DUVI

Diario da 鶹

Foi o mellor dos 31 equipos participantes no torneo disputado en Padrn

A Escola Xadrez Pontevedra-鶹 lzase coa Copa Galicia

Tras sumar seis vitorias e un empate

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 31/05/2023

Seis vitorias, un empate e un total de 13 puntos converteron ao primeiro equipo da Escola Xadrez Pontevedra-鶹 no gaador da Copa Galicia 2023, un torneo que reuniu en Padrn 31 equipos das catro provincias. Tras rematar terceiro na Divisin de Honra da liga autonmica, o Xadrez Estratexia pola Paz competa nesta fin de semana, ao igual que o EXP-Ramn Escudeiro Tilve, nun torneo no que os diferentes equipos participantes protagonizan sete enfrontamentos ao longo da xornada.

Alberto Portela, Rubén Fernndez, Juan Manuel Martnez e David Garca Sobrino representaron ao equipo universitario nunha competicin que abriron cunha vitoria por 4-0 fronte ao Crculo Chantadino B. A continuacin derrotaron ao CD Marquio (3-1), para logo superar tamén Escola Luguesa de Xadrez (3,5-0,5)e ao Padrn (4-0). Tras catro vitorias, na quinta rolda desta competicin chegou o único empate dos pontevedreses, o 2-2 co que se pechou o seu enfrontamento co Xadrez Ourense A, que rematara segundo na tboa clasificatoria, a un punto da EXP-鶹, que completaba o torneo con dúas novas vitorias, fronte ao CFX de Vilagarca (2,5-1,5) e o Xadrez Mos A (3,5-0,5).

Como un “éxito do xadrez de base da escola pontevedresa” definen no club universitario o papel realizado polos seus xadrecistas nesta Copa Galicia, na que Rubén Fernndez logrou seis vitorias e unhas tboas, acadando as 6,5 puntos de sete posibles, mentes que David Garca acadou seis, sumando cinco tanto Alberto Portela como David Garca Sobrino.

Por outra banda, o segundo equipo do club competiu neste torneo con Miguel Palacios, Rodrigo Gonzlez, Luis Joaqun Alonso e David Fernndez. Cun balance de catro vitorias e tres derrotas, o Ramn Escudeiro Tilve pechou a Copa Galicia en décimo quinta posicin.