DUVI

Diario da 鶹

A programacin de andainas péchase cun balance positivo da organizacin

Once rutas, 730 participantes, unha celebracin e moitas imaxes para o recordo

Entre os fitos deste curso estivo a conmemoracin do 20 aniversario desta iniciativa

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • ú
  • Deportes
DUVI Ourense 08/05/2019

A programacin de rutas culturais 2018/2019 da Área de Benestar, ú e Deporte da 鶹 pechouse esta fin de semana e hora de balance deste curso académico desde a organizacin salientan datos como as e os 730 participantes nas once andainas celebradas e momentos como a conmemoracin de dúas décadas de roteiros universitarios. “Cumprir este curso 20 anos foi un auténtico luxo. Que sexa por moitos anos mis”, apunta José Garca-Calvo, Willy, coordinador destas andainas desde o campus de Ourense.

Seguindo a media de anos anteriores, en total este curso académico celebrronse dez rutas culturais dun da e unha fin de semana de sendeirismo. Catro dos percorridos tiveron lugar na provincia de Ourense, tres na de Pontevedra, un en Lugo e un na Corua, celebrndose ademais dúas andainas por terras lusas. A media de participantes por roteiro, explica José Garca-Calvo, estivo en 70 persoas, un 40% membros da comunidade universitaria e un 60% persoas alleas a ela, sendo mis alta a porcentaxe de participacin de membros da comunidade universitaria entre as e os participantes procedentes dos campus de Vigo e Pontevedra. A participacin por xéneros estivo moi igualada, anda que foi levemente superior no caso das mulleres. Das 730 participacins contabilizadas desde a organizacin sinalan que arredor dun 30% son persoas que repiten en varias andainas, habendo un grupo fidelizado que realiza cada curso varios dos percorridos.

Do ro Paiva Costa da Morte

Sobre os roteiros realizados, José Garca Calvo indica que os que acadaron maior resposta de público foron en primeiro lugar o percorrido polas pasarelas do ro Paiva, en Portugal, no que participaron 160 persoas, e en segundo lugar o traxecto feito do Camio dos Faros, entre Laxe e Arou, con 85 persoas. Pondo o aceno en como cada percorrido tivo o seu interesante, entre as once rutas culturais realizadas desde a súa organizacin sinalan o atractivo que tivo por unha banda o percorrido realizado pola Ribeira Sacra, xusto antes da súa proclamacin como candidata a Patrimonio da Humanidade, e a andaina por Castro Leboreiro, en Portugal, “pola súa autenticidade”.

Ao longo dos meses, desde outubro de 2018 ata maio de 2019, as e os amantes das andainas puideron coa súa participacin nesta programacin achegarse ademais de ao ro Paiva e Costa da Morte a lugares como Baos de Molgas, Meis, Castro Caldelas, Nogueira de Ramun, Baixo Mio ou Fornelos. Como peche s rutas culturais 2018/2019, os das 4 e 5 de maio celebrouse unha fin de semana de sendeirismo e natureza que nesta ocasin foi na Reserva da Biosfera de Allariz, en Ourense. “Tivemos a sorte como os anos anteriores de que non tivemos ningunha incidencia nas andainas, nin unha soa mancadura, e de que a climatoloxa sempre nos respectou, non tendo que anular ningunha ruta”, comenta José Garca Calvo, que salienta o traballo feito por Xeitura no desenvolvemento dos roteiros.

Na programacin deste curso académico, hora de facer balance desde a organizacin fan unha especial lembranza s actividades organizadas co gallo dos 20 anos da posta en marcha das rutas culturais da 鶹, tanto na homenaxe feita s persoas e entidades que colaboraron e colaboran con elas como na reproducin da primeira andaina realizada. “A Universidade entendeu desde o principio que as rutas son unha actividade que deba potenciar e as o fixo desde a súa posta en marcha en 1999 ata o de agora e iso é para celebrar”, comenta José Garca Calvo.

Rematada a programacin de 2018/2019, desde a organizacin dos roteiros xa estn pensando na seleccin de andainas para o vindeiro curso académico, apostando unha vez mis por inclur propostas novas que leven s e aos participantes a coecer outros recunchos da xeografa galega e da súa contorna. Nun momento no que as rutas estn en auxe, o responsable das andainas universitarias sinala que se continuar apostando por “manter o esprito das rutas, do sendeirismo para gozar dun xeito auténtico da natureza e do noso patrimonio”.