DUVI

Diario da 鶹

Ciencias da Educacin e do Deporte acolleu a sexta edicin deste curso de iniciacin

Mis de 60 persoas inicironse na escalada nos obradoiros do campus

Inserido na programacin de Extensin Universitaria da Vicerreitora

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
DUVI Pontevedra 22/11/2021

Dirixido a formar aos e s asistentes nas técnicas bsicas de escalada para que poidan ser autnomos na prctica desta modalidade deportiva ao seu remate, o obradoiro Iniciacin escalada en rocdromo forma parte da programacin de Extensin Universitaria da Vicerreitora do campus desde 2017. Desde entn, preto de 65 persoas introducronse nun deporte que foi olmpico por primeira vez en 2021 nun taller que na tarde deste domingo completaba a súa sexta edicin no rocdromo Guillermo de Oca da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte.

Dirixido polos profesores Águeda Gutiérrez e Diego Alonso, co gua nacional de escalada en rocha e responsable de tecnificacin en escalada da Federacin Galega de Montaismo José Juan Domnguez como docente principal, a sexta edicin deste taller reuniu, ao igual que as anteriores, alumnado de diferentes perfs. “Hai tanto universitarios como persoas externas”, explica Gutiérrez que destaca que, por primeira vez o alumnado universitario asistente é “na súa maiora doutras facultades” diferentes de Ciencias da Educacin e do Deporte. Do mesmo xeito, trtase da primeira edicin na que o alumnado do curso é maioritariamente feminino, un 55%, apunta Gutiérrez, que sinala que ao longo das súas seis edicins, o 43% das participantes foron mulleres, “algo que como practicante da escalada éncheme de orgullo”.

O interese que esperta un obradoiro que cubre as súas prazas en cada edicin “fainos comprobar que este deporte ten un atractivo especial que engancha a todos os que se inician”, sinala a súa directora. Ao igual que en anos anteriores, a sexta edicin deste taller mantivo o mesmo programa, contidos e obxectivos, posto que o seu propsito que as e os participantes se inicien na súa prctica, achegndolles os coecementos necesarios en materia de seguridade e progresin para que, unha vez completado, poidan practicar esta modalidade con autonoma. Nese senso, recoece Gutiérrez, o feito de que se trate dun obradoiro de 30 horas, fronte s 16 dun curso estndar de iniciacin, fai que “a bagaxe prctica que adquiren” as e os participantes sexa “moi grande, de maneira que os coecementos bsicos en canto a seguridade soen quedar bastante afianzados”. De feito, engade, “a maiora continúan practicando a súa realizacin” e con frecuencia adoitan reclamarlles a realizacin do “seguinte nivel, na rocha”, o que deu pé a un segundo obradoiro que o pasado curso se levou a cabo por primeira vez “con moito éxito”.