DUVI

Diario da 鶹

Os premios entregaranse coincidindo coa inauguracin da exposicin das propostas recibidas

A EU de Estudos Empresariais xa ten a imaxe e o relato dos seus 100 anos de historia

O xurado elixiu as dúas instantneas gaadoras entre as mis de 60 enviadas

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 22/04/2021

Dentro do programa de actos para conmemorar o seu centenario, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais convocou un concurso fotogrfico que buscaba resumir a historia nunha ollada, unha peza que reflectise a estreita relacin entre a escola a cidade de Vigo. Entre as mis de 60 propostas presentadas ao certame, o xurado deu a coecer este venres as fotos gaadoras: Presencial y virtual de Diego Pérez Casal na categora Unha imaxe e Cinco veintenas de Juan Fernndez Calleja, na modalidade Un relato.

O xurado amosouse moi satisfeito pola elevada participacin e seleccionou un primeiro e un segundo premio as como un accésit en cada categora. O certame, convocado baixo o ttuloHistoria dunha ollada: Vigo e a súa Escola,estivo aberto a toda a cidadana na procura das imaxes que mellor representen o valor da escola, un centro polo que xa pasaron mis de 20.000 estudantes ao longo da súa historia.

Unha imaxe

Na modalidade de fotografa única, o primeiro premio foi para Presencial y virtual de Diego Pérez Casal, unha fotografa en branco e negro que, segundo o xurado, “condensa nunha imaxe o percorrido histrico da escola co presente mis inmediato ao fundir a presenza emblemtica do edificio coa súa representacin nun teléfono mbil en primeiro plano”. No fallo xustifican esta escolla porque “o xogo de superposicin, tamao e enfoque (nidio e mis difuminado) resolve dun xeito metafrico a pegada do pasado co contexto de rabiosa actualidade cando a pandemia nos obrigou a incrementar o uso da tecnoloxa como solucin crise. Este xogo de espellos concorda ademais maxistralmente co lema elixido”.

O segundo premio foi para A luz de Mercurio de Carmen Rodrguez Jorge, tamén en branco e negro. O xurado destaca o “valor conceptual e simblico do deus do Comercio e a forza da imaxe, ademais das súa calidade fotogrfica tanto no enfoque coma no xogo de luz e contraste e a interesante perspectiva”. Finalmente, o accésit nesta categora foi para Autopista hacia el éxito de Martn Torres Besada, “unha imaxe que amosa gran destreza fotogrfica polo uso dos recursos dos angulares e a posproducin. Presenta unha perspectiva vertical da torre da escola cun claro punto de fuga cheo de dinamismo e velocidade tal e como corresponde a unha autoestrada, suxerindo incluso o camio de engalaxe dunha aeronave”.

Un relato

Na modalidade B, denominada Un relato, que buscaba unha serie de fotografas, o primeiro premio foi para Cinco veintenas, de Juan Fernndez Calleja, un mosaico de cinco imaxes da escola e dende a escola. O xurado elixiuna “pola súa destreza fotogrfica ao incorporar distintas perspectivas e xogar coa luz en varios momentos do da ademais de mesturar o edificio e a súa contorna dun xeito dinmico e equilibrado”.

Nesta categora o segundo premio foi para Mans que crean Escola, de Carmen Rodrguez Jorge, “pola forza construtiva da serie e a mirada que vai mis al do literal, do material, e pon o foco no colectivo que traballa acoto e coas súas mans constrúe a escola, polo recoecemento súa tarefa indispensable para a traxectoria de cen anos e pola emotividade do concepto”. Completa a seleccin do xurado a obra de Rebeca Lpez Villar, Detrs das palabras, que obtivo o accésit. Os membros do xurado destacan a súa proposta “dunha lia temporal en branco e negro que parte do textual e numérico nunha primeira imaxe superposta con materiais transparentes na que destacan as datas do centenario e que continúa coa imaxe da escola en dous tempos: primeiro desenfocada e logo mis definida, subliando as un percorrido de consolidacin e madurez”.

Premios e unha exposicin temporal

O primeiro premio consiste nunha achega econmica de 300 € e unha experiencia dunha semana cun fotgrafo profesional, co que os gaadores coecern de primeira man o traballo feito en sesins e edicins fotogrficas. O segundo premio comprende unha cantidade de 150 € e o accésit de 50 €.

Tanto as fotografas gaadoras como o resto das enviadas sern impresas e expostas temporalmente no vestbulo da Escola Universitaria de Estudos Empresariais. A entrega de premios ter lugar coincidindo coa inauguracin da mostra.