DUVI

Diario da 鶹

Trtase dun proxecto de alumnado da Facultade de Comunicacin da 鶹

Celanova acolle esta semana a gravacin da webserie 'Dúas Seoras'

A iniciativa enmrcase na programacin do curso CeMAC23

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Ourense 26/10/2023

Maruja e Balbina, dúas inseparables xubiladas, quedan todos os das no banco de sempre para pasar o tempo e dunha forma ou doutra sempre acaban metidas nunha aventura diferente. Estas aventuras son as que formarn parte da webserie cmica Dúas Seoras que estes das grava en Celanova (Ourense) un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Comunicacin da 鶹.

A iniciativa forma parte da programacin do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC23), celebrado o pasado mes de xuo na vila ourens co apoio da Fundacin Carlos Casares, a Vicerreitora do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputacin Provincial de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia. No marco deste curso, celébrase cada ano o Taller Audiovisual Celanova, Plat de Ficcin, dirixido polo profesor da 鶹 Paulino Pérez. Esta actividade, eminentemente prctica, est dirixida ao alumnado do Grao en Comunicacin Audiovisual da Facultade de Comunicacin do campus de Pontevedra e ten como obxectivo a producin dunha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.

Todas as fases dun proxecto audiovisual

O alumnado comezou neste taller o seu proxecto audiovisual, coa realizacin do guin e a formacin do equipo. Continuando con el, esta semana estn gravando en Celanova os catro captulos de aproximadamente seis minutos que conformarn Dúas Seoras. As directoras da webserie son as estudantes Uxa Soutullo e Lujn Monteiro e a produtora Alejandra Justo, participando en total 18 estudantes de cuarto curso do Grao de Comunicacin Audiovisual.  As dúas protagonistas son as actrices Mercedes Castro (de series como Padre Casares, Avenida América, Mareas vivas e Pratos combinados) e Ana Santos (de series como Elisa e Marcela, Faria, Serra Moura ou El desorden que dejas). Tras rematar as gravacins, o proxecto, ao abeiro do cal se farn tres traballos fin de grao, continuar na facultade ata ter o produto finalizado, agardando poder estrealo en xaneiro do vindeiro ano. A webserie est producida por Lostrego filmes, o proxecto de produtora do alumnado participante, e a Facultade de Comunicacin da 鶹 con financiamento de Agadic e a Fundacin Carlos Casares.

Sobre os resultados da iniciativa, que vai pola súa 13 edicin, Paulino Pérez sublia que para o alumnado participante “é unha experiencia moi positiva no senso de que se replica, dentro das nosas posibilidades, a estrutura dunha rodaxe xa a nivel profesional, cos seus departamentos ben definidos, cun orzamento concreto, vivindo por e para a rodaxe os das de gravacin, etc.”. As, recalca, no proxecto “funcionamos como se fsemos unha produtora, traballando da forma mis parecida realidade posible” e iso “resulta moi enriquecedor para a formacin do alumnado”.