Docentes da FFT publican un libro no que recollen un cento de vidas e historias femininas
100 voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal
As autoras son as profesoras Mara Méndez Santos, Ana Varela Surez e Susana Rodrguez Barcia
Cando a profesora da Facultade de Filoloxia e Traducin Mara Méndez Santos lles explicou a súa idea, as tamén docentes Ana Varela Surez e Susana Rodrguez Barcia non dubidaron en subirse ao carro. A súa proposta era compilar nun s volume as consideracins de todo tipo de mulleres sobre a súa propia condicin feminina, sobre as dificultades que enfrontaron ao longo da súa vida e os consellos que lles gustara ter recibido. Coa ilusin, esforzo e compromiso das tres, o libro acaba de sar do prelo editado polo Servizo de ʳܲԲ da 鶹.
A idea de Méndez via de anos atrs, pero foi a finais de 2023 cando comezou o proceso de contactar coas protagonistas e iniciar o deseo xeral do proxecto. O volume coral recolle as historias vitais, reflexins e testemuas de 100 mulleres de diversas orixes, procedencias e condicins sociais, todas elas contemporneas, “o que constitúe unha das riquezas do libro”, destacan as editoras. “Son voces vivas de todas as idades e con diferentes condicins sociais e econmicas” e, a través delas, as e os lectores poden achegarse ao que significa ser muller nun mundo patriarcal e recoecer e visibilizar todas as experiencias e situacins s que se enfrontan ao longo da vida.
Escoller 100 voces tan diversas como representativas
Un dos principais retos do proxecto foi a seleccin das 100 voces de mulleres. Como detalla a profesora do Departamento de Lingua Espaola Susana Rodrguez Barcia, “a escolla tivo en conta a representatividade de todos os perfs posibles: mulleres de distintas orixes xeogrficas con culturas igualmente diversas, mulleres con e sen formacin académica, mulleres con distintas profesins ou dedicadas familia, mulleres migrantes, mulleres mis recoecidas e mulleres completamente annimas”. Como recoece a docente, “non é posible ofrecer un abano completo de todas as mulleres do mundo, pero tratamos de dar voz a unha multiplicidade de perfs”. Algunhas delas foron contactadas sen coecemento previo do proxecto, mentres que outras eran persoas das contornas da autoras “con importantes historias detrs”.
O proceso levoulles mis ou menos un ano (“algo mis para poder traducir algúns dos textos”) e algunhas das persoas contactadas inicialmente deixaron o proxecto “debido ao exercicio ntimo que lles supua afondar na súa experiencia, as que tivemos que contactar con outras para manter o número de 100 testemuos”. As docentes entenden “perfectamente” que falar “dende o mis fondo dos recordos pode ser complexo”, polo que agradecen a todas o esforzo, “tanto s mulleres que non estn como s que estn e tamén s que quixeron estar pero non foi posible”.
Nas mis de 400 pxinas do libro as protagonistas reflexionan sobre as súas perspectivas vitais, dende o que implica ser muller en Uzbekistn, Xeorxia, Grecia, Hong Kong, Corea ou Irn, ata o feminismo, a menopausa ou a accin sindical agraria con perspectiva de xénero, pasando polo proceso de adopcin, as mulleres na xudicatura ou a maternidade, entre outros temas e reflexins vitais.
Un exemplo de diversidade e discrepancia
Coa visibilizacin desta multiplicidade de voces e vidas de mulleres, o que buscan as editoras do libro é “rematar con esa despersonalizacin das mulleres coma se fosen un ente común, un conxunto homoxéneo. Non é as, a sociedade en xeral e o feminismo son, e deben ser, fonte de diversidade e incluso de saudable discrepancia”. Polo tanto, o volume, engaden, debe entenderse “coma un xeito de dar voz a quen non adoita ter ese espazo. Gustaranos que a sociedade acollese o libro con amor, con respecto polas vidas alleas. As, cando vexamos esas mulleres de Palestina enterrando e apertando forte as súas crianzas, comprendamos que tras esa imaxe hai un nome, unha mente chea de confusin, unhas expectativas vitais, un proxecto tan importante coma o noso: vivir. Pero non s de Palestina, tamén nos nosos contextos mis achegados. Todas as vidas importan”. O libro é, en definitiva, “un intento de conquistar algo mis de igualdade a través do discurso experiencial e tamén constitúe unha pequena gua para coecer situacins que acompaan ou poden presentarse na vida das mulleres”.
