao segundo cuadrimestre. Abertas ao conxunto da cidadana, trtase de dúas actividades de carcter formativo que se combinan na programacin cultural da Vicerreitora do campus con agrupacins mis orientadas preparacin dun repertorio. Ese é o caso dos grupos de música tradicional e baile, que reúnen ambos preto dunha decena de integrantes, e do coro polifnico do campus, que conta con preto de 25 membros, as como do grupo de teatro, que iniciaba nas últimas semanas a súa actividade con 14 compoentes.

En conxunto, o baile e a música tradicional e coral reúnen no campus mis dun centenar de persoas, contribundo “consolidacin dunha estrutura con dous niveis”, como sinala o director da Área Adxunta Vicerreitora, Luis Torres, na que conviven a parte formativa e a preparacin de actuacins que permitan “levar fra o potencial” dos grupos do campus.

Da formacin a actuacin

Coas súas 40 prazas cubertas, a aula permanente de música tradicional iniciaba esta semana a súa programacin do segundo cuadrimestre, centrada no traballo especfico coas súas diferentes seccins. “Estamos nun proceso de darlle prioridade a profundar e mellorar un pouco cada seccin”, sinala o seu responsable, Suso Vaamonde, que con esa idea divide as sesins semanais en diferentes bloques orientados ao traballo con gaitas, pandeiretas e pandeiros, tambores, bombos e requintas e zanfonas e acordens. “Este curso incorporouse xente nova, pero que xa tia coecementos, polo que, ao non partir de cero, permitiunos darlle outro pulo aula, mis de perfeccionamento”, salienta este gaiteiro, que dentro dunhas semanas prevé sumar ao traballo coas diferentes seccins un bloque de ensaios conxunto. Non en van, a aula volver protagonizar en xuo un ciclo de concertos nas prazas de Pontevedra, que se suman participacin das súas seccins en “encontros ou intercambios con outras escolas de música tradicional”. 

Dando continuidade a esta actividade, no ano 2023 púase en marcha o grupo de música tradicional do campus, aberto tanto a participantes na aula como a persoas alleas con coecementos musicais. Esta formacin conta actualmente con oito integrantes, que traballan na preparacin dun “repertorio verstil”, que lles permita tanto ofrecer “concertos mis de corte didctico, nos que explicarlle a xente a historia da música tradicional en Galicia, como abordar un repertorio ao uso”, salienta a súa responsable, Marina Fernndez. A pesar do cambio de parte das e dos seus compoentes nestes anos, esta gaiteira pon o foco en como “se est notando moito a evolucin” deste grupo, tendo en conta que “a maiora non estaban acostumados a tocar como solistas”. Isto, sinala Fernndez Vigo, est a permitir que o traballo dun grupo que o pasado mes de decembro comparta escenario con Carlos Núez vaia “evolucionando a cousas cada vez mis complexas, sempre dentro da linguaxe da música tradicional”. 

Un obradoiro co que "participar activamente en foliadas"

Combinando gaitas, percusin, zanfona e acorden, este grupo traballa nun espectculo que compartir co grupo de baile tradicional posto en marcha o pasado curso. Dirixido pola mestra de canto, baile e pandeireta Montse Rivera, esta formacin atpase tamén preparando a súa participacin, ao igual que o grupo e a aula de música, no Concerto de Primavera do campus, que ter lugar no mes de marzo. "Est funcionando moi ben", recoece Rivera dunha agrupacin integrada por once persoas e que implica un traballo "completamente distinto" ao do obradoiro, xa que "o que facemos é montar bailes para actuacins".

Non obstante, esta formacin nútrese en boa medida das e dos participantes deste obradoiro, Como bailar nun sern, que conta novamente con 40 prazas. Trtase dunha actividade que permite tanto iniciarse como ampliar coecementos respecto dos principais ritmos da tradicin galega e que, coa colaboracin co Concello, desenvolve a súa actividade no Pavilln dos Deportes. Cada sesin estrutúrase en diferentes niveis, de tal xeito que "a primeira hora comezan os novos e despois vanse sumando, segundo as súas necesidades de aprendizaxe, os distintos alumnos cada media hora", apunta Rivera. Este achegamento a ritmos como a muieira ou xota vese complementado pola presentacin de diferentes traballos de recollida, que permiten afondar na historia dos bailes tradicionais e que, "a peticin do alumnado, este curso estamos centrando nos concellos da provincia de Pontevedra". De feito, boa parte das e dos participantes nesta actividade repiten presenza curso tras curso, o que leva a Rivera a lembrar que "o obxectivo co que se creou a aula foi o de fomentar que a xente puidera participar activamente nunha foliada, e ese obxectivo estase conseguindo con creces", dado o interese por acudir a foliadas que esta actividade espertou nas e nos participantes.  

Como bailar nun sern mantén nestas semanas a súa para o segundo cuadrimestre, con diferentes prazos para a comunidade universitaria e para as persoas que xa participaron nel desde comezos de curso. De quedar vacantes unha vez pechados estes prazos, estas ofertaranse ao conxunto da cidadana entre o 20 e o 24 de febreiro. 

Aos grupos de música e baile súmase o coro do campus, que ten fronte licenciada en musicoloxa Mara Luisa Snchez, directora tamén do coro do IES A Xunqueira I. Un total de 26 persoas integran no presente curso unha agrupacin que protagonizaba recentemente un concerto no Museo de Pontevedra.