DUVI

Diario da 鶹

Soledad Penalta doa unha obra súa con este ttulo ao campus

Siluetas de cinza tentan abandonar o crculo

No peche da súa mostra na Sala Alterarte 'Utopa ou distopa'

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 11/04/2019

Cada artista que expn na Sala Alterarte do campus de Ourense ao remate da mostra doa institucin académica unha das pezas que formou parte dela. A artista que protagonizou a última das exposicins, Soledad Penalta, membro da Real Academia de Belas Artes de Galicia, entregou este xoves a súa peza, titulada Siluetas de cinza tentan abandonar o crculo, coa particularidade de que foi feita especificamente pola artista para a ocasin.

No acto de entrega, Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, quixo agradecer artista “non s o bonita que foi a exposicin senn tamén que dedicou o seu tempo a facer unha obra nova para cedérnola”. Segundo explicou Soledad Penalta, as pezas de Utopa ou distopa, a mostra que expuxo en Alterarte desde o 8 de febreiro ata este xoves e da que foi comisario o crtico e historiador da arte Xabier Limia de Gardn, “eran parte dunha idea, dun todo, que non se poda rachar quitando unha das obras” polo que decidiu facer unha escultura especificamente para entregar ao campus. Nela, apuntou, “reflexiono sobre a idea do ser, do home, sobre o intento de acadar as metas, a utopa … e a dificultade para facelo”.

A obra, comentou a creadora, est na mesma lia que a mostra que estivo na Sala Alterarte xa que, recalcou, “sempre traballo sobre o mesmo, a mia filosofa, a mia forma de vida e toda a mia obra xira arredor do ser humano, do seu comportamento, a súa proxeccin, o porqué estamos aqu”. Moi satisfeita co feito de que a súa obra pase a formar parte do patrimonio da Universidade, Soledad Penalta amosou o seu desexo de que a comunidade universitaria poida a partir de agora ver Siluetas de cinza tentan abandonar o crculo nalgún dos edificios do campus.