DUVI

Diario da 鶹

O edificio Redeiras acoller o 18 de maio a xornada 'Vigo Noir, cidade ilustrada'

Filoloxa e Traducin render homenaxe a Domingo Villar e ao Vigo mis 'criminal'

Coa participacin de Xaqun Núez, Pedro Feijoo, Mª José Porteiro e Manuel Forcadela

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Charlas e seminarios
  • Cultura
  • Cultura
M. Del Ro DUVI 08/05/2023

Vigo é unha cidade de novela, unha cidade, sobre todo, de novela negra. E éo grazas a obras de escritores como Domingo Villar, Pedro Feijoo, Manuel Forcadela, Ledicia Costas ou Beto Luaces, que a elixiron como escenario criminal e a converteron, nalgún caso, mesmo nun personaxe mis da historia. 

Para debater sobre os motivos e as condicins que se dan e se deron para que figuras literarias coma estas escollesen Vigo como escenario das súas novelas criminais, o vindeiro 18 de maio o edificio Redeiras acoller a xornada Vigo Noir, cidade ilustrada. Nin a data nin o lugar son unha casualidade, xa que coincidir co primeiro cabodano do falecemento de Domingo Villar, e trtase dunha zona moi presente nas andainas do inspector Leo Caldas, polo que o evento servir tamén como homenaxe ao escritor vigués.

A cita ser 19.00 horas e contar coa participacin dos escritores Pedro Feijoo, Mara Xosé Porteiro e Manuel Forcadela, todos eles con novelas ambientas en Vigo, e do profesor da Universidade do Minho Xaqun Núez Sabars, premio Ramn Pieiro de Ensaio 2020 e primeiro autor en estudar a categora Vigo Noir nos estudos literarios. Detrs desta iniciativa estn José Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxa e Traducin; Blanca Miranda Rodas, estudante de doutoramento que est investigando sobre a traducin do Vigo Noir e Iolanda Galanes Santos, profesora da Facultade de Filoloxa e Traducin.

Transitar polas rúas do Vigo criminal

Iolanda Galanes destaca que o Vigo criminal pdese visitar a través da obra literaria de Feijoo, Porteiro ou Forcadela, “pero tamén na de Álex Alonso (premio Torrente Ballester 2019), Francisco Castro, Laura Caveiro, Ledicia Costas, Rodrigo Cota, Manuel Esteban (premio Xerais 2016), Elena Gallego Abad, Beto Luaces, Cndido Paniagua ou do multipremiado Domingo Villar, entre outros e outras”. De feito, “transitar polas rúas de Vigo, na ollada de Maria e Simn de Os Fillos do Lume, na de Toni Barreiro de Sangue sobre a neve ou pola Zona vella de Cobardes son a oportunidade de descubrir unha nova cidade. O seu potencial transmedial fxose patente na difusin interior e exterior do Vigo de Leo Caldas” e este acto servir para “honrar a memoria da cidade e de quen a converte da a da coa súa escrita nun lugar literario, afincado xa no imaxinario do público lector”.

Conversas coa nosa xente

O evento, aberto ao público, est organizado pola Facultade de Filoloxa e Traducin e conta coa colaboracin das vicerreitoras de Estudantado e Empregabilidade e de Extensin Universitaria da 鶹 e forma parte do ciclo Conversas coa nosa xente. E é que como destaca a profesora Iolanda Galanes, “esta facultade leva anos conectando o seu traballo cotin coa sociedade a través da cultura. Unha boa mostra son as Conversas coa nosa xente, nas que se enmarca este acto, en secuencia leccin maxistral de Ledicia Costas na graduacin de xuo de 2022, ao Vigo, unha cidade de novela de setembro de 2022 ou Conversa con Cndido Paniagua, egresado da FFT, do pasado mes de febreiro”.