DUVI

Diario da 鶹

Na exposicin ‘Cando falo de corpo’, que poder visitarse ata o 24 de abril

Corpo e dispora conectan s creacins de 17 artistas na Sala Manuel Moldes

Comisariada pola egresada de Belas Artes Cora Novoa

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 05/03/2026

A nocin de corporalidade e a idea de dispora son os dous fos condutores da exposicin que deste este xoves reúne na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes as creacins de 17 artistas, a meirande parte formados na Facultade de Belas Artes. Coa tamén egresada deste centro Cora Novoa como comisaria, esta mostra conecta, sinala, un conxunto de “prcticas diversas que chegan a través de imaxes, obxectos, textos, rexistros, pantallas, xestos e procesos” e que comparten “unha atencin común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relacin”. Baixo o ttulo de Cando falo de corpo, a exposicin promovida co apoio da Deputacin de Pontevedra propn tamén un achegamento ao traballo dun conxunto de artistas naturais ou formados en Galicia.

O vicepresidente da Deputacin, Rafael Domnguez; o director da Área Adxunta Vicerreitora, Luis Torres, e o vicedecano de Belas Artes e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre, participan na tarde deste xoves na inauguracin dunha exposicin que poder visitarse ata o 24 de abril. Como destaca Pérez-Jofre, trtase dun proxecto que responde “a unha das lias de traballo da sala, que é a de contar con comisarias e artistas novas e novos, vinculados facultade”. De feito, tanto Novoa como boa parte das e dos artistas de diferentes xeracins participantes formronse neste centro e contan na actualidade “cunha traxectoria moi interesante, recoecida con premios, residencias ou bolsas”, sublia Pérez-Jofre. Ao mesmo tempo, o coordinador da sala de exposicins do campus sublia o interese dun proxecto que afonda tamén “na idea do desprazamento, xa que moitos destes artistas, por diferentes circunstancias, atpanse fra de Galicia”.

Construndo un corpo colectivo

Cando folo de corpo reúne as creacins de Lois Cid, Taro, Raquel Álvarez, Noa Castro, Lara Castro, Ana Gesto, Marina Gonzlez Guerreiro, Andrea Davila, Pablo Agma, Uxa Gonzlez, Alba Matilla, Álvaro Chior, Carlos Fer, Eva Antelo, Ángel Arias, Adrin G. Salgueiro e Mourae. Novoa, pola súa banda, abordou o labor curatorial como “unha extensin do traballo artstico”, de tal xeito que a exposicin congrega 18 achegas idea da corporalidade. “Cada obra é como unha parte dun corpo. Nalgunhas é s un xesto, noutras un obxecto, unha imaxe, un discurso...”, sinala a comisaria dunha mostra na que a idea de corpo “atravesa todas as pezas”. Faino, sublia, “non como tema abstracto, senn coma condicin”, como o punto desde o que “se percibe e percorre, lembra, comunica e crea”. 

Trtase nese senso dunha temtica que nalgúns casos reflctese na obra final, mentres que noutras “o corpo non se fai explcito”, pero é parte do proceso artstico. As, na mostra poden verse desde pezas en vdeo resultado de performances ou traballos fotogrficos, ata instalacins, pezas sonoras, debuxo ou obras como a de Uxa Gonzlez, que empregou a taxidermia para inclur na súa pezas os corpos dunhas xoanias que atopou mortas.

Esta exposicin forma parte dun proxecto expositivo e de investigacin de Novoa e viuse precedida pola mostra A que me refiro cando falo de corpo, que esta artista visual, performer e investigadora presentaba o pasado ano na Galera Sarao de Ferrol. “Entendo a mia forma de traballar como a dunha creadora de situacins, de experiencias”, sinala a comisaria deste proxecto, que actualmente cursa estudos de doutoramento na Universitat Politécnica de Valencia. De feito, o seu propsito con este proxecto é articular un dilogo entre as diferentes pezas, contribundo a “xerar como unha especie de corpo colectivo” a través da relacins que se establecen entre as obras “nun espazo e nun tempo concreto”.

Ao mesmo tempo, a idea de que o corpo “abrangue a experiencia e a vivencia no mundo”, conéctase co outro fo condutor da mostra, a dispora, entendida como “dispersin, como disgregacin dunha comunidade, tanto de forma voluntaria como forzosa”. De feito, non todos os artistas seleccionados atpanse actualmente fra de Galicia, pero si reúnen experiencias que os conectan coa idea de que “a dispora moldea unha corporalidade e unhas vivencias”, sinala Novoa.