DUVI

Diario da 鶹

A docente da 鶹 ofreceu un relatorio no James Joyce Centre da capital irlandesa 

A investigadora Teresa Caneda achega ao público dublinés unha perspectiva descoecida de Joyce 

No transcurso dunha estada na University College Dublin 

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • پܱ
  • Internacional
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra DUVI 27/06/2019

De “soo cumprido e grande honra” cualifica a docente e investigadora do Departamento de Filoloxa Inglesa, Francesa e Alem da 鶹 a conferencia que recentemente ofreceu no James Centre de Dubln, un centro de referencia para investigadoras e investigadores de todo o mundo polos relatorios e actividades que al se celebran arredor da figura de Joyce, “e un lugar emblemtico para quen peregrina a Dubln buscando coecer mis sobre o autor irlandés e a súa obra”, explica Caneda. No seu relatorio, a investigadora da 鶹 elixiu a recepcin do Retrato do artista adolescente na Cuba revolucionaria, un tema no que traballa desde hai anos, desde unha perspectiva transdisciplinar que explora a traducin cubana no contexto poltico da revolucin e súa dimensin intelectual. “Os intelectuais cubanos leron a Joyce como un artista revolucionario e foron os primeiros en entendelo desde unha perspectiva poscolonial. Eu quixen ofrecer ao público, fundamentalmente dublinés, unha perspectiva orixinal e descoecida en Irlanda”, explica Caneda, que destaca a presenza entre o público asistente do intelectual Manus O’Riordan, fillo do fundador do partido comunista irlandés que participou coas brigadas internacionais na guerra civil espaola.

A docente e investigadora da 鶹 acaba de rematar unha estada de sete meses como profesora asociada visitante no Department of English, Drama and Film da University College Dublin ,“un dos mis dinmicos de Irlanda, que concentra o maior número de investigadores no campo especfico de estudos irlandeses e de escritoras e escritores destacados no panorama literario irlandés, como Emile Pine; a xornalista e escritora Sinéad Gleeson; a emblemtica novelista Anne Enright e o dramaturgo Frank McGuiness”. Caneda, que coordina o proxecto Intruths: Prcticas culturais do silencio na ficcin irlandesa contempornea, destaca, neste sentido, que a eleccin da University College Dublin tamén se debeu posibilidade de acceder aos seus fondos dixitalizados do Industrial Memories Project, ”que exploran os abusos a menores no seo das institucins eclesisticas irlandesas entre 1936 e 1999, a través dunha anlise pormenorizada do Informe Ryan. Varias das novelas que estuda o noso proxecto abordan o tema dos abusos que foron sistematicamente silenciados nas institucins rexentadas por ordes relixiosas catlicas”, explica.

O Ulises escoitouse por primeira vez en galego en Sweny 

Desde que abrira as súas portas en 1850, a antiga farmacia Sweny, agora reconvertida nun lugar de culto para joyceanos e visitantes curiosos, sumou recentemente ao galego as súa longa nmina de linguas do mundo nas que se ofrecen lecturas das obras do escritor irlandés. Foi a propia Caneda, acompaada polo tamén docente do Departamento de Estatstica e Աپ Operativa da 鶹 Juan Carlos Pardo, a encargada de dar lectura en galego a fragmentos do Ulises no local que aparece nun dos captulos desta obra de Joyce. “Foi unha experiencia especial polo seu simbolismo. Diante dun grupo de visitantes norteamericanos tiven oportunidade de explicar a relevancia do momento ao comentarlles que os intelectuais galegos da Xeracin Ns invocaron o Ulises como a novela dun ‘celta universal’ e louvaron a súa orixinalidade e modernidade”, explica Caneda sobre a súa intervencin en Sweny, onde tamén fixo entrega, como doazn persoal, dun exemplar do Ulises en galego.