DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada organizada polo MXDS e o MAiE

Estudantes de mestrados reflexionan sobre a igualdade na empresa e a responsabilidade social

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Igualdade
  • é
DUVI 10/11/2021

Preto de medio cento de estudantes do Mster en Xestin do Desenvolvemento Sostible, MXDS, e do Mster universitario en administracin integrada de empresas e responsabilidade social corporativa, MAiE, participaron este mércores nunha xornada sobre igualdade, empresa e a responsabilidade social na Axenda 2030. Organizada polas profesoras Pilar Pieiro e Roco Rodrguez Daponte, en colaboracin coa Unidade de Igualdade, a xornada contou coa intervencin de catro especialistas que debateron sobre a responsabilidade social, a creacin de empresas de base tecnolxica dende unha visin de xénero e a igualdade de xénero no tecido empresarial galego.

Na presentacin da xornada, a profesora Rodrguez Daponte referiuse ao seminario Fenda salarial de xénero nas universidades: o caso da 鶹, un encontro en lia celebrado onte martes no que se presentaron os resultados preliminares dun informe sobre os datos salariais do PDI da institucin olvica en 2020. Segundo a docente, os resultados deste estudo demostran “que nunha contorna na que pensamos que existe a igualdade, non hai tanta”. O informe sostén que a fenda salarial de xénero é unha realidade entre o persoal docente e investigador da 鶹. Entre os motivos principais estn a segregacin vertical que provoca a distribucin por categoras e que fai que a medida que aumenta a escala xerrquica diminúe o número de mulleres. Estas causas son comúns a outros moitos sectores, como o empresarial, no que as mulleres seguen a toparse cun teito de cristal. Precisamente, ao longo da xornada, as catro expertas convidadas analizaron estes e outros aspectos relacionados coa desigualdade de xénero na empresa.

A divisin sexual do traballo

Ana Rodrguez Vzquez foi a encargada de abrir a xornada, reflexionando sobre o papel da muller na sociedade, nos medios de comunicacin e no mercado de traballo. Sobre este último aspecto, referiuse divisin sexual do traballo, que a da de hoxe se segue a perpetuar e que se basea na “atribucin de habilidades, competencias, valores ou responsabilidades a unha persoa en funcin das súas caractersticas biolxicas asociadas a un ou outro sexo”. Isto tradúcese, explicou, nunha “divisin das tarefas fundamentais para a organizacin social, segundo o que lle corresponde a alguén por ser home ou muller”.

Esta divisin quedou patente especialmente durante a pandemia da covid-19, que deixou ben visible a fenda laboral de xénero. Entre outros aspectos, Rodrguez Vzquez referiuse sobrecarga de traballo sanitario, un sector no que as mulleres representan o 70% do persoal en todo o mundo. O peso tamén caeu sobre sectores esenciais moi feminizados, como o comercio de alimentacin, as residencias ou a limpeza hospitalaria. Outro dos aspectos que se evidenciaron nesta crise foi a centralizacin das tarefas de coidados nas mulleres, que durante o confinamento tiveron que compatibilizar o teletraballo coas tarefas domésticas e a atencin dos menores. Ademais, recalcou a experta, as mulleres sofren maior precariedade e pobreza laboral, “o que as sitúa en peor lugar para afrontar a crise posterior pandemia” e lembrou o incremento de casos de violencia de xénero neste perodo, “algo derivado da situacin de confinamento”.

A fenda de xénero do mercado laboral

Respecto do mercado laboral, Rodrguez Vzquez referiuse tanto fenda laboral, con maiores ndices de paro entre as mulleres, como salarial. Respecto desta última, lembrou que segundo a Enquisa Anual de Estrutura Salarial do INE de 2018, o salario a tempo completo da muller respecto ao do home representa o 89% e a tempo parcial o 85%, mentres que no salario medio bruto é un 78%. “Isto demostra que a fenda salarial de xénero en Espaa segue a existir” e, de feito, segundo os datos dos técnicos do Ministerio de Facenda, a diferencia da retribucin anual entre homes e mulleres é 4915€. Atendendo a estas cifras, as mulleres deberan cobrar un 28,6% mis para igualar no soldo aos homes e non sera ata pasados 105 anos cando se puidese pechar esa fenda de xénero, como explicaba a experta.

Con todo, Rodrguez Vzquez tamén sinalou varios aspectos que permiten constatar avances respecto da presenza da muller no tecido empresarial. As, 14 das 35 empresas do IBEX seguen a incumprir a cota de xénero nos seus consellos de direccin, pero son cinco menos das que o facan o ano pasado, polo que as mulleres representan xa o 30% dos rganos de direccin das sociedades espaolas cotizadas. Outro dato para a esperanza ao que se refera a experta é o feito de que a igualdade de xénero comeza a verse como algo rendible para empresas e inversores e, de feito, algunhas xestoras comezan a apostar por fondos que defenden a presenza da muller nas empresas, xa que ademais de rendible, esta estratexia é socialmente responsable.

A xornada completouse coa intervencin de Eva Lpez Barrio, responsable do Programa Woman Emprende da USC sobre a creacin de empresas de base tecnolxica desde unha visin de xénero e a de Natalia Vaz Ogando e Sonia M. Rodrguez Parada, que debateron sobre a igualdade de xénero na empresa galega.