DUVI

Diario da 鶹

Aberta a inscricin nestes dous obradoiros, as como no coro e nos grupos de baile e música

O campus convida a iniciarse no teatro e no baile tradicional galego

Nunha programacin que combina a formacin coa creacin de agrupacins

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ú
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Pontevedra 23/09/2025

Co inicio dun novo curso, arranca novamente a programacin cultural de carcter permanente da Vicerreitora do campus de Pontevedra, na que se insiren novas edicins dos obradoiros de teatro e baile tradicional galego, xunto coas convocatorias para entrar a formar parte do Coro Polifnico do campus e dos seus grupos de baile e música tradicional galega. Como explica o director da rea adxunta Vicerreitora, Luis Torres, con estas iniciativas búscase “dar continuidade a unha estrutura con dous niveis”, na que as aulas e obradoiros “de carcter formativo” conviven co impulso de agrupacins que traballarn ao longo do curso na preparacin dun repertorio, co obxectivo de poder participar en diferentes actuacins.

Como bailar nun sern 

Despois de que a Aula de ú Tradicional do Campus de Pontevedra cubrise novamente as súas 40 prazas a comezos de setembro, nestas semanas permanece aberta a inscricin para o primeiro cuadrimestre no . Cun total de 40 prazas, trtase dunha actividade impartida pola mestra de pandeireta, canto e baile tradicional Montse Rivera, que contar novamente cun grupo de iniciacin e outro de continuacin. Segundo recolle a convocatoria, o obxectivo desta actividade é tanto achegar s persoas participantes aos principais ritmos da tradicin galega, co propsito de que poidan “participar de maneira activa e divertida nunha foliada”, como promover a prctica “dun exercicio fsico aerbico cunha certa esixencia”.

Coa colaboracin do Concello de Pontevedra, este obradoiro desenvolver a súa actividade ao longo do curso, permanecendo aberta nestas semanas a inscricin para o seu primeiro bloque, que abrangue do 2 de outubro ao 22 de xaneiro. Cun prezo de matrcula de 26 euros para as e os integrantes da comunidade universitaria, 32 para outros colectivos vinculados 鶹 e de 40 para a cidadana xeral, este obradoiro conta con tres perodos de inscricin. O primeiro deles estaba reservado comunidade universitaria, mentres que este martes 23 e o domingo 28 podern inscribirse as persoas que realizaron esta actividade no segundo cuadrimestre do pasado curso. No caso de quedar vacantes, estas ofertaranse ao conxunto da cidadana o 30 de setembro e 1 de outubro.

As diferentes fases do proceso teatral

Ata o 6 de outubro permanece aberta as mesmo a inscricin na , un obradoiro impartido polo actor e director Jesús Salvador del Ro que ten como obxectivo achegar s e aos participantes s diferentes “fases dun proceso de creacin teatral”, desde a “posta a punto corporal e vocal” e a lectura do texto teatral, ata abordar a “encarnacin do personaxe” e a montaxe dunha obra. Un achegamento que, como recolle a convocatoria, realizarse “mediante exercicios prcticos que pretenden fomentar a capacidade de concentracin, memoria, oratoria e expresin, creatividade, sentido do ritmo e musicalidade”.

Aberto ao conxunto da cidadana, este taller de 40 horas desenvolverase entre outubro e decembro na Facultade de Belas Artes. A actividade conta cun total de 15 prazas e a inscricin poder realizarse ata o 6 de outubro a través de Campus Activo, contando igualmente cuns prezos de matrcula que abranguen dos 26 aos 40 euros. 

Coro e grupos de música e baile

Como explica Torres, estes obradoiros combnanse súa vez con grupos “mis orientados actuacin”, que abranguen un proceso de seleccin e nos que a inscricin é gratuta, por levar aparellado o compromiso de participar en diferentes eventos. Con esa idea naceu en 2023 o , que ata o 5 de outubro mantén aberta a súa inscricin para o presente curso. Aberto participacin tanto da comunidade universitaria como da cidadana xeral, a formacin estar dirixida pola gaiteira Marina Fernndez Vigo e contar inicialmente con 10 integrantes. As mesmo, ata o 3 de outubro ser posible inscribirse tamén no, que contar tamén con dez prazas. Dirixida por Montse Rivera, neste caso trtase dunha actividade aberta a integrantes da comunidade universitaria e persoas matriculadas no obradoiro Como bailar nun sern.

Cun total de 25 prazas e aberto a toda a cidadana, ata o 5 de outubro permance aberto tamén o perodo de inscricin no , que ter fronte licenciada en musicoloxa e titulada profesional en piano Mara Luisa Snchez. Entre os obxectivos desta formacin atpase “dar forma a un novo repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais” e con ese propsito, as súas sesins semanais combinarn un bloque inicial centrado na linguaxe musical coa preparacin dunha serie de pezas de diferentes épocas e estilos.

Nos tres casos, as persoas interesadas en formar parte destas agrupacins debern remitir un correo a vic.pon@uvigo.gal cos seus datos persoais e un “currculo relacionado coa actividade”. Rematado o perodo de presentacin de solicitudes,convocarselles a unha proba de habilidades, co propsito de “garantir un nivel mnimo de calidade inicial”. 

A estas tres agrupacins, apunta Torres, sumarase nos prximos meses a convocatoria para a posta en marcha, por segundo ano, do grupo de teatro do campus, co obxectivo de que poida preparar unha montaxe para unha nova edicin da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).