DUVI

Diario da 鶹

Este proxecto naceu da man dun grupo de alumnas e alumnos da EE de Telecomunicacin

Comeza a conta atrs para a botadura do 1º barco solar da 鶹, o Boeiro I

A previsin é que sexa a finais de mes e que se estree nunha competicin en Mnaco no mes de xullo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Estudantado
  • Estudantes
D. Besado DUVI 04/03/2022

Finais de marzo. Esta é data que teen en mente as alumnas e alumnos da para a botadura do que ser o primeiro barco solar da 鶹, unha proba de fogo para un proxecto nacido hai apenas dous anos da man dun grupo de estudantes da Escola de Enxeara de Telecomunicacin que, guiados polo fundador da empresa Marine Instruments, Francisco Pino, puxeron en marcha un proxecto ilusionante: a construcin dun trimarn propulsado unicamente con enerxa solar. O barco é xa unha realidade e acaban de bautizalo como Boeiro I, illote menor do arquipélago das Ces, illas que, dalgún xeito, xa estaban presentes no propio nome do equipo, CES, acrnimo de Clean Energy Ship, que pronunciado en inglés recorda s illas da costa viguesa. “Quixemos continuar con esa lia que establecemos desde o principio e levar sempre presente a nosa terra”, explica a lder do equipo, Lorena Gil, estudante do Mster en Enxeara de Telecomunicacin e cabeza visible dun equipo composto na actualidade por 13 alumnas e alumnos das tres escolas de enxeara do campus de Vigo: Enxeara de Telecomunicacin, Enxeara Industrial e Enxeara de Minas e Enerxa.

Por diante quédanlle anda unhas semanas de intenso traballo nas que se centrarn na fabricacin da cuberta sobre a que irn os paneis solares. O obxectivo é facer un primeiro test do funcionamento da embarcacin e facelo coa marxe temporal suficiente para que a embarcacin chegue a xullo, data fixada para a súa estrea nunha competicin internacional en Mnaco, en condicins ptimas. “Contamos con ter rematado a finais de mes e facer xa a botadura para poder probar os sistemas fabricados ata agora e comezar o proceso de mellora e optimizacin”, explica a responsable do equipo, ao que engade que “a idea é detectar con marxe de tempo os posibles puntos de mellora e alcanzar o maior rendemento en termos de potencia, eficiencia e velocidade”.

400 células fotovoltaicas farn que o Boeiro “voe” sobre a auga

Actualmente o Boeiro conta cun primeiro deseo dos foils, as superficies de contacto mergulladas na auga que crean unha forza de sustentacin que eleva o casco da embarcacin fra da auga, reducindo drasticamente o rozamento do barco contra o mar, o que lle permite alcanzar unha maior velocidade. “Fabricmolos mediante técnicas de infusin por baleiro, cun núcleo de madeira ou escuma de alta densidade, e un exterior reforzado con lminas de carbono”, salienta Gil, ao que engade que todos os mecanismos que levan os foils son de deseo e fabricacin propia. “Empregamos técnicas de fabricacin que nos dan un amplo rango de mellora nas pezas, como é a fabricacin aditiva ou o fresado. Desta maneira estamos sempre en continua mellora dos sistemas que deseamos, cun baixo custo”, recalca a estudante.
Por outro lado, as bateras estarn alimentadas por unhas 400 células fotovoltaicas situadas na cuberta da embarcacin, que subministrarn a enerxa necesaria para facer que o Boeiro “voe” sobre a auga. “Ademais o barco contar cun sistema de telemetra que permitir monitorizalo e actuar sobre os foils para estabilizar a navegacin, ademais de permitir manter unha comunicacin constante co piloto”, engade Gil.

Cita en Mnaco con 35 equipos de 20 nacionalidades

A primeira competicin na que participar o Boeiro I é a Mnaco Energy Boat Challenge, do 4 ao 9 de xullo, un encontro do que formarn parte 35 equipos de 20 nacionalidades. Organizado polo Yacht Club de Monaco, incubadora que apoia o I+D de iates, esta cita ten como principal obxectivo estimular a creatividade, tanto das enxeeiras e enxeeiros que estn en proceso de formacin, como da propia industria, de cara a desenvolver métodos de propulsin utilizando enerxa limpa.

“Quédanos moito por aprender e perfeccionar de cara competicin. Queremos ter un barco competitivo, que dea o mellor de si mesmo en Mnaco, e poder volver cunha morea de ideas novas para incorporar nas competicins que estn por chegar”, explica a alumna, quen tamén fai fincapé en que unha das principais finalidades deste tipo de competicins é “poder pr en común cos outros equipos universitarios deseos e ir mellorando ano tras ano”.

Na procura de novos patrocinadores e integrantes para o equipo

Neste momento o equipo atpase en pleno proceso de captacin de novos patrocinadores que se sumen aos que xa teen na actualidade –Marine Instrumentes, Escola de Enxeara de Telecomunicacin e Vigo Tecnolxico- e que lles axuden a conseguir os fondos necesarios que lles permitan sufragar os gastos que supor o desprazamento a Mnaco. “Actualmente Marine Instruments é o noso maior patrocinador, achegndonos axuda técnica e os materiais necesarios para a fabricacin dos diferentes compoentes do barco”, apunta Gil, quen tamén quere destacar o apoio da Escola de Enxeara de Telecomunicacin e dos docentes que a compoen, “indispensable para poder ter un espazo preto das aulas e avanzar nas tarefas mis técnicas”.

Ademais de novos patrocinadores, desde o equipo destacan tamén que, anda que teen prazos especficos para a ampliacin de integrantes, estarn encantados de falar con todas as persoas que poidan estar interesadas neste proxecto. “Dende o inicio tivemos en conta que era preciso expandir o proxecto ao resto das titulacins do campus”, recalca Gil, quen se marca como un dos retos para esta tempada “dar a coecer o equipo, tanto nas carreiras mis técnicas como nas humansticas, para conseguir un grupo de persoas mis interdisciplinario e no que os integrantes poidamos coecer de primeira man os labores que se levan a cabo en carreiras alleas s propias”.