DUVI

Diario da 鶹

As investigadoras Andrea Davila e Mar Ramn foron premiadas no certame ‘Novos Valores’

Un ano por diante para crear e investigar arredor do corpo e os obxectos

A Deputacin outrgalles unha bolsa de estudos de 7500 euros

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Premios
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 16/10/2020

Explorar o imaxinario colectivo do corpo humano e os cambios que este experimentou ao longo da historia e afondar nas relacins entre o individuo e os obxectos que lle rodean son dous dos eixos do traballo, tanto investigador como artstico, que as alumnas de doutoramento da Facultade de Belas Artes Andrea Davila e Mar Ramn desenvolvern nos prximos meses, tras ser premiadas no certame da Deputacin de Pontevedra. Investigadoras do grupo de investigacin Prace (Procesos de Resistencia na Arte Contempornea Espaola), as obras que presentaron a este certame e que desdeforman parte da exposicin inaugurada este xoves no Museo de Pontevedra foron seleccionadas, xunto s de Nuria Figueiredo e Alejandro Rego, como gaadoras dunha bolsa de estudos dun ano, cunha dotacin econmica de 7500 euros.

Mis al da “validacin e valoracin por parte dun xurado do que ests facendo, que para min é moi importante”, Mar Ramn destaca deste premio a posibilidade de obter “uns recursos econmicos incribles”, que no seu caso, permitiranlle producir dúas exposicins en 2021. “Recibir un premio sempre é alentador, supn un recoecemento a todo o esforzo e tempo investidos nalgo que é importante para un mesmo”, engade Andrea Davila, que incide tamén no apoio econmicoque esta bolsa supn para a continuacin dos seus proxectos, que no seu caso, pasan tanto pola producin artstica como pola estada internacional que realizar no Boston College grazas a este premio e unha bolsa Fullbright de ampliacin de estudos artsticos outorgada pola Xunta de Galicia.

A pel como lmite

Nunha estada de seis mesesque lle permitir tamén optar a un doutoramento internacional, Davila buscar explorar “algunhas nocins que, dun xeito amplo, interrelacionan filosofa e arte e que constitúen partes especficas de captulos da mia tese”, tanto desde unha perspectiva terica como desde a producion artstica. “Coa mia tese busco crear unha serie de pezas que exploren o imaxinario colectivo do corpo humano e os cambios que experimenta ao longo da historia dependendo de mitos e dos avances na ciencia, pero tamén de percepcins mis subxectivas”, explica a artista, que parte da concepcin da pel “como un contedor do corpo humano e coma un lmite que o protexe doutros corpos”. Nese senso, o uso de “metais, textos, materiais cermicos ou resinas par falar do corpo a través de formalizacins mis abstractas” centrar o proceso de creacin artstica que nos prximos meses desenvolver no marco dunha investigacin baseada "na prctica e na teora”. Neste segundo mbito, cobra especial relevancia a estada internacional, xa que, sinala, “os académicos e académicas americanas lideran desde as últimas décadas unha perspectiva terica que se basea na percepcin da pel como interface, coma lugar de encontro co outro”.

O individuo e os obxectos que lle rodean

A anlise terica e a creacin artstica son tamén “inseparables” na investigacin que desenvolve Mar Ramn, que centra a súa tese no “obxecto na producin contempornea”. Dilogos e discusins. Unha investigacin formal sobre as prensins dadas entre corpos e obxectos é o ttulo do proxecto que presentou a este certamee que pon o foco no individuo e na que é a súa contorna mis prxima, os obxectos, "nunha época de sobreproducin”. Partindo de realidades cotis, Ramn busca explorar “a materialidade e desmaterializacin" dos “dilogos entre os obxectos e o corpo”nun proxecto que busca tender “pontes entre a filosofa e o traballo no taller”. Nese senso, a artista incide nas conexins entre a anlise terica e aproducin artstica, como algo “que se vai construndo de forma natural”. Non en van, engade, “toda a mia producin baséase na percepcin do doméstico como algo estético, nas relacins do corpo cos obxectos e coas estancia dentro da casa, no teatro xestual e o dilogo entre ns e a nosa contorna mis prxima”.

Un ano que comeza e remata no Museo

As obras de Ramn e Davila forman parte das 21 seleccionadas para a exposicin inaugurada este xoves e que ata o 15 de novembro poder visitarse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, onde, dentro dun ano, os catro artistas premiados presentarn obras resultado deste ano de traballo. “É un certame que me encanta, porque reúne a moitos compaeiros, tanto da facultade como do ambiente artstico”, salienta Mar Ramn, premiada por Homeworks, unha obra composta por dúas esculturas, 31h 40 min e 26h 55 min, cuxos ttulosfan referencia “ao tempo de dedicacin a cada unha delas”, partindo dunha reflexin sobre como o confinamento cambiou o “concepto do tempo” nunha sociedade “na que todo é de producin rpida. A través da combinacin da escultura cermica con materiais domésticos como tarros de cristal, Ramn deu forma a dúas construcins “que recordan a ttemsque aspiran a unha grandeza desde os recursos domésticos”.

Andrea Davila, pola súa banda, foi premiada por I wish you’d rub your quills against my stomach (desexara que frotases as túas plumas contra o meu estmago), unha obra que xira tamén en torno a esa idea da pel “como lugar de encontro co outro”. Un encontro, salienta, “que pode ser positivo ou negativo e para o que a pel pode servir como unha especie de proteccin”. Trtase, de feito, dunha obra de “carcter tctil”, que presenta unha serie de formas cnicas de resina con puntas de metal, de tal xeito que, “se non a colles ben, fai dano nas mans”, e que, engade a artista, “dunhaforma mis aberta, tamén explora o desexo, o medo, a fraxilidade e o rexeitamento que se poden producir a través do tacto, da súa ausencia oupola pel mesma”.