DUVI

Diario da 鶹

As actividades desenvolveranse os das 29 e 30 de maio

As escolas deportivas pechan o curso con sesins especiais de zumba e 'cicling'

Poden apuntarse de balde todas as persoas interesadas

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • ú
  • Deportes
DUVI Ourense 27/05/2019

As escolas deportivas que ao longo deste curso académico se desenvolveron no campus de Ourense no marco da programacin organizada pola Área de Benestar, ú e Deporte chegan este mes ao seu remate. Como peche, este mércores e xoves celebraranse sesins especiais de zumba e bicicleta esttica de balde e abertas a todas as persoas interesadas.

“Estas actividades son o colofn a todo un curso de escolas deportivas desenvolvidas para a comunidade universitaria do campus”, explica Rodrigo Alberte Pivida, responsable no campus de Ourense da Área de Benestar, ú e Deporte da 鶹. “Con elas pecharemos unha programacin que este curso funcionou moi ben, xa que se consolidaron as escolas deportivas que viamos facendo, sobresando a boa acollida dalgunhas como a de zumba, a de adestramento personalizado en grupos e o programas destinado muller con actividades de defensa persoal, benestar integral e ioga”, comenta Rodrigo Alberte, que tamén pon o aceno no “bo funcionamento da sala de musculacin”.

Esta programacin de peche, que se desenvolver no interior ou exterior do Pavilln de Deportes do campus segundo as condicins climticas, inclúe o mércores 29 de maio, s 20.00 h, unha masterclass de zumba e o xoves 30 de maio, mesma hora, unha masterclass de bicicleta esttica (cycling), habendo dispoibles neste último caso 68 bicicletas. As dúas actividades contan coa colaboracin na súa organizacin de Aqa Ourense, podendo as persoas interesadas apuntarse tanto neste centro como no Pavilln de Deportes do campus.

Acceso de balde s instalacins deportivas

Ademais destas sesins especiais, ata o 31 de maio a comunidade universitaria pode probar de balde as vantaxes do abono Muver, que proporciona acceso libre e individual s instalacins e s actividades deportivas da Área de Benestar, ú e Deporte. Esta proposta esténdese aos tres campus da 鶹 no horario de apertura tanto das salas cardio-fitness, como das salas de tenis de mesa, as pistas de atletismo e as pistas de tenis.