DUVI

Diario da 鶹

O campus acolleu unhas xornadas centradas nos traballos fin de grao deste eido

A investigacin en enfermara colle impulso nas aulas

Contou coa presentacin de 17 estudos e a asistencia de 250 persoas

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • پܱ
  • ú
  • Աپ
Rosa Tedn DUVI Ourense 14/03/2019

A Escola Universitaria de Enfermara do campus de Ourense celebrou este xoves no edificio Politécnico a II Xornada de Աپ Pregrao de Enfermara e I Xornada de Աپ Pregrao de Enfermara Galega. A cita, que asistiron 250 estudantes e profesionais deste eido, permitiu a 17 egresadas, principalmente deste centro pero tamén doutras escolas universitarias de enfermara de Galicia, presentar os seus traballos fin de grao. Os premios mellor comunicacin e mellor pster recaeron en estudos sobre o estrés postraumtico en violencia de xénero e sobre os hbitos saudables nos nenos dun equipo de fútbol sala.  

Na inauguracin da actividade Milagros Fernndez, directora da Escola Universitaria de Enfermara de Ourense, salientou como o obxectivo desta iniciativa “é darlle visibilidade aos traballos fin de grao do alumnado que xa est egresado”. A xornada, indicou, sérvelle s participantes para enriquecer o seu curriculum e ao alumnado asistente para perderlle medo realizacin do traballo fin de grao. Milagros Fernndez recalcou a implicacin nesta iniciativa de alumnado egresado e profesorado do centro e o compromiso desta escola “coa promocin do labor investigador, que contribúe dunha maneira inequvoca promocin e ao avance do coecemento cientfico”. “A enfermara enfrntanse a novos retos e retos moi importantes polo que fomentar a inquedanza e o esprito crtico nos futuros profesionais hoxe faise imprescindible”, dixo. “É o noso desexo que este encontro e as futuras edicins do mesmo se convertan nun foro de intercambio de ideas e de experiencias de escolas e facultades de Galicia”, comentou a responsable académica.

Pola súa banda, Concepcin Pérez, delegada da 鶹 na Escola Universitaria de Enfermara de Ourense, destacou a importancia tanto da enfermara como da investigacin, elementos que conflúen nesta actividade. “Estas xornadas permiten visibilizar a importancia da enfermara e da investigacin na sociedade”, afirmou. Do mesmo xeito, Julio Garca, xerente de Xestin Integrada de Ourense, Vern e O Barco de Valdeorras, recalcou o feito de que con esta iniciativa en Ourense “temos tres xornadas no mbito da investigacin en enfermara” cada ano “cousa que non ocorre noutras reas sanitarias”, dixo ao público asistente. A conferencia inaugural correu a cargo de Isidoro Rodrguez, presidente da Academia de Enfermara de Galicia, que falou durante a súa intervencin das sociedades cientficas e a enfermara recalcando como hai cada vez unha maior conciencia de que en enfermara se realiza un labor cientfico e de que constitúe un campo propio dentro das ciencias da saúde.

Do estrés postraumtico aos hbitos saudables

A sesin contou cun amplo panel de comunicacins na que se presentaron traballos sobre vivencias e sentimentos do coidador principal do paciente con Alzhéimer, a flebite no posoperatorio en pacientes de cirurxa xeral e a incidencia e impacto da mucosite oral en pacientes sometidos a tratamentos quimioterpicos e/ou radioterpicos. A prevalencia de hbitos txicos en alumnado da ESO e Bacharelato do IES Lagoa de Antela, a opinin dos pacientes sobre o persoal sanitario con tatuaxes ou os hbitos de vida saudables e uso de mbil e Internet en estudantes universitarios foron outros dos temas abordados nas comunicacins orais.

Dous foron os traballos fin de grao distinguidos nestas xornadas. O premio mellor comunicacin oral foi para Irea Gonzlez, polo seu estudo sobre estrés postraumtico en violencia de xénero. Segundo explicou esta egresada da Escola Universitaria de Enfermara de Vigo no seu traballo abordou a evolucin da violencia de xénero e os diferentes conceptos e despois de analizar e comparar 25 artigos sobre a temtica do estudo “conclumos que o estrés postraumtico se relaciona coa violencia de xénero, est presente anda anos despois do maltrato e ten consecuencias moi graves na saúde tanto mental como fsica como social das mulleres”. Sobre a eleccin desta temtica para o seu traballo fin de grao apuntou como “sobran os motivos para entrar neste tema que en realidade non est para nada investigado e se necesita seguir gaando terreo neste mbito”. As, indicou, “atopmonos con moitas barreiras hora de investigalo, sexa por terminoloxa, polas carencias de bibliografa ou porque o tipo de estudos que se realizan non son o mis apropiados para este tipo de casos”.

O premio mellor comunicacin de pster foi para Sandra Surez polo seu traballo sobre estilo de vida de nenos sans na escola de deportiva de fútbol sala do Concello de Coles. Nel, apuntou, estudou o nivel de exercicio fsico e a adherencia dieta mediterrnea de 30 nenos dunha media de 9 anos conclundo que “a adherencia dieta mediterrnea foi boa maioritariamente e o nivel de actividade fsica foi moderado tamén maioritariamente”. Tendo en conta que “agardabamos obter uns resultados mellores aos obtidos”, apuntou a importancia de “instrur aos nenos para mellorar os dous parmetros” e a necesidade de que os bos hbitos en relacin co deporte e a alimentacin “se tean en conta no da a da”.

Outros dos traballos presentados oralmente nas xornadas foron o de Miriam Lamas, sobre a valoracin da frecuencia dos coidados da ferida cirúrxica, analizando se os coidados deben facerse antes ou despois das 72 horas estipuladas. Froito do estudo realizado afirmou como “é mellor deixar a ferida se non hai ningunha causa xustificada, como que o paciente tea dor ou o apsito manchado”. Tamén presentou oralmente o seu traballo Sofa Cid, sobre a percepcin do alumnado de Enfermara da prescricin enfermeira. Trtase, afirmou, “dun tema de actualidade, controvertido, un tema no que a lexislacin non nos ampara e queriamos coecer se o alumnado saba realmente a situacin na que nos atopamos en Espaa sobre este tema”. Os resultados, indicou, apuntan a que “cremos que debido xustamente a ese baleiro legal non existe un temario como tal na nosa titulacin e por iso hai un gran descoecemento sobre a prescricin enfermeira e todo o que ten que ver con ela”.