DUVI

Diario da 鶹

A Vicerreitora do campus promove dous ciclos cinematogrficos

Unha homenaxe a Hitchcock e a revisin francesa do xénero negro enchen o outono do cine

Nas tardes de xoves e venres, tern lugar na Casa das Camps e no Teatro Principal

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 28/10/2020

Coas limitacins de aforo s que obriga a crise sanitaria, o cinema mantén un ano mis un papel protagonista na programacin cultural promovida pola Vicerreitora do campus. O seu tradicional ciclo de outono estar dedicado este ano ao director Aldred Hitchcock, coincidindo co 40 aniversario do seu pasamento, e a este súmase o ciclo que a Vicerreitora dedica cada curso ao cinema francés, inicialmente previsto para a pasada primavera. En conxunto, 18 filmes que, a partires deste venres e ata finais de xaneiro se exhibirn tanto na sala de conferencias da Vicerreitora, s 19.00 horas e cun aforo limitado a 15 persoas, como no Teatro Principal, grazas colaboracin do Concello, neste caso s 20.00 horas ecun aforo de 60 persoas.

Con entrada gratuta ata cubrir as prazas por orde de chegada, este venres 30 dar comezo o ciclo Alfredo o grande, o monogrfico dedicado ao cineasta britnico, conformado por dez proxeccins, programadas na súa maiora nas tardes dos venres. A partires do vindeiro xoves, a esta proposta sumarase A poética do cine: O cinema polar, un ciclo de cinema francés integrado por oito sesins, previstas na súa maiora para as tardes dos xoves.

Hitchcock, “o gran manipulador”

A proxeccin, na sede da Vicerreitora, de Sabotaxe (1942) abre este venres 30 o ciclo dedicado a “un dos realizadores que mellor afondou nos medos, as patoloxas e as incertezas do ser humano”, como salienta o seu coordinador, o programador cultural Suso Novs. Esta “humilde homenaxe” a Hitchcock est conformada por unha seleccin de dez filmes “bastante coecidos, anda que algúns deles menos exhibidos nos circutos estandarizados”, quepermitirn observar a evolucin dun director que deu os seus primeiros pasos no cinema mudo e pechou a súa carreira na década de 1970. “O que tentamos é ver como vai evolucionado a súa forma de facer cinema, cada mis abstracta, cada vez mis capaz de narrar a través de imaxe e son dunha forma mis depurada”, salienta Novs.

O ciclo buscar tamén por de relevo a figura de Hitchcock como un dos “grandes manipuladores da psique do espectador” e o uso que fai “dos diferentes recursos cinematogrficos para levar ao espectador ao estado emocional que quere que viva durante a pelcula”. As mesmo, salienta Novs, o ciclo permitir abordar os eixos temticos recorrentes do cineasta britnico, como “os individuos de a pé, acosados e perseguidos en situacins descontroladas” ou as “manifestacins de fenmenos que convulsionan a unha comunidade e que son a proxeccin dos medos desa comunidade”, as como na constante que a mirada supn no seu cinema.

Tras Sabotaxe, o ciclo trasldase o venres 6 ao Teatro Principal para exhibir Vertixe (1958). Tamén en novembro poderanse ver A sombra dunha dúbida (1943), Marnie, a ladroa (1964) e Estraos nun tren (1951), os das 13, 20 e 27, respectivamnente; retornando de novo o ciclo ao Teatro Principal o luns 30, para ver Pero... quen matou a Harry? (1955). Nese mesmo espazo exhibirase, o luns 7 de decembro, Os paxaros (1963) e, xa en xaneiro, o ciclo pecharase con O home que saba demasiado (1950), Enviado especial (1940) e Ա (1972), os venres, 8, 15 e 22.

Como Francia fixo seu xénero negro

Amosar como o cinema francés “reinterpreta e adapta os canons do cinema negro americano clsico”, dotando a este xénero dunha “singularidade inconfundible e unha identidade propia” constitúe un dos obxectivos centrais do ciclo A poética do crime. Cinema polar, segundo destaca a súa coordinadora, Brbara Santos. Xurdido na segunda metade do século XX como un subxénero do cinema polar(apcope de policier), e vixente na actualidade“baixo as etiquetas de neo-noir e Dz-ԴǾ”, o cinema negro francés caracterizasepor presentar “personaxes mis fatalistas e cunha maior profundidade psicolxica”, salienta esta investigadora e experta en cinema galo.

Co propsito de amosar a evolucin ao longo das décadas dun “xénero con grande éxito entre crtica e público”, o ciclo reúne tanto exemplos do “polar mis clsico” como filmes qu forman parte do neo-noirmis recente, como é o caso do ttulo que o vindeiro xoves 5 abre o ciclo, Roubaix, une lumière (2019), de Arnaud Desplechin, unha pelcula que se proxectar por primeira vez nunha sala en Espaa, onde non puido verse nos cines por mor da pandemia. Do mesmo xeito, a seleccin proposta por Santos permitir tanto contemplar filmes de “mestres do xénero, como Melville e Clouzot”, como as incursins no cinema noir de cineastas como Costa Gravas ou François Truffaut.

Trala primeira proxeccin, a programacin continúa o 12 de novembro con Le Doulos (1961), de Jean-Pierre Melville, e coa exhibicin, o venres 19, de Les Salauds (2014), de Claire Denis, o único filme do ciclo que poder verse no Teatro Principal. O 26 de novembro proxectaraseLe Mariée était en noir (1967), de Truffaut, mentres que para o venres 4 de decembro programouse L´Horloger de Saint Paul (1974), de Bertrand Tavernier. Tamén en venres, o 11 de decembro poder verseLes Diaboliques (1954) de François Clouzot, completndose o ciclo en xaneiro, os xoves 21 e 28, coa opera prima de Costa Gavras Compartiment Tueurs (1965)e co filme de Robert Bresson ´Գ (1983).