DUVI

Diario da 鶹

Na xornada desenvolvida este martes na Escuela Naval Militar

A Ctedra Telefnica-鶹 sinala a unin entre múltiples axentes como a clave da innovacin en defensa

O debate puxo o foco no papel da ciberseguridade ou a intelixencia artificial neste eido

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 14/10/2025

Baixo o ttulo de Ecosistemas de innovacin aberta para Defensa, a Ctedra Telefnica-鶹 trasladaba este martes a súa actividade Escuela Naval Militar (ENM) co propsito de afondar na innovacin no eido da defensa e en como esta vai ligada ao traballo conxunto de múltiples axentes e institucins. Coa participacin tanto de alumnado de diferentes titulacins da 鶹 como do Centro Universitario da Defensa (CUD), este encontro abrangueu dúas mesas redondas, dirixidas a presentarlles tanto os diferentes axentes e institucins que poden promover a innovacin neste eido como algúns proxectos que se estn a desenvolver no mbito da defensa. Completado por unha visita aos simuladores de navegacin da Armada, este encontro puxo o foco na importancia que ten o desenvolvemento de tecnoloxas disruptivas nun contexto xeopoltico marcado polo incremento dos orzamentos en materia de defensa.

As o destacaron o reitor da 鶹, Manuel Reigosa; o comandante-director da ENM, Toms Clavijo; e a delegada en Galicia de Telefnica Espaa, Paula Beirn, no acto inaugural desta xornada da Ctedra Telefnica-鶹, constituda hai doce anos co obxectivo de promover a aplicacin das tecnoloxas da informacin e das comunicacins no mbito da ensinanza universitaria, a investigacin e a innovacin. Na súa intervencin, Reigosa sinalou que “estamos a vivir un momento histrico” que debera aproveitarse para “construr unha sociedade baseada no coecemento”, a través do impulso da “investigacin dual, que se fai tanto para defensa como para usos civs”. Nese senso, o reitor subliou o valor que ten no momento actual a innovacin en mbitos como “a cibeseguridade, a intelixencia artificial ou as comunicacins cunticas” e incidiu en que est debe estar sustentada neses “ecosistemas de innovacin” que impliquen a unin de “empresas, universidades, institucins públicas e privadas ou centros tecnolxicos”.

Nesa mesma lia, Clavijo subliou a importancia de “estar vangarda” no referido a estas “tecnoloxas disruptivas”, lembrando a aprobacin no último cumio da OTAN dun “plan rpido de adopcin de novas tecnoloxas”, dado o papel que xogan a da de hoxe no eido da defensa. Esta situacin insrese súa vez nun “contexto xeopoltico”, lembrou Beirn, que trouxo consigo “o maior incremento orzamentario en defensa da historia recente” en Europa e que abre un “inmenso campo de traballo”. A representante de Telefnica lembrou ao alumnado que “moitas das tecnoloxas que nacen en defensa poden logo levarse con éxito ao mbito civil”, motivo polo que o obxectivo desta xornada era que puidesen “coecer de primeira man os principais ecosistemas de innovacin aberta, as tecnoloxas nas que estn traballando e proxectos estratéxicos en defensa”. 

Un contexto marcado polos “rpidos ciclos” de innovacin

Moderadas polo director desta ctedra, o catedrtico da 鶹 José Cidrs, esta xornada abrangueu dúas mesas de debate que, salientou, permitiron achegar unha “visin” de como universidade e empresas “estanse posicionando ante un novo reto tecnolxico, de investigacin e de transferencia sociedade”, as como debater sobre como poden “fomentarse as sinerxas entre a Armada, Defensa e a universidade” no mbito da investigacin. 

Ese foi un dos propsitos da primeira mesa, na que Reigosa subliou que Espaa ten “todas as capacidades e o talento para poder competir con calquera pas do mundo” no desenvolvemento desas “tecnoloxas disruptivas”, para logo salientar a traxectoria do persoal investigador da 鶹 en mbitos como a ciberseguridade e as comunicacins cunticas. “A receita que debemos ter é construr mis coecemento, apoiar mis o I+D e construr xuntos”, sinalou o reitor, nunha mesa na que participou tamén Jesús Abraham Fernndez, CIO de Defensa de Telefnica Espaa, quen salientou tamén a importancia do traballo conxunto entre múltiples axentes no contexto actual. Capitn de corveta en servizos especiais, Fernndez incidiu neste punto nos cambios vividos na innovacin en defensa desde a súa etapa como alumno da ENM. Por aquel entn, lembrou, Espaa contaba cos “buques de guerra mis avanzados do mundo”, que lle permitiron “estar vangarda en termos de defensa durante moitos anos”. Mais, a dia de hoxe, o “contexto é completamente diferente”, recalcou, pondo como exemplo situacins como as vividas na guerra de Ucrana, “na que drons de 10.000 euros puxeron en xaque frota rusa”. Neste punto, sinalou que os “rpidos ciclos” de innovacin das tecnoloxas de uso dual fan necesarios eses “ecosistemas de innovacin aberta”, que reúnan actores “tanto do mbito civil como do militar” para facer fronte a un “novo teatro de operacins” que vai estar marcado pola “hiperconectividade, o 5g”, a dixitalizacin, a automatizacin ou a robotizacin. 

A continuacin, tanto Jesús Abraham como o catedrtico da 鶹 Fernando Obelleiro abordaron unha serie de proxectos que estn a desenvolver no eido da Defensa, pechndose a xornada coa visita aos simuladores Siana e Cavir da ENM. Coa participacin de estudantes de diferentes enxearas dos campus de Vigo e Ourense, as como do CUD, centro adscrito 鶹, tratouse da “primeira vez que a ctedra sae da propia Universidade”, lembrou Cidrs, mantendo o seu obxectivo de ofrecer ao alumnado “unha formacin complementaria, sempre vinculada innovacin e ao emprendemento”.