DUVI

Diario da 鶹

No que participan preto de 70 escolares de dez centros de ensino de Galicia

Estudantes do Grao en Educacin Primaria achegan actividades centradas no deporte e a paz ao Encontro de Escolas Unesco

Esta tarde levan a cabo unha serie de xogos en Ciencias da Educacin e do Deporte

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 17/02/2022

A Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte forma parte, desde o ano 2016, da Rede de Escolas Asociadas Unesco, integrada por preto de 17.000 centros educativos de todo o mundo. Preto de 70 alumnos e alumnas de dez dos centros galegos que forman parte desta rede participan hoxe xoves e ma venres no IX Encontro de Alumnado de Escolas Asociadas Unesco de Galicia, que se desenvolve no Pazo da Cultura. Baixo o lema de Cultura e paz, este encontro engloba unha serie de actividades, como as coordinadas por nove estudantes do Grao en Educacin Primaria, que esta ma levaron a cabo unha iniciativa dirixida a promover unha reflexin respecto dos valores asociados ao deporte, idea de paz e as desigualdades entre homes e mulleres, mentres que esta tarde coordinan na facultade unha serie de xogos para as e os participantes.

Como explica a coordinadora galega desta rede, Susana Enguidanos, o obxectivo deste encontro era pr de relevo valores asociados ao deporte como “participacin, equipo, igualdade, saúde, compromiso, disciplina, reto, esforzo, superacin e paz”. Nese obxectivo, a organizacin contou coa implicacin da Delegacin de Estudantes da facultade, que coordina a participacin de oito alumnas e un alumno neste encontro. Inaugurado esta ma polo tenente de alcalde e concelleiro de Educacin e Deportes, Tino Fernndez, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, catro destas estudantes, Carmen Macieiras, Elena de Santiago, Iria Paz e Erea Soto, levaron a cabo no Pazo unha primeira actividade que, explican, formularon como “un xogo que incluse a todos os nenos e nenas”. Nesta actividade, as alumnas foron trasladndolles unha serie de preguntas dirixidas a que “reflexionasen sobre o deporte e sobre o que eles consideraban que é a paz”, pondo o foco en concreto “no tema da igualdade e nas diferencias que hai entre homes e mulleres, tanto no deporte como noutros mbitos”, como apunta Macieiras. “Notbase que eran alumnos de escolas Unesco, porque todos tian un pensamento moi aberto”, recoecan ao remate dunha actividade “moi dinmica”, que lles permitiu “interactuar cos nenos e nenas e coller un pouco de experiencia” de cara o seu futuro profesional como docentes.

Esta actividade vese continuada esta tarde por unha serie de xogos que este grupo de alumnas leva a cabo no pavilln da facultade; unha actividade dividida nunha serie de “estacins” nas que as e os escolares levan a cabo accins de diferente tipo, desde actividades relacionadas coa psicomotricidade ata unha coreografa que toma como base a cancin Terra das Tanxugueiras. Por último, como explica Enguidanos, este grupo de alumnas participar ma venres na actividade de peche deste encontro, na que “reuniranse cos grupos de cada colexio para facer unha anlise das propostas levadas a cabo, das cousas que lles gustaron e das que podemos mellorar”. Cun menor número de escolares participantes por cada centro por mor da covid-19, neste noveno encontro das Escolas Unesco participaron os colexios pontevedreses de Salcedo e Manuel Vidal Portela, as como o instituto Lus Seoane, xunto co CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo; o CPR Eduardo Pondal de Cangas; o IES Pazo da Mercé de As Neves, o CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia e os conservatorios profesionais de Pontevedra e Redondela.