DUVI

Diario da 鶹

Nun libro editado pola ANL e o Servizo de Publicacins da 鶹 dentro da coleccin Miscelnea

Unha escolma de artigos para descubrir e homenaxear a obra xornalstica de Méndez Ferrn

‘No Fondo dos Espellos’ rexistra 261 textos breves aparecidos entre 2015 e 2020 en Faro de Vigo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
Rebeca Lpez Villar DUVI 22/04/2021

Autor de obras poéticas e narrativas amplamente coecidas, como Con plvora e magnolias, Percival e outras historias ou O crepúsculo e as formigas, Xosé Lus Méndez Ferrn conta ademais cunha ampla producin de textos xornalsticos, gran parte publicados desde hai 40 anos en Faro de Vigo.

Co fin de poer en valor esta parte da súa creacin, a Área de Normalizacin Lingüstica, ANL, e o Servizo de Publicacins da 鶹 acaban de sacar luz No Fondo dos Espellos, unha compilacin dos artigos publicados nos últimos seis anos por Méndez Ferrn no diario decano. Abranguendo temticas variadas, No Fondo dos Espellos recolle 261 textos aparecidos cada sbado na seccin homnima do xornal vigués, entre o 3 de xaneiro de 2015 e o 27 de xuo de 2020, data na que desapareceu este espazo no peridico.

Méndez Ferrn: “Escribir nos xornais é sempre unha especie de vicio”

Presidente da Real Academia Galega ata o ano 2013 e director da revista de pensamento crtico A Trabe de Ouro, Ferrn é “un dos escritores mis relevantes e necesarios da Galicia contempornea”, segundo as palabras de Fernando Ramallo, director da ANL e profesor do Departamento de Traducin e Lingüstica. Sobre o fo condutor deste proxecto, o docente destaca que todos os elementos da cultura galega estn presentes nos textos dun autor “con fortes nexos coa 鶹”, da que é doutor Honoris Causa.

Na nota previa de No Fondo dos Espellos, o propio Méndez Ferrn explica que a orixe do seu labor xornalstico est nunha viaxe a Lisboa que fixo aos quince ou dezaséis anos. Ao volver desta cidade portuguesa, publicouse en Faro de Vigo unha reflexin titulada “Impresiones de una excursin”. Reparando nese primeiro escrito, o autor considera que as preocupacins daqueles textos xuvens estn anda presentes na actualidade e cre que “escribir nos xornais é sempre unha especie de vicio que me dominou a partir daquela excursin e artigo conseguinte”.

Ollando as pxinas desta nova publicacin, as lectoras e lectores poden percatarse da grande extensin da obra xornalstica de Méndez Ferrn, as como da variedade temtica que a caracteriza. Os artigos contidos na proposta da ANL e o Servizo de Publicacins abranguen, como se resalta na nota previa do libro, a historia, as ciencias naturais e a literatura, pero tamén a poltica, a zooloxa, a gastronoma, a lingüstica e outros moitos asuntos.

Oportunidade para acceder a textos efémeros

Fernando Ramallo destaca a importancia dunha antoloxa que describe como un xeito de homenaxear a Méndez Ferrn e reparar “o fascinante carcter efémero do traballo periodstico”. Neste senso, o director da ANL expn que o libro, deseado con obxectivos divulgativos, est pensado tanto para as persoas que puideron desfrutar dos artigos de Ferrn durante os últimos seis anos como para aquelas que, pola inmediatez do xénero discursivo do que se trata, non tiveron esa posibilidade.

Os lectores e lectoras poden atopar case 300 reflexins cunha heteroxeneidade conceptual que fai do libro “unha achega de primeira orde para entender moito do que significa reflexionar sobre Galicia, e, asemade, sobre o mundo”, segundo Ramallo. Asegura o director da ANL que o volume permite comprender “a coherencia intelectual do autor arredor da multiplicidade de temticas tratadas nos textos que semana a semana foron aparecendo en Faro de Vigo”.

Repasando as achegas desta compilacin, comenta Ramallo que a brevidade dos textos posibilita “a apertura a novas indagacins que cada persoa pode levar a cabo pola súa conta”. Para as receptoras e receptores interesados no terreo lingüstico, a publicacin “pon de manifesto un extraordinario dominio do léxico galego”, polo que se converte nun documento valioso para o estudo académico do escritor.

A finais de ano, outro volume con artigos nacidos entre 2007 e 2014

, No Fondo dos Espellos forma parte da coleccin Miscelnea. Serie de textos miscelneos do Servizo de Publicacins da Universidade. Os editores esperan publicar unha segunda parte deste volume a finais deste ano, recollendo os textos publicados por Méndez Ferrn entre 2007 e 2014.

Xunto a este florilexio, na seccin Miscelnea publicronse recentemente os ttulos Lenguaje y multilingüismo en los mitos del mundo. Dimensiones lingüsticas en el relato folclrico y religioso (2021), de Daniel Pinto, Arquitectura de Ordenadores. Ejercicios prcticos de ARM/Thumb (2020), da man de varios profesores do Departamento de Enxeara Telemtica, e A transformacin feminina da realidade. Unha cuestin de (des)memoria (2020), de Xulio Pardo de Neyra.