Cunha conferencia de Pilar Vega, impulsora da plataforma Descubreleyendas
Alumnado de Filoloxa e Traducin achégase ao lendario literario hispnico do século XIX
Salientouse a importancia de recuperar as tradicins locais para contribur a impulsar o patrimonio
Estudantes da Facultade de Filoloxa e Traducin tiveron este venres a oportunidade de coecer de preto o lendario literario hispnico do século XIX, o gran momento de recuperacin e transformacin cultural da literatura popular oral. Fixérono asistindo a un encontro virtual coa profesora da Universidad Complutense de Madrid Pilar Vega Rodrguez, impulsora de Descubreleyendas, unha plataforma virtual dirixida a facilitar o acceso bibliografa literaria e crtica dos textos mis relevantes da lenda literaria espaola do século XIX.
“As lendas e relatos tradicionais axúdannos moitsimo a dotar de significado os espazos porque o que producen nas persoas que as escoitan é a realizacin dunha viaxe temporal cara o pasado, unha viaxe na que comprendemos o que aconteceu, a orixe dalgunhas tradicins e costumes e, dalgunha forma, identificmonos con eses personaxes”, explicoulles a docente, quen fixo fincapé en que a plataforma achega unha perspectiva mis ampla e diversificada das propias tradicins, promovendo tamén o desenvolvemento de redes que facilitan a cooperacin entre rexins en materia de turismo sostible.
Neste senso, a experta subliou como todas esas historias recollidas na plataforma cohesionan e identifican aos diferentes habitantes dun lugar, posto que todos son membros dese mesmo espazo. “Dalgunha forma recuperar esas tradicins e polas a disposicin de calquera viaxeiro ou de calquera lector supn dinamizar ese patrimonio”, recalcou a docente, quen explicou que para a posta en marcha deste proxecto se recorreu, entre outras fontes, a guas de viaxe, dicionarios xeogrficos e aos relatos publicados na prensa da época.
Posta en valor da xeografa literaria como recurso turstico
Na súa charla, organizada polo Departamento de Literatura espaola e Teora da literatura,explicou como o patrimonio literario constitúeno tanto as manifestacins materiais como inmateriais, referndose no caso das manifestacins materiais tanto aos textos e manuscritos como aos propios lugares nos que se produciron. Neste senso a experta puxo como exemplo a Casa de Cervantes, unha manifestacin material dese patrimonio literario. Ao fo desta realidade a relatora puxo en valor as rutas literarias como unha das mellores maneiras para viaxar en compaa deses escritores e deses mundos que crearon a través da literatura.
En canto ao patrimonio inmaterial salientou a importancia da literatura popular oral, moitas veces inspirada en tradicins paisaxsticas e espazos concretos e, por tanto, no momento no que se revitalizan as narracins, revitalzase tamén o propio patrimonio xeogrfico. “A través deste proxecto queramos resaltar a identidade narrativa que teen os lugares, especialmente eses sitios nos que parece que non hai mis recurso turstico que o histrico”, subliou Vega Rodrguez.
No marco dos novos estudos de xeografa literaria, a realizacin deste corpus bibliogrfico e textual accesible en lia ofrece datos útiles non s para a configuracin de rutas tursticas literarias e culturais, senn tamén para fomentar a colaboracin na conservacin do patrimonio cultural intanxible da pennsula ao recuperar textos que non acostuman ser empregados nas pxinas web de informacin turstica cultural.
