A mostra abriuse na noite deste luns coa súa obra ‘Incendios’
A aula de teatro do campus de Vigo levanta o pano da XIV Miteu
A programacin continúa esta semana cos grupos de Ourense e Pontevedra
Dar visibilidade ao traballo que se desenvolve nas aulas teatrais dos diferentes campus da Universidade é un dos propsitos da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, que na noite deste luns levantaba o pano da súa XIV edicin en Pontevedra. Inaugurada pola vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn, a mostra botaba a andar con Incendios, unha montaxe da aula do campus de Vigo, que unha ducia de actores e actrices, na súa maiora estudantado universitario, levaron ao escenario do Teatro Principal. Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, trtase dunha obra escrita polo escritor canadiano Wajdi Mouawad que, como recolle o seu texto de presentacin, fala de “tres incendios vitais, o de Nawal, “que ponnos diante dunha vida agochada de procuras erradas e de activismo", o da súa filla Jeanne, “capaz de descadrar a vida cmoda nun polgono vital e familiar de suposta seguridade", e o de Simn, “que nos enfronta cunha vida que tamén arrastra inseguridades”.
Recuperada o pasado ano, tras mis dunha década de parn, a programacin desta XIV Miteu continúa este mércores con O mundo como vontade, do grupo Cordelia do campus de Ourense, para acoller o xoves a nova obra da aula do campus pontevedrés, que baixo a direccin do responsable de Teatro de Ningures, Salvador del Ro, levar ao escenario Intermitencias, unha montaxe que intercala escenas de diferentes obras coas propias achegas das e dos participantes. Promovida pola Vicerreitora do campus coa colaboracin do Concello de Pontevedra, a programacin da mostra complétase a vindeira semana con dous novos espectculos. Programados todos eles para as 21.00 horas e con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o xoves 8 poder verse As cidades agochadas, do grupo Maricastaa da aula do campus ourensn, mentres que o venres 9 o alumnado da Universidade de Minho presentar na cidade o seu espectculo Roleta Mortis.
