DUVI

Diario da 鶹

Nela poden verse obras de docentes e egresados de Belas Artes

A mostra 'Afinidades Selectivas' volve a abrirse ao público na Casa Galega da Cultura

O prazo de exposicin amplase ata o 28 de xuo

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 03/06/2020

No camio cara a “nova normalidade” os museos e salas de exposicins comezan pouco a pouco a abrir de novo as súas portas ao público. Desde este martes xa é posible volver a ver na Casa Galega da Cultura a mostra Ideas verdes incoloras dormen furiosamente, a décimo primeira da serie expositiva Afinidades Selectivas, iniciativa na que docentes e estudantes da Facultade de Belas Artes da 鶹 crean obras xuntos. Inicialmente a mostra, comisariada por Chelo Matesanz, estaba previsto que estivera nesta sala do 6 de febreiro ata o 15 de marzo, momento no que se declarou a pandemia da COVID-19. Porén, as entidades implicadas na súa organizacin, a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria e o Concello de Vigo, acordaron ampliar o perodo de exposicin ao público ata o 28 de xuo. 

Once pezas, oito artistas

A mostra colle o seu nome dunha frase da obra Estruturas sintcticas do lingüista e filsofo estadounidense Noam Chomsky, que exemplifica unha estrutura gramaticalmente correcta pero sen significado aparente e coa que o autor norteamericano amosaba o seu interese pola gramtica, polas regras que constrúen oracins, independentemente do que significasen. “As obras que conforman a mostra, son todas obras de artistas que desenvolveron xa unha ampla traxectoria como tales, e que loxicamente utilizaron as ‘regras’, os procesos ao seu xeito, para construr significados diferentes e complexos”, explicaba Chelo Matesanz na inauguracin da exposicin. 

Once pezas de oito artistas integran Ideas verdes incoloras dormen furiosamente, onde conviven técnicas, materiais e disciplinas. A parella formada pola docente Teresa Pajares e a egresada Blanca Nieves Lourés presentan nela unha obra sen ttulo elaborada con papeis vexetais e pintura acrlica, no caso de Pajares, e as obras Autorretrato, Nudo de Alejandro e Columna, de Lourés. Pola súa banda, o profesor Juan Carlos Romn presenta Visin paranoico-crtica del presidente Mariano Rajoy como el velazqueo Conde Duque de Olivares, mentres que o egresado Ventura A. Pérez amosa a peza de cermica titulada 99 formas. O docente Jesús Pastor amosa a impresin sobre papel algodn Neither. Autor Morton Feldman (2010). Universal Edition Ltd, Plöchl. Freistadt. ISBN: 978-3-7024-6619-0, 2013 e a alumna Eva Quinteiro as obras Memoria e outra sen ttulo, elaborada con terra e races. Tamén se pode ver na exposicin Trompe-Soleil da docente Elena Lapea e Dibujar lo ms alto posible e Estampar las arrugas de la frente, do titulado Enrique Lista. “Cada docente elixe o seu partner e tamén o xeito de establecer ese dilogo. Nalgún momento, mentres se levaba a cabo a docencia (as e os alumnos son egresados), producase esa ‘Afinidade’, que non significa necesariamente unha asimilacin do expresado na aula, senn que hai un entendemento que est por riba da relacin de ensinar e aprender”, sinalaba a comisaria da mostra co gallo da súa apertura.

Horarios e condicins

A exposicin pode visitarse nos horarios de apertura ao público da Casa Galega da Cultura, que son de luns a venres de 18.00 h a 21.00 h; sbados de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h, e domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h. As condicins de acceso estn sometidas s establecidas nas ordes correspondentes, especialmente no que afectan  reapertura de museos e salas de exposicins e que abranguen, por exemplo, mantemento da distancia interpersoal, uso obrigatorio de mascarillas, reducin de aforo a un terzo, novos circutos de circulacin e especial proteccin ao persoal traballador nos centros, entre outros aspectos.