Un libro do profesor Alberto Ruiz de Samaniego afonda na obra do director e poeta italiano
Pasolini baixo o sol do deserto
O volume reflexiona sobre a influencia da pintura na súa linguaxe cinematogrfica
“A súa achega estética, como poeta e como director de cine, é extraordinaria e moi singular, non ten nada que ver con case nada do seu tempo nin do de agora”. Deste xeito sublia o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego a relevancia do cineasta, poeta e ensasta italiano Pier Paolo Pasolini (1922-1975), cuxa obra e traxectoria é analizada por este investigador, crtico e comisario no libro El lugar era el desierto. Publicado pola editorial Shangrila, o volume reúne tres ensaios nos que Ruiz de Samaniego reflexiona sobre a influencia da pintura na súa linguaxe flmica, sobre a súa “poética cinematogrfica” e sobre “a alegora de carcter teolxico-poltico” que trazou no filme Teorema.
“Pasolini é unha das figuras mis importantes dos últimos 50 anos”, defende o profesor de Estética, que reuniu neste volume tres textos independentes, pero que “comparten a mesma atmosfera”, vinculada con esa idea do deserto reflectida no ttulo do libro. Idea coa que Ruiz de Samaniego fai referencia a un tipo de iluminacin caracterstica do seu cinema, que o propio director se refera como “sol exipcio”. Asemade, esa idea do deserto alude tamén, dun xeito metafrico, a “unha proba extrema de habitar, que convoca toda a sensacin de soidade, a sensacin de camiar polo deserto” dun “poeta que se amosa a si mesmo a través dos seus materiais” e que "foi visto moitas veces como un home intempestivo”. A pesares diso, lembra o investigador, “Pasolini observa xa nos anos 60 procesos de transformacin brutais nos modelos de sociedade que se farn evidentes 30 anos mis tarde”.
Do bosquexo cinematogrfico aos planos pictricos
Con prologo do investigador e cineasta José Manuel Mourio e completado polas ilustracins que para cada un dos textos realizou o artista valenciano Miguel Borrego, o volume brese con El sueo de un film, un ensaio no que Ruiz de Samaniego analiza a estética cinematogrfica de Pasolini a partires dos chamados “apuntes cinematogrficos” do autor italiano. Nesta serie de pezas reúnense tanto gravacins de viaxes, como imaxes “apropiadas” de telexornais ou mesmo materiais “para un filme futuro que nunca se chega a facer”, que o propio cineasta vai comentando, exercendo como narrador dunhas pezas que “cuestionan o concepto de obra pechada, unitaria” e supoen “a creacin en certa medida dun novo xénero, que é o bosquexo cinematogrfico”.
Nun segundo ensaio, Ruiz de Samaniego pon en relacin o filme e o libro Teorema cos acontecementos de maio de 1968, ano no que se estreou unha longametraxe “na que aparece referenciada dunha maneira moi clara todo o ambiente estudantil e rebelde, cunha visin bastante crtica”. O docente e escritor reflexiona neste ensaio respecto da “alegora de carcter terico-poltico” que Pasolini presenta nun filme que amosa as “perturbacins” que a chegada dun estrao, “dun ente anxélico”, produce nunha familia da alta burguesa milanesa.
O volume péchase con Como si el objetivo se moviese sobre un cuadro. La Pasin pictrica de Pasolini, un ensaio que afonda na súa relacin coa pintura. O cineasta, lembra Ruiz de Samaniego, “dixo en moitas ocasins que a súa verdadeira influencia, que a súa forma de entender a imaxe e o plano, via determinada polos retablos do Trecento do norte de Italia”. O texto afonda as mesmo na influencia que para Pasolini, que exerceu tamén como crtico, pintou e debuxou, supuxo ser alumno de Roberto Longhi, “o historiador e crtico de arte mis importante de Italia no século XX” e cuxa forma de impartir as clases “é fundamental para entender o estatuto da imaxe en Pasolini”. Nese senso, Ruiz de Samaniego sinala no texto a filmes como Acattone, a súa primeira longametraxe, para pr o acento como en moitas ocasins os seus planos “son moito mis pictricos que dinmicos” e como en diferentes ocasins pode observarse nestes “a influencia directa de obras de arte”.
