DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas promovidas pola Asociacin Galega de Produtoras Independentes

A Facultade de Comunicacin percorre 30 anos de audiovisual galego

Coa participacin de cineastas e outros profesionais do sector

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI Pontevedra 25/04/2024

Dos inicios do cinema galego progresiva profesionalizacin do sector, pasando polo novos modelos de producin e pola situacin das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histrico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicacin a Asociacin Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario. Coa participacin, entre outros, do director Alfonso Zarauza e do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro P. Becerra, estas xornadas formativas permitiron ao alumnado de Comunicacin Audiovisual afondar nos inicios da producin independente na comunidade, para logo debater sobre os grandes fitos acadados polo cinema galego e a importancia da internacionalizacin e, finalmente, pr o foco no “gran momento creativo que atravesa o sector, no que as mulleres teen unha importancia capital”, como sinalaron desde esta asociacin.

“Facer cinema en Galicia era un soo”

Baixo o ttulo de 30 anos de Agapi. 30 anos de producin independente galega, a xornada arrancou co relatorio Como chegamos aqu. Os inicios do audiovisual galego, de Alfonso Zarauza, quen abordou a súa propia traxectoria como cineasta, “moi ligada”, lembrou, a da propia Agapi. Recoecido ao longo da súa carreira profesional con varios premios Mestre Mateo, como os nove acadados en 2021 pola longametraxe Ons, Zarauza realizou a súa primeira curtametraxe en 1994, o ano de creacin da asociacin, nun momento no que “facer cinema en Galicia era como un soo”. Nese senso, lembrou que en 1989 realizronse as tres primeiras longametraxes galegas, Urxa, Continental e Sempre Xonxa, pero “eran longametraxes feitas enteiramente con equipo técnico trado de fra”, posto que “non haba xente preparada para facer cine en Galicia”. Foi a partir de 1994, explicou, cando comezaron a establecerse as “bases” do futuro sector, coa nacemento das primeiras asociacins, dos centros formativos ou coa realizacin, en 1996, da primeira serie de televisin producida en Galicia. 

Nese senso, Zarauza sinalou “dous grandes perodos” na evolucin do audiovisual galego, un primeiro que abrangue desde aqueles primeiros anos ata a crise de 2008 e un segundo que vai desde comezos do século XXI ata a actualidade. A primeira etapa, sinalou, caracterizouse por proxectos “producidos minoritariamente por produtoras galegas” e por un “tipo de cine que quedou borrado doa crise”. Pola contra, “a partir de 2005, co bipartito, cambian as tornas e xéranse unhas novas dinmicas que enxendran o que temos agora”, sostivo o cineasta, que cualificou esta segunda etapa como “moito mis frutfera”, na que “hai moito tipo de producins e na que madurou realmente o sector audiovisual galego”.

Da profesionalizacin do sector ao momento presente

Promovidas co apoio da Deputacin da Corua, estas xornadas formativas, que Agapi desenvolve nas tres universidades galegas, continuaron cunha mesa de debate sobre o proceso de profesionalizacin do sector, na que intervieron o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro P. Becerra, e Vctor Sierra, da Asociacin Galega de Guionistas. Baixo o ttulo de Mulleres directoras: voces necesarias, o terceiro faladoiro contou coa participacin da cineasta e profesora da Facultade de Belas Artes Xisela Franco e da directora Anxos Fazns, egresada da Facultade de Comunicacin. Finalmente, a xornada pechouse ollando cara o futuro e afondando nas “novas produtoras e modelos de producin”, nun coloquio con Álvaro Liste, de Serea Films, e Alberto Daz, de Mordisco Films.