DUVI

Diario da Âé¶ččû¶ł

‘No chan’ poder visitarse ata o 2 de maio en Vigo

Unha exposicin descubre o lado artstico dos elementos xeomĂ©tricos das beirarrĂșas

Ignacio Pérez-Jofre inaugura ma venres unha mostra individual na Fundacin Laxeiro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • PĂșblico externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 18/02/2021

Percorrer o espazo urbano buscando composicins, estruturas xeomĂ©tricas, pequenos recunchos pictricos que pasan inadvertidos para o resto de viandantes. Con este obxectivo xurdiron as obras que compoen No chan, exposicin individual que Ignacio PĂ©rez-Jofre, profesor do Departamento de Pintura da Âé¶ččû¶ł, inaugura ma venres na Fundacin Laxeiro de Vigo. 

A mostra, que poder visitarse ata o 2 de maio en horario de tarde, conta cunha serie de pinturas de gran formato que documentan lugares determinados da cidade de Vigo mediante o procedemento do frottage, co que Jofre rexistra as tramas dos pavimentos. Incidindo na relevancia do espazo social, os pigmentos empregados para conseguir as manchas pictricas son terras atopadas nos seus paseos, elementos tomados nos propios lugares de creacin. 

“Fascinacin pola cidade” 

As pezas desta exposicin, que retoman procesos pictricos baseados no gravado e na transferencia da imaxe, caracterzanse por ser froito da “fascinacin pola cidade” de Ignacio PĂ©rez-Jofre, as como do percorrido urbano como mĂ©todo, segundo afirman desde a Fundacin Laxeiro. Na traxectoria artstica de Jofre sobresaen series como Á°ùČúŽÇ±ô (2014) ou Vida nocturna (2014), tamĂ©n orixinadas nos seus paseos polas rĂșas viguesas. A diferenza das anteriores, as obras de No chan non consisten en intervencins murais nas paredes de Vigo, senn que son traballos realizados ou recollidos na rĂșa que se expoen finalmente no museo. Iso si, como explica o artista, presĂ©ntanse “como foron realizados, en cru, sen adornos ou resaltes”, pois o contrario “fara perder a sĂșa efectividade”.  

Arredor das sĂșas influencias, o artista menciona as “derivas situacionistas” como referente esencial en toda a sĂșa creacin, anda que neste proxecto estes procedementos “inesperados” non interveen explicitamente. Non se trata dun traballo producido no “deambular guiado pola intuicin ou o desexo”, continĂșa, senn que os solos elixidos son aqueles polos que camia habitualmente, no seu da a da. Neste senso, Jofre sinala como precedente a Dubuffet, “pola mirada atenta dirixida aos solos, superficies non consideradas, en xeral, dignas de contemplacin”, pero tamĂ©n a creativas actuais como Karin Saner, Walead Beshtin o Eltono. 

Ignacio PĂ©rez-Jofre sĂ©ntese interesado, nesta ocasin, por poer o foco “nun elemento pobre, sucio e inadvertido como o chan”. Trtase, segundo as sĂșas palabras, do soporte do percorrido cotin dos transeĂșntes na rĂșa, pero tamĂ©n dun elemento “que reflicte diferentes momentos e estilos urbansticos”. Pensa ademais que nas tramas xeomĂ©tricas dos pavimentos “hai unha metfora implcita”, xa que “teen que ver coa organizacin e o sometemento norma nas nosas sociedades”. 

Mestura de pintura, gravado e arte de accin

Coa intencin de rexistrar os pavimentos vigueses, Jofre traballou coa tĂ©cnica do frottage sobre papeis de 200 x 150 cm. Despois de escoller as baldosas sobre as que situou as follas de papel, o artista fretou a superficie coas solas das botas cargadas de barro, ata que o relevo da beirarrĂșa quedou marcado. Co propsito de acentuar o vnculo entre imaxe e lugar especfico, a terra utilizada por Jofre como pigmento foi recollida en descampados ou xardineiras prximas ao espazo onde realizou as obras.  

O proceso de creacin das pinturas que compoen No chan, definidas polo profesor da Facultade de Belas Artes como “transferencias directas” ou pegadas afastadas da mmese, ten tamĂ©n algo de performance, xa que implica o corpo, a pisada, o propio acto de camiar e o efecto de quen “camia por un camio cheo de lama e quere limpar as sĂșas solas”. De feito, o docente sinala que nesta serie “entra en xogo o tctil, non s o visual: a matriz, que Ă© o pavimento, tradĂșcese superficie do papel por presin, incidindo sobre ela polo seu relevo”. 

Poer a mirada na terra

Jofre sublia tamĂ©n o contraste que hai nestas pinturas entre as estruturas xeomĂ©tricas das baldosas artificiais, deseadas e construdas polo home, e o barro que as rexistra. “Anda que todo vĂ©n da terra”, asegura, “a obra refrese oposicin entre o humano, a cultura ou a civilizacin, por un lado, e a natureza, o mundo no seu conxunto, por outro”.  

De todo o proceso creativo, o artista sublia este uso da terra como pigmento, material co que pretende “que o espectador dirixa a sĂșa atencin terra, con tdalas implicacins que isto ten”. Afirma que, anda que xa realizou anteriormente varias series nas que empregaba este elemento, “no contexto actual de cambio climtico e alteracin do ecosistema, este tipo de proxectos adquire un significado especial”. 

Reapertura das salas de exposicins

Trala entrada en vigor das novas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia, que permitiron este mĂ©rcores a reapertura de museos e salas expositivas, a Fundacin Laxeiro abrir este venres ao pĂșblico No chan. Anda que non haber acto de inauguracin polas restricins sanitarias, Ignacio PĂ©rez-Jofre e Javier PĂ©rez Bujn, comisario da mostra, recibirn s persoas asistentes, que debern acceder sala en grupos de catro. 

A exposicin pode visitarse na Fundacin ata o vindeiro 2 de maio en horario de 18 a 21 h. Os profesionais do sector artstico podern acceder mostra tamĂ©n polas mas, de 9 a 14 h, pedindo cita no telĂ©fono 986438475 ou no correo fundacion@laxeiro.orgÂ