O catedrtico Rafael Valejo coordinou unha publicacin que recolle 313 obras
A totalidade da obra realizada por Maside en Combarro reúnese nun catlogo
O Museo acolle tamén o vindeiro luns o Concertos das Letras Galegas do alumnado sénior
Un total de 313 pinturas, debuxos e bosquexos, que Carlos Maside realizou en Combarro durante a estada de tres meses que levou a cabo en 1952 nesta vila marieira reúnense por primeira vez no catlogo da exposicin Carlos Maside en Combarro, 1952, que desde comezos de maio pode verse no Museo de Pontevedra. Coordinado polo catedrtico de Historia e Institucins Econmicas da 鶹 Rafael Vallejo, comisario xunto a Mara Esther Rodrguez, da exposicin que presenta mis dun cento destas obras, o catlogo complétase as mesmo con tres estudos “que permiten entender esa obra e ao artista na súa traxectoria vital e artstica”, como explicou Vallejo na presentacin desta publicacin.
O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, acompaaron a Vallejo e Rodrguez Losada na presentacin dunha publicacin que, como salientou Leal, “non é un catlogo ao uso, senn dunha ampliacin do que podemos ver na sala expositiva”, ao compilar por primeira vez a totalidade das obras realizadas en Combarro polo artista entre agosto e outubro de 1952. “Supn a primeira oportunidade de ter un volume tan grande de obra sintetizada, polo que seguro que se converter nun referente inescusable para o estudo da obra de Carlos Maside”, engadiu Rey.
Un catlogo que traza un percorrido por Combarro
Os estudos Al fun feliz. Maside en Combarro en 1952, de Rafael Vallejo; Maside, Combarro e a representacin de Galicia, da historiadora Mara Esther Rodrguez; e O Combarro de 1952, de Vallejo e o historiador Andrés Dacosta, contextualizan neste catlogo a presentacin de “toda a obra que o pintor fixo en Combarro”, como explicou o seu coordinador. Articulada en dous grandes apartados, que reúnen 210 debuxos e bosquexos e 103 pinturas, respectivamente, a publicacin articulouse por unha banda seguindo un “criterio didctico”, de tal xeito que a obra preséntase “organizada polas paisaxes de Combarro, os seus lugares e espazos”, seguindo un “percorrido fsico literal” pola vila de leste a oeste. En segundo termo, o catlogo reúne tamén os diferentes retratos que Maside realizou das xentes de Combarro e as obras nas que representaba “os seus traballos e os seus quefaceres”, que, ao igual que os lugares, na publicacin recllense de tal xeito “que os motivos prximos por temtica van xuntos”, agrupando as diferentes representacins dunha mesma persoa ou motivo.
“Maside representa en Combarro os espazos e as xentes que apreciaba, a Galicia coa que est identificada”, concluu Vallejo dun conxunto que obras que, coa excepcin dun cadro, non foran expostas en vida do artista e que “Maside valoraba”, como demostra unha carta que o artista envou en 1956 a Luis Seoane, explicou. Nese mesmo senso, a bigrafa do pintor Rodrguez Losada salientou como “impensable” que, en 1952, cando Maside “era un represaliado poltico e un home que padeca unha enfermidade crnica”, pero tamén unha persoa “cuns principios inquebrantables”, dese forma a “algo tan definitivo e tan abraiante”.
Nova cita coa balada galega
Ademais de acoller a exposicin de Carlos Maside, o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra ser o vindeiro martes do Concerto das Letras Galegas que promove a asociacin de alumnado e ex-alumnos sénior do campus Asaexs. A cita que, coa colaboracin da Vicerreitora do campus, Museo e Deputacin, esta asociacin promove por segundo ano consecutivo ter de novo como eixo o xénero da balada ou zarzuela galega. “Trtase dun xénero quizais non moi coecido e a verdade é que o ano pasado resultou moi interesante, polo que a idea era repetilo”, sinala José Mara Fernndez, presidente de Asaexs, dunha iniciativa impulsada pola soprano e alumna do Programa para Maiores da Universidade Loli Crespo.
Esta soprano lrica, que cursou estudos no CMUS de Vigo e que actuou ao longo da súa traxectoria con formacins como a Real Filharmona de Galicia, a Orquestra Nacional Portuguesa ou a Orquestra de Cmara de Galicia, ser a encargada de pr voz a un recital no que estar acompaada ao piano por Rosa Biveiniene, formada na Academia Nacional de ú e Teatro de Vilnius (Lituania) e profesora do Conservatorio Superior de ú e de Vigo, e frauta traveseira polo tamén docente neste centro e colaborador habitual da Orquestra Sinfnica de Galicia Fernando Raa. Conxuntamente, interpretarn, nun concerto programado para as 20.00 horas, con entrada libre ata completar aforo, un repertorio conformado, entre outras pezas, por baladas que musican poemas de Rosala de Castro e Curros Enrquez, pola zarzuela galega A lenda de Montelongo, de Bernardo del Ro, as como por unha serie de pezas procedentes de peras de Puccini, Bizet ou Verdi e de zarzuelas de Sorozabal, Chap ou Barbieri. O recital verase complementado as mesmo coa intervencin do profesor e musiclogo Javier Jurado, titulado superior en ú polo Conservatorio de Vigo e doutor pola Universidade da Corua cunha tese dedicada zarzuela galega.
