DUVI

Diario da 鶹

Na primeira participacin neste campionato deste alumno de Ciencias da Educacin e do Deporte

O estudante Mateo Rodrguez logra un histrico sétimo posto no mundial júnior de orientacin

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 03/07/2024

Estudante da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, Mateo Rodrguez afronta ao longo desta semana a súa primeira participacin no Campionato do Mundo Júnior de Orientacin a Pé, no que acadaba nas últimas horas o sétimo posto na proba de modalidade sprint, na que participaron 173 atletas de 38 pases. Rodrguez rematou a proba, que se disputa nun circuto urbano, a 24 segundos do gaador, o suzo Matthieu Buehrer, e a s tres segundos de obter un diploma, logrando o terceiro mellor resultado acadado ata a data por un deportista espaol de categora masculina, s superado polos acadadas por Andreu Blanes e Pablo Ferrando en 2011 e 2022, respectivamente. De a que a Federacin Galega de Orientacin destacase que este alumno do Grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte fixo “historia tanto para orientacin galega como para a orientacin nacional” co seu resultado nesta proba. 

No seu primeiro curso como estudante da 鶹, Rodrguez foi unha das tres persoas seleccionadas na convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparacin de competicins internacionais oficiais impulsada pola Universidade e afrontaba a tempada co principal reto de lograr a súa clasificacin para o mundial que nestes das se est a disputar na República Checa. Alén de que a propia participacin nesta competicin, explicaba, supua xa un “fito importante na mia carreira deportiva”, Rodrguez acuda ao mundial coas expectativas postas principalmente nesta distancia sprint, na que rematara décimo no europeo de Hungra de 2022. Tras este resultado, o deportista do club Aromon participar tamén nestes das nas competicins de longa e media distancia do mundial dunha modalidade deportiva na que as e os participantes deben completar un percorrido cronometrado seguindo unha serie de puntos, chamados balizas ou controis, axudados por un mapa ou comps.