DUVI

Diario da 鶹

Despois dunha semana de competicin no pavilln de deportes do campus

Marius Manolache gaa un disputado VI Torneo Internacional de Xadrez

O certame decidiuse na última ronda

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Premios
  • Deportes
DUVI Ourense 08/07/2019

Marius Manolache, xogador do equipo Medicina Timisoara, de Romana, proclamouse este domingo campin do VI Torneo Internacional de Xadrez, organizado do 1 ao 7 de xullo no pavilln de deportes do campus de Ourense polo Club Xadrez Ourensn Universitario e a Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹. A cita contou coa participacin de arredor de 70 xogadores e xogadoras de oito nacionalidades, entre eles 14 mestres.

A competicin, que tivo a colaboracin do Concello, a Deputacin e a Delegacin de Deportes da Xunta en Ourense, entregou o domingo os seus premios, cunha dotacin total de 6000 euros. Se o primeiro premio, dotado con 1200 euros e trofeo, foi para Marius Manolache, o segundo, dotado con 900 euros e trofeo, correspondeu a Arin Gonzlez, xogador de orixe cubana actualmente estudante da 鶹 e membro do equipo Liceo Ourensn. O terceiro premio, con 600 euros e trofeo, foi para Karen H. Grigoryan, de Armenia. En total entregronse 23 galardns en diferentes categoras.

Coa entrega de premios celebrada o domingo rematou unha edicin que desde o a súa organizacin destacan “o alto nivel de xogo” que se puido ver nos taboleiros. As, apuntan, ata a penúltima ronda os tres xogadores que acadaron o podio estiveron igualados a puntos, desempatando na última ronda. “Houbo emocin e calidade de xogo ata o final”, destaca Lino Hermida, director do torneo. A competicin foi vlida para Normas Internacionais de Xadrez, Elo Fide e Elo Feda e disputouse polo sistema suzo de nove rondas.