DUVI

Diario da 鶹

Mara Vitoria Carrera analiza os discursos e prcticas de outredade en Secundaria

Unha tese afonda en como a socializacin heteronormativa contribúe ao acoso escolar

O alumnado masculino e luso é o que acada resultados mis negativos

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • پܱ
  • Igualdade
  • Աپ
DUVI Ourense 23/05/2019

A escola, comenta a investigadora Mara Vitoria Carrera, “é un axente de socializacin que contribúe construcin da identidade sexual e cultural, a través dunha socializacin heteronormativa e etnocentrista, reproducindo os coecementos, valores e intereses dos grupos hexemnicos”. Na súa segunda tese de doutoramento, a profesora da Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense identifica un “clara e estreita relacin” entre esta socializacin e as prcticas de outredade, de non recoecemento do outro, e de acoso escolar ou bullying.

Do factor individual ao social

A tese, titulada Discursos e prcticas de outredade en alumnado galego e portugués de Secundaria: achegas dunha pedagoxa crtica e queer, foi presentada este curso académico baixo a direccin do profesor Xosé Manuel Cid. Nela analiza estes discursos e prcticas en relacin s identidades sexuais e culturais das e dos adolescentes e identifica e profunda nas achegas dunha pedagoxa crtica e queer para a mellora da convivencia escolar. Segundo explica Mara Vitoria Carrera, a escola constitúe “un espazo interrelacional no que o alumnado desprega toda unha serie de discursos e prcticas de violencia ou outredade, alimentadas polo estereotipo e o prexuzo, que permiten reafirmar a súa identidade e delimitar as fronteiras entre o eu e os outros/outras”. Estes discursos e prcticas, comenta, foron estudados tradicionalmente desde unha perspectiva de investigacin psicolxica “excesivamente centrada nos factores individuais das vtimas e agresores ou agresoras, desatendendo as influencias do contexto sociocultural heteronormativo e etnocentrista mis amplo, que podera estar modulando e dando forma a esta problemtica” e que centran o seu traballo.

Neste contexto, a tese de Mara Vitoria Carrera é un compendio de artigos froito de tres proxectos de investigacin diferentes nos que se empregaron metodoloxas de tipo cuantitativo e cualitativo, sendo o estudo mis amplo unha anlise das relacins entre iguais en adolescentes de Secundaria no que participaron 2410 alumnos e alumnas, o 58,3% das catro provincias galegas e o 41,7% do distrito luso de Braga.

Os resultados

“Os resultados derivados das investigacins poen de relevo que, en relacin aos discursos de outredade, os mozos, en comparacin coas mozas, e o alumnado portugués, fronte aos seus iguais galegos, adoptan discursos significativamente mis negativos cara s mulleres, as como cara diversidade sexual e cultural”, comenta Mara Victoria Carrera. Asemade, engade a profesora, eses mesmos grupos amsanse mis favorables ao fenmeno do acoso escolar, excepto no apoio ao defensor ou defensora da vtima, que é maior no alumnado portugués que no galego.

Polo que respecta s prcticas de outredade, os resultados, indica a investigadora, visibilizan o carcter central das variables heteronormativas e etnocéntricas para comprender e previr os fenmenos de acoso escolar e de victimizacin secundaria das vtimas de acoso. En canto s relacins de correlacin e interdependencia entre as variables que configuran a matriz heteronormativa e etnocéntrica, e entre estas e as prcticas de outredade, as anlises feitas, engade Mara Vitoria Carrera, “apuntan a unha clara e estreita relacin” as como súa vinculacin coas prcticas de outredade exercidas contra as e os adolescentes que transgreden a norma de xénero ou que pertencen a grupos étnicos minoritarios e, de forma mis xeral, cos malos tratos entre iguais ou bullying, “operando conxuntamente como unha matriz de odio e violencia”. Do mesmo xeito, engade Carrera, as investigacins feitas “alertan sobre o risco de que a categora de bullying estea a silenciar a crúa realidade do racismo, o sexismo e o rexeitamento diversidade sexual na aula, ao invisibilizar as motivacins que subxacen a estas prcticas”.

Por unha prctica educativa 'transgresora e crtica'

Segundo explica a investigadora do campus de Ourense, “os resultados deste traballo alertan da necesidade urxente de transformar a prctica educativa, que debe orientarse necesariamente a unha pedagoxa antiopresiva, intercultural, crtica e queer, afastada dos modelos asimilacionistas que engolen valores/tradicins doutros grupos aos que se considera inferiores e que se contextualiza no marco filosfico da Teora Queer”. Esta prctica educativa, detalla, non se orienta a fomentar que os grupos hexemnicos (o eu/ns que constitúe o centro) toleren aos outros e outras (‘as marxes’), “senn a desdebuxar as fronteiras que nos separan artificialmente, transformando a aula nun espazo que favoreza o cambio social”. Este cambio, sublia Mara Vitoria Carrera, “s pode ser alcanzado a través dunha prctica educativa transgresora e crtica coas estruturas autoritarias da escola, que cuestione a heterosexualidade normativa e o etnocentrismo e que interrogue seriamente as categoras sexo-xénero-etnia-orientacin sexual, mis al das dicotomas, valorando outras posibilidades de ser e de situarse como ser humano”.