Pode visitarse no pavilln I do campus ata o 24 de xullo
A Sala Alterarte pecha a súa programacin deste curso cunha mostra do artista Xosé Poldras
A exposicin recolle gravados deste creador pero tamén outro tipo de pezas
Baixo o ttulo ...mia prenda, desde este xoves e ata o 24 de xullo, a Sala Alterarte acolle unha exposicin do artista Xosé Poldras comisariada por Marta Garca. Con ela pecharase a programacin deste curso académico do espazo expositivo do campus de Ourense. A mostra recolle principalmente gravados deste creador pero tamén d entrada a outro tipo de pezas súas.
O ttulo da mostra parte da expresin “mia prenda” que lle dica ao artista a súa avoa Adelaida. Segundo explica a comisaria na súa folla de sala, nesta mostra “o artista volve a mirada sobre o seu propio percorrido, para recoecerse no camio andado e abrirse ao que anda est por chegar”. É, sinala Marta Garca, “a primeira mostra na que Xosé Poldras, dunha forma consciente e valente, tmase a si mesmo como referencia. Un leve pero decisivo xiro na súa posicin subxectiva, onde a mirada deixa de situarse fra para recoecerse dentro, como parte do caudal que a conforma”.
No percorrido pola Sala Alterarte poden verse obras do artista como Os buratos do ceo, “que preséntase como unha travesa que acontece no tempo e no espazo, e convida a percorrela”; un “remuo de gravados” en Especulando; e a Rosa dos alentos, na que “Xosé Poldras tmase as mesmo como territorio de referencia” e na que “a memoria ofrécese como unha dispersin de pegadas dos lugares habitados”. Non falta algunha pintura, como O salgueiro; algunha escultura, como A promesa, unha “figura de barro, entre o humano e o animal, mxico ou mitolxico”, e ata algún caderno persoal de debuxo.
Doutor en Belas Artes pola 鶹, bolsa Erasmus de doutoramento en s`Hertogembosch e Maastrich, e licenciado pola Universidad de Salamanca, Xosé Poldras conta con diferentes galardns, como 2º Premio Internacional no III Certame de Gravado Dinasta Vivanco, e unha dilatada traxectoria expositiva tanto individual, como a súa última retrospectiva no Pazo da Deputacin de Ourense Aquel ro, como colectiva. Con obra en diferentes coleccins de artes plsticas, como a Biblioteca Nacional de Espaa, o artista conta cunha ampla experiencia tamén na realizacin de obradoiros que abranguen desde o debuxo e o gravado ata a poesa visual.
