Despois de gaar esta fin de semana a Silverstorm El Salvador Emerging
O equipo de rugby do campus sitúase terceiro do seu grupo
170 persoas participaron o sbado na ruta polos Passadiços do Paiva
Entre a actividade deportiva protagonizada polos equipos do campus de Ourense destaca esta fin de semana a vitoria do Campus Universitario Ourense Rugby Club, que tras gaar ao Silverstorm El Salvador Emerging sitúase no terceiro posto do seu grupo. Tamén sobresae a cifra das 170 persoas que participaron o sbado na ruta cultural celebrada polos Passadiços do Paiva, en Portugal.
Buscando un posto para o ascenso en rugby
As instalacins deportivas do campus de Ourense acolleron o sbado o encontro entre o Campus Universitario Ourense Rugby Club e o Silverstorm El Salvador Emerging na xornada 21 de liga. Os ourensns gaaron 38-18 ao equipo de Valladolid, situndose as no terceiro posto do grupo A da divisin de honra B do rugby estatal, con opcins para xogar os play-off de ascenso. Polo que respecta categora feminina do club de rugby ourensn, o equipo Muralla Campus Ourense perdeu 0-93 fronte a Autoconsa El Salvador no partido polo ascenso disputado en Lugo.
Cara e cruz en baloncesto
En baloncesto, as xogadoras do campus gaaron o sbado na casa 66-49 ao Baxi Ferrol, manténdose no segundo posto da primeira divisin autonmica feminina empatadas a partidos gaados e perdidos co primeiro clasificado, o Arxil Mafari Café. A categora masculina do Universitario Campus de Ourense recibiu tamén o sbado a Obradoiro Silleda, perdendo o encontro por un marcador final de 62-69. Con este resultado mantéense no segundo posto da segunda fase (A1) da liga regular na primeira divisin masculina, por detrs precisamente do Obradoiro Silleda.
Unha derrota e un empate en xadrez
Polo que respecta ao xadrez, os equipos do Universitario de Ourense disputaron esta fin de semana a sétima xornada da liga galega. Na primeira divisin, o Universitario de Ourense A xogou en Mondariz contra o Club Xadrez Marcote, cun resultado final de 3-1, con tboas de Manuel Álvarez e Lino Hermida e derrotas de César Pérez e Julio César Pérez. Na segunda divisin o representante do campus acadou un empate fronte a Xadrez Forte no seu desprazamento a Monforte de Lemos, con vitoria de Miguel Reza, tboas de José Antonio Álvarez e José Jaime Gonzlez-Viso e derrota de Mateo Dibuja.
Terceiro posto en natacin
O domingo celebrouse na piscina Carballo Calero de Carballo o Campionato Galego Mster de Fondo, obtendo o Club Natacin Escualos Campus da Auga 94 puntos e o terceiro posto na clasificacin final do certame, no que participaron 22 clubes galegos e que gaou o Club Natacin Ras Baixas. O equipo do campus que asistiu ao campionato estaba formado por dez nadadores, acadando case todos eles e elas medalla, destacando Jesús Carlos Quintas Barros, que mellorou o récord galego de 1500 metros na categora +45.
Novena ruta cultural
O sbado, a programacin de rutas culturais do curso 2018/2019, organizada pola Área de Benestar, ú e Deporte da 鶹, volveu de novo a Portugal para percorrer os Passadiços do Paiva, en Arouca, formados por arredor de nove quilmetros de pasarelas sobre o ro e lugar referente do sendeirismo en Portugal. A inscricin nesta andaina foi a mis alta contabilizada ata o de agora nestes roteiros culturais, con 170 inscritos e inscritas procedentes dos tres campus da 鶹.
