DUVI

Diario da 鶹

O músico Francisco Almodvar imparte un obradoiro de Extensin Universitaria sobre este instrumento

Once semanas para aprender a tocar o ukelele

A súa sinxeleza e economa, claves para o éxito do curso

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI 16/12/2019

O ukelele é un instrumento que se converteu nunha tendencia nos últimos anos, inclundose cada vez mis nos repertorios de diferentes músicos e artistas como Natalia Lafourcade, Julieta Venegas, Taylor Swift, Eddie Vedder ou Will.i.am. As súas orixes remntanse ao cavaquinho portugués, que foi levado a Hawai por inmigrantes lusos. Orixinalmente contaba con cinco cordas en lugar de catro e tocbase maioritariamente, ademais de en Hawai, en lugares como Tahit ou a illa de Pascua. Tal é a curiosidade que esperta este instrumento que a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria decidiu centrar nel un dos obradoiros do primeiro cuadrimestre. O curso, de once semanas de duracin, deu comezo o pasado 11 de outubro e est a ser impartido por Francisco Almodvar, músico profesional que se encargar da actividade ata o vindeiro 27 de decembro. O obradoiro conta coa participacin de nove persoas, dende xente nova ata xubilados e est dividido en dúas partes, unha terica e outra prctica, “anda que a meirande parte do tempo é unha aprendizaxe prctica, xa que o mis importante é que saiban tocar o instrumento”, explica o profesor Almodvar.

Un instrumento pequeno, sinxelo e accesible

A idea de pr en marcha este curso xorde, explica o músico, “dunha conversa con Alfonso Caride, coordinador dos obradoiros de Extensin Universitaria, na que falamos de ofrecer unha actividade diferente de guitarra, que eu mesmo impartira anos atrs e funcionara moi ben”. O obxectivo é ensinar un instrumento fcil de aprender, que estea de moda e ademais sexa “econmico e fcil de transportar”. Que o ukelele se tea convertido nunha tendencia, débese, como explica Almodvar,  “principalmente, ao seu pequeno tamao que o converte nunha ‘guitarra de peto’ cun prezo moi barato e accesible”. A isto únese o feito de que est soamente composto por catro cordas, polo que, segundo o docente do obradoiro, é unha boa opcin para iniciarse na prctica dos instrumentos de corda. 

O obradoiro superou as expectativas

A pesar de que a actividade estaba orientada a persoas sen coecementos previos ou cunha formacin inicial, algúns dos participantes xa contaban con “nocins musicais ao tocaren outros instrumentos, como a guitarra, o saxo ou o acorden”, sinala o profesor. Por este motivo, o docente recoece que a parte relacionada coa prctica dos ritmos e a lectura rtmica, resultoulle mis sinxela que uns que a outros. Con todo, e a falta de poucas sesins para o remate do taller, Almodvar fai un balance moi positivo da actividade recoecendo que “incluso superou as mias expectativas”. O músico explica que “o alumnado é moi aplicado e en cuestin de once semanas rematar o curso sabendo tocar o instrumento dunha maneira bastante competente, anda que sempre se necesita seguir aprendendo e practicando”.