DUVI

Diario da 鶹

Nieves Correa e Joan Casellas participan o vindeiro luns en ‘Conversas arredor da performance’

A historia da arte de accin en Espaa, nas verbas de dous dos seus protagonistas

Aberto ao público, o coloquio ter lugar s 19.00 horas na Casa das Camps

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 05/10/2022

Achegarse realidade dunha disciplina artstica efémera e facelo a través de “relatos en primeira persoa”, das reflexins dalgúns dos artistas mis destacados do panorama da performance en Espaa. Esa é a idea do ciclo de conversas centradas na arte de accin que promove o profesor da Facultade de Belas Artes Carlos Tejo e que o vindeiro luns 10 de outubro levar sede da Vicerreitora do campus “a dous histricos da performance no estado espaol a partir da década de 1990”, Nieves Correa e Joan Casellas. Aberto ao público, este coloquio buscar afondar na evolucin desta disciplina nas últimas décadas a través das preguntas que Tejo ir trasladando aos dous participantes e coas que buscar tanto coecer as súas vivencias como artistas como a súa experiencia como directores de “importantes festivais” centrados nesta disciplina.

Conversas arredor da performance (III) ter lugar o vindeiro luns s 19.00 horas na Casa das Camps e insrese nun ciclo de coloquios inaugurado en 2018 coa participacin da Premio Nacional de Artes Plsticas Esther Ferrrer e a Premio Nacional de Artes Visuais Concha Jérez. Tras o parn ao que obrigou a pandemia, esta actividade celebrou o pasado ano a súa segunda edicin, con dúas figuras destacadas da performance en Galicia, Ana Gesto e Félix Fernndez, para continuar agora cunha conversa con “dous artistas indiscutibles para repasar a performance en Espaa”, como apunta o responsable desta iniciativa. Nese senso, Tejo lembra o “protagonismo importante” que tanto Casellas como Correa tian na exposicin colectiva Accin. Una historia provisional de los 90, coa que o Museo de Arte Contempornea de Barcelona (Macba) repasaba a traxectoria desta arte en Espaa. Titulada en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid, Correa é unha artista interdisciplinar iniciou a súa traxectoria na performance na década de 1980 e desde entn ten desenvolvido accins en eventos e institucins culturais de múltiples pases, desde o Museo Reina Sofa de Madrid ao Instituto Cervantes de Berln. Formado na atmosfera da arte conceptual catal da década de 1970, Casellas protagonizou tamén accins e instalacins nunha decena de pases ao longo dos anos. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona, na súa traxectoria destaca tamén o labor que desenvolveu como fotgrafo documentalista especializado na arte de accin.

Da accin xestin da accin

Ademais da súa traxectoria como artistas e das propias achegas de Casellas e Correa “reflexin terica da accin”, unha das facetas nas que Tejo busca pr o foco nesta conversa é na experiencia que ambos acumulan na direccin de festivais de performance. Nese senso, un dos eixos da conversa ser a traxectoria de Casellas como impulsor do festival La Muga Caula, en Girona, e a de Correa como responsable de Accin!MAD, en Madrid, “dous festivais moi importantes, cunha proxeccin internacional”.“Paréceme unha cuestin moi relevante, porque a performance era unha disciplina que prefera a xestin libre, fra das institucins da arte”, salienta Tejo, que pon o foco en que, a diferencia doutras disciplinas, nas que é mis habitual a figura dun “comisariado experto”, na arte de accin era habitual que os propios artistas xestionasen “importantes festivais”. Na actualidade, recoece, “as cousas estn cambiando moito e a performance non s entrou no museo dunha maneira case natural, senn que xa se propoen comisariados por parte de crticos de arte”, mis isto non era o que aconteca, lembra, na década de 1990, “na que eran moito mis frecuentes os comsariados independentes dos propios artistas”.

Deste xeito, o ciclo busca contribur, a través “un relato en primeira persoa, no que non hai filtros, a darlle visibilidade” a esta disciplina artstica, sumndose a iniciativas como o congreso internacional Fugas e Interferencias, que Tejo dirixe xunto coa investigadora Marta Pol e que o pasado mes de setembro desenvolva a súa sétima edicin en Pontevedra e Santiago.