DUVI

Diario da 鶹

O campus de Pontevedra acolleu a primeira das xornadas de benvida para o novo alumnado

O curso 2022-2023 bota a andar na 鶹 con dous novos graos e prximo “presencialidade absoluta”

A falta dos últimos prazos de matrcula, roza o 100% de ocupacin nas prazas de novo ingreso

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Reitor
  • é
DUVI Pontevedra 05/09/2022

Co obxectivo de recuperar a mxima normalidade tras dous cursos marcados pola pandemia, a 鶹 deu este luns a benvida ao curso 2022-2023, marcado na institucin académica pola estrea de dous novos graos de carcter interuniversitario, Intelixencia Artificial e Relacins Internacionais, ambos no campus de Ourense. Alén das presentacins que as diferentes facultades e escolas promoven nestes das para o seu alumnado de novo ingreso, Pontevedra acolleu este luns a primeira das tres xornadas de benvida que a institucin académica organiza nos tres campus e que teen como obxectivo achegar ao estudantado que inicia a súa etapa universitaria informacin sobre os diferentes servizos que a 鶹 pon ao seu dispor.

“O curso arranca moi ben, con moita mis tranquilidade que nos anteriores”, salientou o reitor, Manuel Reigosa, tras a sinatura dun convenio de colaboracin co Concello de Vigo. O reitor lembrou que a que Universidade superou “moi ben” uns cursos marcados pola pandemia, mais tamén que a covid-19 “obrigou a tomar moitsimas medidas. Nesta ocasin ser un curso moito mis normal e mis achegado presencialidade absoluta”, engadiu Reigosa, que lembrou que “o ano pasado xa tivemos cifras de presencialidade elevadsimas”, de tal xeito que o propsito e que este sexa un curso "moito mis agradable, tanto para o alumnado como para o profesorado”.

Nesa mesma lia pronuncibase tamén, no marco da Xornada de benvida desenvolvida en Pontevedra, a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, que destacaba o positivo de comezar o curso “con total normalidade”. Nese senso, co obxectivo de “informar aos centros das recomendacins que se poidan facer”, como apunta a vicerreitora, convocouse para este mércores un Consello de Goberno extraordinario dirixido a abordar as medidas preventivas ante a covid-19 para este curso.

Dous graos, catro mestrados e boas cifras de matriculacin

En resposta s preguntas dos medios, Reigosa amosouse “moi satisfeito” dos “bos” datos que a Universidade est rexistrar en materia de matriculacin, espera do peche dos diferentes prazos. “Sabemos que durante a pandemia houbo un repuntamento extraordinario por toda a xente que quedou en Galicia, pero neste caso os datos, se ben anda non estn completos porque anda queda un chamamento por pechar, amosan unha situacin moi positiva nos tres campus”, destacou o reitor, que sinalou que a 鶹 atpase xa “preto do 100% de ocupacin” nas súas prazas de novo ingreso. “Isto quere dicir que a 鶹 segue a ser atractiva para o alumnado, un dos nosos mximos obxectivos”, concluu.

A principal novidade na oferta académica da Universidade é a posta en marcha de dous novos graos, ambos de carcter interuniversitario e ambos con sede en Ourense. Trtase do Grao en Intelixencia Artificial, que se imparte na Escola Superior de Enxeara Informtica e para o que se ofertaron 50 prazas, e o Grao en Relacins Internacionais, con 22 prazas en Ourense e adscrito nova Facultade de Relacins Internacionais. "Estamos encantados coa implantacin destas novas titulacins", salienta a vicerreitora do campus de Ourense, Elena Rivo, que sinala que se ben a oferta académica do campus ourensn xa "era ampla", agora "vese fortalecida" por dúas "titulacins punteiras que estn en consonancia coas lias de futuro que lle interesan s empresas e contorna socioeconmica en xeral". Intelixencia Artificial, ademais, "apuntala a candidatura de Ourense para acoller a Axencia Estatal de Intelixencia Artificial", engadiu Rivo, que quixo tamén "agradecer o esforzo feito polos centros, o persoal docentee investigador e o persoal de administracin e servizos na posta en marcha destas novas titulacins".

Respecto da acollida dos novos graos, o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacins, Alfonso Lago, destaca que, “tendo en conta que ata última hora” non puido confirmarse a súa implantacin no presente curso, “os números son moi bos”. Non en van, Relacins Internacionais pechou a súa matriculacin no primeiro prazo aberto pola CIUG cunha nota de corte de 10,02 e ten unha taxa de ocupacin de preto do 132%, mentres que esta é do 106% en Intelixencia Artificial,que cubriu a súas prazas no terceiro prazo de matrcula, cunha nota de corte de 8.85.

A estes graos, súmase a posta en marcha de catro novos mestrados. Concretamente, a 鶹 estrea dous ttulos en exclusiva, o Mster en Enxeara Biomédica, adscrito Escola de Enxeara Industrial, e o Mster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, ambos con 20 prazas. A estes súmanse os mestrados interuniversitarios en Intelixencia Artificial, para o que as tres universidades galegas ofertan 60 prazas, e en Desafos das Cidades, que 鶹, USC e UDC poen en marcha xunto coas universidades portuguesas de Trs-os-Montes e Alto Douro, Minho e Porto.

Por outra banda, o curso 2022-2023 vén tamén marcado pola posta en marcha de tres novas facultades, a de Relacins Internacionais en Ourense e as de Direccin e Xestin Pública e Deseo en Pontevedra. “No mes de agosto sau publicada no DOG a creacin das tres facultades que xa arrancan este curso”, apunta Lago, que explica que “todas as titulacins asociadas a estes centros modificarn as súas memorias para mudar o centro de imparticin a estas novas facultades”. No caso do centro do campus ourensn, nel imprtese o novo Grao en Relacins Internacionais, mentres que a Direccin e Xestin Pública adscrbense o Grao en Direccin e Xestin Pública e o Mster en Direccin Pública e Liderado Institucional. Á Facultade de Deseo, pola súa banda, prevé iniciar o vindeiro curso o novo Grao en Deseo e a el adscribirase tamén o Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda, que actualmente se imparte en Belas Artes.

Informacin e convivencia para iniciar a etapa universitaria

Despois de que a pandemia impedise levalas a cabo nos últimos dous anos, a Universidade recuperou neste curso as Xornadas de benvida, dirixidas a ofrecer ao alumnado informacin dos seus diferentes servizos, nun encontro que se completa con música, xogos, refrescos e agasallos. “Cada centro fai o seu acto de benvida, onde lles informan de cuestins propias dos seus ttulos e facultades, e aqu o que queramos era que coecesen o resto de servizos que ofrece Universidade”, explicou Caparrini na primeira destas xornadas, que tivo lugar en Pontevedra. “O outro obxectivo é que todos se reúnan nun mesmo espazo e que interactúen entre eles”, engadiu a vicerreitora dunha actividade dirixida a “dinamizar os campus” e achegar o novo alumnado “dinmica da Universidade”.

“Afrontamos o curso con moita ilusin e con ganas de que sexa en maior medida un curso mis parecido aos de antes da pandemia”, engada a vicerreitora do campus pontevedrés, Eva Lantarn, que participou tamén na xornada de benvida dun curso que no caso de Pontevedra ten como principal novidade a posta en marcha, lembrou, do novo Mster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.

As e os numerosos estudantes que, pese a chuvia, se achegaron polo acceso Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte puideron obter informacin sobre bolsas e axudas, aloxamento, mobilidade, emprego, cultura, voluntariado ou atencin diversidade, ademais de coecer de primeira man o que lles ofrecen servizos como a Área de Benestar, Saúde e Deporte, a Unidade de Igualdade, a Área de Normalizacin Lingüstica ou a Oficina de Relacins Internacionais, as como coecer o labor de colectivos como 鶹 Space Lab ou a asociacin de alumnado sénior Asaexs.“Permtenos situarnos mellor”, salientaban desta actividade Andrea Jiménez, Erika Iglesias, Naia Martnez e Rosala Fontenla, que vivan o seu primeiro da como alumnas do Grao en Publicidade e Relacins Públicas, que afrontaban “cun pouco de medo”, recoecen, “a ver que nos atopamos e coa incerteza de saber se realmente nos gustar a carreira”. Novos alumnos do Grao en Educacin Primaria, ata estas Xornadas de benvida achegronse tamén Andrea Seorns e Sergio Espern, que destacan como “moi positiva” unha iniciativa que lles permite coecer mellor o campus antes de asistir presentacin da súa titulacin e que se completou coa música da Aula Permanente de Música Tradicional do campus e de La Duendeneta.

As xornadas de benvida continúan ma martes, no campus de Ourense, na praza do Monumento Ns, e complétase o mércores na praza Miralles do campus vigués, desenvolvéndose en ambos casos entre as 10.00 e as 14.00 horas.

A matriculacin continúa

Mis al deste arranque oficial do curso, tanto as titulacins de grao como de posgrao teen anda por diante prazos de matrcula. No referido aos graos, ata ma martes permanece aberto o perodo de matrcula do sexto chamamento realizado pola CIUG para o alumnado de novo ingreso nas tres universidades galegas, tras o que a 鶹 publicar unha convocatoria extraordinaria para as titulacins con vacantes. Por outra banda, a matricula de continuacin de estudos permanece aberta ata o 12 de setembro.

No caso dos mestrados, tras a preinscricin aberta en agosto, do 16 ao 19 de setembro ter lugar o segundo perodo de matrcula para as titulacins con prazas vacantes, que ser o primeiro no caso dos de modalidade alternativa. No caso de existir vacantes, a este sumarase, como lembra o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacins, “un terceiro prazo por solicitude expresa da comisin académica do mster”, xunto coas “posibles matrculas condicionadas, que se poen en marcha por primeira vez neste curso académico, de acordo co procedemento aprobado o 28 de xullo no Consello de Goberno”, que permite acceder aos msters sen ter rematado o grao, sempre que se cumpran un conxunto de condicins. Para a continuacin de estudos de mster, o prazo de matrcula permanece aberto ata o 16 de setembro.

No referido ao doutoramento, ata o 9 de setembro permanece aberto o perodo de preinscricin, debendo formalizarse a matrcula entre o 1 e o 7 de outubro. A este prazo sumarselle un segundo en febreiro, mentres que o alumnado que continúa estudos pode realizar a renovacin de matrcula ata o 10 de outubro.