DUVI

Diario da 鶹

Arranca como club de lectura, anda que coa expectativa de crear unha comunidade

Beatriz Surez Briones, coordinadora do Grupo de Estudos Queer da 鶹: “Queer non trata do que se é senn do que se fai”

A investigadora tamén insire a iniciativa como un paso no terreo do activismo

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Igualdade
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 18/11/2021

O que durante anos foi, en palabras da docente e investigadora da 鶹 Beatriz Surez Briones, “un crculo inicitico con funcionamento amateur”, que ela mesma organizaba co seu alumnado de doutoramento e co seu grupo de investigacin, derivou este curso na posta en funcionamento do Grupo de Estudos Queer da 鶹. A lectura de textos bsicos de Freud, Monique Witting, Judith Butler, Dona Haraway ou Gayle Rubin para entender o humano relacionado co feito de que todas as persoas vivimos en corpos sexuados, e os efectos que isto ten nas nosas vidas individuais, centrara ata o de agora as actividades desenvolvidas ao abeiro do programa de doutoramento e do grupo Teoras feministas e Teora queer, “pero co paso do tempo ase facendo evidente que era necesario abrir o crculo a outra xente allea ao traballo no doutoramento, que est cada vez mis interesada nesas temticas”, explica Surez Briones. Este feito, sumado a que no seo do movemento feminista se estea a dar, en opinin da investigadora, “un debate feroz sobre o suxeito do feminismo, con interpretacins atroces da teora queer que demostran, sobre todo, unha obstinada insistencia na ignorancia e unha alianza co pensamento conservador mis preocupante”, impulsou a posta en marcha este curso do Grupo de Estudos Queer da 鶹, que tamén se veu alentado pola celebracin hai unhas semanas do Evento In, promovido polo estudante de doutoramento Antonio Villanueva.

“Funcionaremos a modo de club de lectura, cada quen na súa casa e despois nos reuniremos para discutir cada texto. Este é o obxectivo fundamental. Aprender, pensar xuntxs, intercambiar ideas, multiplicar o noso potencial individual”, enumera a coordinadora do grupo, que tamén manifesta a súa expectativa de que “pasen outras cousas: crear unha comunidade queer dentro da comunidade 鶹; un espazo de coecemento, visibilidade e coidado, un espazo seguro para todas as xentes queer e as súas aliadas”. Para arrancar a súa actividade, na primeira das súas reunins, celebrada nas últimas horas, a persoas que integran o Grupo de Estudos Queer acordaron comezar coa lectura do primeiros manifestos gais, lesbianos e trans da década de 1970.

Queer ou a impugnacin radical de normas sobre xénero, sexualidade e identidade

Dunha palabra que designaba ideas, individuos e comunidades de xentes “raras” e que se empregaba como un insulto moi degradante dirixido a persoas sexualmente “anormais”, a palabra queer mudou o seu significado cando esas mesmas persoas s que menosprezaba comezaron a usala como unha autodesignacin dende o orgullo, pasando as a referirse a todas as persoas con sexualidade non normativas (LGTBI: lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais…). “A apropiacin poltica do termo prodúcese nos anos 90 do século pasado e no mesmo 1990, queer pasa a ter outro sentido. Unhas das grandes pensadoras feministas, Teresa de Laurentis, organiza na súa universidade, California Santa Cruz, un congreso que titula Teora queer. O éxito (e o escndalo) do oxmoro foi fulgurante por engadir ao venerable e académico ‘teora’ o insulto ‘queer”, detalla Beatriz Surez Briones.

Se se trata de definir os obxectivos da teora queer, a investigadora da 鶹, considera que se poden resumir en (transformando o substantivo en verbo) queerizar, é dicir volver estraa ou sospeitosa a heterosexualidade normativa, as súas instrucins e o tipo de subxectividades, de sociedade e de saberes que produce e reproduce. “Queer supn a impugnacin radical de normas e ideas sobre o xénero, a sexualidade e a identidade. Implica unha actitude inconformista ou disidente no que respecta sexualidade e o xénero”, apunta a coordinadora do Grupo de Estudos Queer da 鶹, que engade que ademais é anti-institucional e absolutamente crtica co impulso cara normalizacin dos suxeitos, “contesta que se tea que ser ou volverse ‘normal’ para converterse en alguén lextimo. As que, en realidade non se trata do que a Teora queer é, senn do que fai ou, mellor, desfai”.

Un paso no terreo do activismo

Incidindo nesta idea, Beatriz Surez tamén sitúa a creacin co Grupo de Estudos como un paso no terreo do activismo nun contexto de evidente involucin respecto dos dereitos e liberdades do colectivo LGTBIQ+. “Ns, xunto coa xente radicalizada, sempre fomos a primeira barricada conta a que bate a dereita radical. Estn batendo en ns. Pero todo o mundo sabe que veen a por todas, a polos dereitos das mulleres, a polos dereitos da clase traballadora, a polas nosas liberdades. É global”, denuncia a investigadora, que recoece que quedar unha tarde ao mes para falar de teora feminista e teora queer “é unha humildsima resposta e, talvez, se acaso, un principio dunha cousa mis ampla”.

Nunha universidade como a de Vigo, que no seu da foi pioneira na creacin dos Estudos de Xénero como un mbito de formacin especializada e que xa en 1995 organizou, da man do docente e investigador Xosé Manuel Buxn, o curso de vern Os estudos gais e lesbianos no estado espaol, o primeiro curso universitario de Espaa sobre esta temtica, Surez Briones considera que o seguinte paso sera a creacin dunha Área de Diversidade, que atenda a todas as persoas que forman parte da comunidade universitaria. “Deberiamos aproveitar ese impulso dinmico e innovador que nos caracteriza para distinguirnos unha vez mis e estar entre as universidades do mundo que crecen defendendo e protexendo a diversidade. Porque unha universidade de excelencia do século XXI ten que ser inclusiva e responder de forma proactiva diversidade e concibir as diferenzas non como un problema senn como unha oportunidade e unha forma de riqueza persoal e social”, avanza Surez Briones.