DUVI

Diario da 鶹

Tras mis dun ano de parn, volveron ao Teatro Vidal Bolao as representacins en directo

Éxito de público nun agardado regreso ao campus da Miteu

A mostra continuar o mércores 28 coa Aula da Universidade de Santiago de Compostela

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 23/04/2021

A Aula de Teatro Universitaria de Lugo, dirixida por Carmen Conde, foi a encargada de levantar o pano este xoves da XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha edicin moiagardada tras mis dun ano sen representacins en directo no Teatro Vidal Bolao da Cidade Universitaria. Gardando as distancias de seguridade e con todas as butacas completas –o mércores xa se esgotaran-, o público puido volver a gozar das representacins en directo coa obra A Emperadora, escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.

A formacin teatral do Campus de Lugo, cuxo renovado elenco de actores est formado este curso por Adrin Valdés, Ángela Oliveira, Julia Lacleta, Luca Parga, Mara Rodrguez, Maria Pena, Martina Godoy e Michael Pereira, transportou ao público vigués vida nunha aldea do rural profundo de Lugo, rutina que se ve alterada pola morte dunha das súas vecias e o seu velorio, ao que se achegan xentes de toda a comarca para darlle a despedida. Lonxe de tratarse dunha persoa especialmente querida, veen atrados polos rumores de como vai vestida e, finalmente, o velorio convértese en toda unha oportunidade de redescubrir nai, a través das anécdotas que van escoitando da defunta as fillas... Unha comedida negra baseada en feitos reais que, a xuzo da súa autora, s podera ter acontecido en Galicia.

Para delimitar as butacas nas que podan sentarse cada unha das 49 persoas que se inscribiron para ver a obra -espazo adaptado normativa covid-, a organizacin marcou as cadeiras con algunhas das caretas ilustradas por Marta Riera, exprofesora da Facultade de Belas Artes, para a campaa Bravas, que arrancou en 2019 con motivo do 11 de febreiro, Da internacional da muller e a nena na Ciencia, co obxectivo de darlles visibilidade a mulleres cientficas, investigadoras e inventoras con traxectorias vitais paradigmticas nas que se observan trazas de inxustiza e discriminacin no mbito da ciencia (o chamado ‘efecto Matilda’), pese importancia e relevancia das súas achegas e descubrimentos.

As representacins continúan o mércores 28 coa aula da USC

Tras o éxito desta primeira representacin, o teatro volver ao campus o vindeiro mércores da 28, nesta ocasin da man da Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela que, dirixida por Roberto Salgueiro, por en escena A casa da Forza 2, 52-88, unha peza centrada nun traballo dramatúrxico das pxinas 52 a 88 do texto de Angélica Liddell La casa de la fuerza (Ediciones La uÑa RoTa, 2011, Segovia).

As persoas interesadas en acudir s representacins deben reservar a butaca enviando un correo electrnico a extensin@uvigo.gal ou a través do teléfono 986.813.626 ata as 13.00 horas do da da funcin. A capacidade do Teatro Vidal Bolao est agora limitada a 49 butacas e, en cada funcin farase unha listaxe das persoas asistentes que se gardar durante un mes por se fose necesario localizar a alguén.