DUVI

Diario da 鶹

Pulso quere dar acubillo e impulsar as accins do centro con impacto na contorna

A Facultade de Educacin e Traballo Social pon en marcha un programa universitario de liderado social

Fomentar iniciativas de aprendizaxe-servizo, voluntariado, solidariedade e sostibilidade

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Diversidade
  • Institucional
DUVI Ourense 05/06/2026

A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense lanzou este venres o seu Programa Universitario de Liderado Social (Pulso). As súas accins centraranse en “promover a xustiza social, a igualdade de oportunidades, o compromiso ético coa consecucin dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible previstos na Axenda 2030 e a sostibilidade”. Con esta iniciativa búscase dar acubillo e incentivar o papel deste centro como un actor proactivo de transformacin social da contorna. 

No seu acto de presentacin participaron Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; e Isabel Mocio, decana da Facultade de Educacin e Traballo Social, acompaada polos vicedecanos Deibe Fernndez Simo e Mara José Vzquez. Na súa intervencin, Isabel Mocio destacou que o seu centro xa conta cunha dilatada traxectoria de accins con enfoque de impacto social e que este programa “ser unha caixa de resonancia” delas, dndolle coherencia e impulso a esta lia de traballo. O compromiso social, o esprito crtico e a formacin holstica, indicou, son elementos imprescindibles en futuros profesionais como os que se forman na Facultade de Educacin e Traballo Social. Pola súa banda, Francisco Javier Rodrguez felicitou ao centro por esta iniciativa e destacou do programa “o seu enfoque de liderado como cooperacin e colaboracin, non como imposicin” e o seu enfoque social, de “contribur a construr unha sociedade mellor”, algo que, dixo, est na esencia da Universidade. 

Tres obxectivos

Pulso, sinalouse na presentacin, ten a súa base no Plan Estratéxico da Facultade de Educacin e Traballo Social, foi aprobado pola xunta deste centro e implica aos diferentes colectivos universitarios. Estudantado, profesorado e persoal técnico de administracin e servizos, indican desde a facultade, desenvolven e desenvolvern agora tamén con este programa “competencias fundamentais como o pensamento crtico, a responsabilidade social e a capacidade de traballo en equipo. Estas aprendizaxes non s enriquecen a vida universitaria senn que teen un impacto duradeiro na vida persoal e profesional”.

Partindo da premisa de que o liderado social universitario contribúe formacin dunha cidadana responsable e comprometida, o programa lanzado este venres busca tres obxectivos: promover a participacin de entidades da contorna especializadas en atencin diversidade para a construcin dun espazo de accesibilidade universal que contemple as últimas tendencias e innovacins dos contextos de intervencin reais; potenciar prcticas educativas conxuntas como modo de comunicacin e transferencia bidireccional; e desenvolver accins formativas conxuntas con empresas e institucins especializadas en atencin diversidade. 

Catro lias de accin

Catro son as lias de accin previstas en Pulso. A primeira é de accins de aprendizaxe-servizo (ApS) orientadas ao impacto social e ambiental. Estas accins, sinalan, “configúranse como propostas educativas que integran a formacin académica coa intervencin directa sobre retos recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, conectando “a aprendizaxe coas necesidades globais desde unha resposta local e contextualizada”. A segunda lia é a de voluntariado ético, responsable e de apoio s boas prcticas, propondo “accins de voluntariado que se configuran desde a responsabilidade e o compromiso colectivo”, accins non estigmatizantes que actúen contra os prexuzos ou etiquetas sociais. O voluntariado do centro, indican desde el, non “intervén sobre” alguén, senn que participa e acompaa persoa en procesos que favorezan a autonoma.

A terceira lia de actuacin de Pulso ser a de solidariedade eficaz e non estigmatizante, agrupando iniciativas que se constrúen “desde o recoecemento das persoas como titulares de dereitos e non como receptoras pasivas de axuda”, apostando por un enfoque que implica “abandonar prcticas asistencialistas que sitúan a quen ‘axuda’ nunha posicin de poder e a quen recibe a axuda nun lugar de dependencia”. Por último, a cuarta lia é de promocin da sostibilidade, con accins orientadas ao seu fomento tanto dentro da comunidade universitaria coma na contorna e deseando “actividades respectuosas co medio e coas persoas, coas que contribur toma de conciencia social”.