Nun taller promovido pola Vicerreitora, que d continuidade ao impulsado o pasado curso
Usuarias e usuarios de Down Xuntos amplan no campus a súa formacin musical
Sete mozos e mozas participan no obradoiro que imparte Marlene Armentero
O pasado curso, a Vicerreitora do campus e promoveron por primeira vez un taller de educacin musical dirixido a usuarios e usuarias da etapa educativa desta asociacin. Os positivos resultados deste primeiro obradoiro, impartido pola profesora de música Marlene Armentero, motivaron a repeticin desta iniciativa no presente curso, no que sete usuarios e usuarias de Down Xuntos, que xa participaran na primeira edicin, ampliarn a súa formacin ao longo dos prximos meses, nunha actividade na que traballarn tanto a entoacin e vocalizacin como os ritmos corporais, vez que a propia linguaxe musical.
A Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte acolle un taller ao que asisten sete mozos e mozascon idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. “Trtase dun proxecto no que a ensinanza da música se combina con outras linguaxes, como as das matemticas, a escritura ou a pintura, é un proxecto lúdico e participativo”, salienta Armentero, licenciada en Educacin, na especialidade de Educacin Musical, pola Universidad de La Habana. Co apoio de estudantes desta facultade e de alumnado do Programa Universitario para Maiores, Armentero articular o taller, que se estender ata maio de 2020, arredor do seu caderno Mi, re, do, dirixido inicialmente ao ensino da música en idades tempers.
O taller, explica Armentero, articularase en tres bloques. Un estar dedicado ao “desenvolvemento do instrumento vocal”, centrndose na “entoacin, a vocalizacin, a respiracin e a articulacin”,mentres que outro por o foco na percusin, traballando tanto co propio corpo como con diferentes instrumentos. Un terceiro bloqueestar centrado na propia ensinanza da música, valéndose neste senso dos múltiples instrumentos didcticos da aula de música da facultade. Nese senso, un dos obxectivos cos que arrinca este obradoiro, que ampla a 14 as súas sesins, é o de promover cara o final de curso unha “actividade final, que sexa un pouco un escaparate” do aprendido por este grupos de mozos e mozas ao longo do curso, apunta a súa docente.
Facer cidadanadesde as aulas
O obradoiro botou a andar na tarde do pasado venres e viuse precedido por un encontro no que os responsables do taller, o vicerreitor do campus, Jorge Soto, e o director da Área de Cultura, Educativa e de Integracin da Vicerreitora, Manuel Morquecho, explicaron os contidos e obxectivos desta iniciativa aos participantes e s súas familias. “Para a Universidade é algo que nos enriquece, porque a nosa misin é facer cidadana, desde a igualdade e desde a integracin”, salientou Soto, que puxo de relevo a vontade “de que este tipo de cursos adquiran cada da mis entidade” na institucin académica. “Poder contribur integracin destes rapaces a través da música é algo que nos parece fundamental”, engadiu nese mesmo senso Morquecho.
Este acto contou tamén coa participacin de Paula Villaverde, coordinadora de Down Pontevedra Xuntos, quen agradeceu o apoio da Vicerreitora para, “despois do éxito acadado na primeira convocatoria”, poder dar continuidade ao proxecto. Villaverde lembrou nese senso que tanto os usuarios e usuarias e as súas familias como o propio persoal técnico de Down Xuntos puan de relevo “a importancia de iniciativas como esta, onde a aprendizaxe a través da música favorece o desenvolvemento doutras linguaxes”. De feito, recoeceu, as e os participantes na primeira edicin “demandaron con insistencia unha nova posta en marcha” desta actividade.
Unha experiencia de aprendizaxe interxeracional
Segundo explica o profesor de Pedagoxa Musical desta facultade Marco Lucato, este taller est aberto novamente participacin dos alumnos e alumnas do centro, que podern vivir en primeira persoa unha experiencia de traballo con mozos e mozas con necesidades educativas especiais. Ademais, nesta segunda edicin, o taller suma tamén ao alumnado sénior integrante do Coro do Campus, que dirixe o propio Lucato. “Desta maneira temos a participantes de diferentes idades, que poden traballar xuntos co único fin de contribur educacin destes nenos e nenas”, salienta Lucato, quen destaca a importancia “de que non esquezamos que nesta facultade preparamos mestres e é importante que poidan ter experiencias como estas”.
Nesa mesma lia, Villaverde, pon de relevo a importancia de impulsar “alternativas de formacin como esta” que permitan ao alumnado universitario “pr en prctica dinmicas de traballo, estratexias e recursos que favorezan a inclusin real de nenos e nenas en aulas ordinarias”. A coordinadora de Down Pontevedra Xuntos subliou nese senso que “é de vital importancia crear sinerxas para que os futuros profesionais da educacin conten con ferramentas axeitadas que lles axuden a ofrecer unha resposta pedagxica adaptada a cada alumno e alumna, respectando os ritmos de aprendizaxe de cada un, co fin de atender con eficacia a un alumnado heteroxéneo”.
