A aula permanente do campus ofreceu na alameda o seu cuarto concerto nestas semanas
Un centenar de instrumentos pechan un mes levando a música tradicional rúa
Acompaada por outras cinco agrupacins
Achegar cidadana os resultados do traballo formativo que se desenvolve na Universidade é o obxectivo dos concertos que ao longo do mes de xuo a Aula Permanente de ú Tradicional Galega do campus de Pontevedra protagoniza en diferentes prazas da cidade. A terceira edicin desta iniciativa, promovida coa colaboracin do Concello, pechouse na tarde deste luns cunha actuacin que reuniu na alameda preto dun centenar de intérpretes. Despois de tres concertos protagonizados polos integrantes do seu grupo de gaitas e percusin, a última actuacin contou coa participacin das e dos preto de 40 membros aula, nun formato de orquestra, que incorporaba tamén zanfonas, acordens, zanfonas, ocarinas e requintas. Fixérono ademais acompaados por integrantes da Escola de Instrumentos Populares Galego Suso Vaamonde de Caldas de Reis, a agrupacin Tequexetéldere da Estrada, a Escola de ú e Baile Tradicional do Concello de Outes, a asociacin A Fuliada de Betanzos e a asociacin Hai que Roelo de Cuntis.
En total preto dun centenar de músicos, baixo a direccin do responsable desta aula, Suso Vaamonde, interpretaron un repertorio conformado por pezas tradicionais e populares, no que houbo espazo para muieiras, valses ou pasodobres. Deste xeito, pechbase un ciclo de actuacins nas tardes dos luns, que arrancou na praza da Verdura, para pasar logo polas prazas do Teucro e da Ferrara, onde esta agrupacin estivo acompaada polo coro sénior do campus vigués e pola aula de baile tradicional do campus de Pontevedra, respectivamente.
