DUVI

Diario da 鶹

A FFT acolleu este martes unha palestra informativa sobre a folga mundial do 27 de setembro

A comunidade universitaria súmase s accins do Movemento Galego polo Clima

Ao finalizar o acto leuse tamén un chamamento defensa das Humanidades asinado por 16 docentes

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Asociacins de Estudantes
  • Cultura
  • Medio Ambiente
  • Cultura
D. Besado DUVI 24/09/2019

Mis de 70 asociacins e colectivos de toda Galicia, agrupadas baixo o paraugas do recén creado Movemento Galego polo Clima, sumronse xa folga mundial polo clima que se celebrar o vindeiro venres 27 de setembro organizada por Fridays for future, movemento estudiantil que naceu da man da activista sueca Greta Thunberg. Neste contexto a Facultade de Filoloxa e Traducin acolleu este martes unha palestra informativa na que un bo número de integrantes da comunidade universitaria puideron escoitar de preto as propostas deste movemento da man dun dos seus voceiros Kai Lois Baltrusch, estudante de Bioloxa.

Presentado polo profesor Joaqun Sueiro e ante un saln de actos case repleto, Kai Lois Baltrusch explicou que o Movemento Galego polo Clima naceu como unha plataforma en apoio convocatoria internacional de folga realizada por Fridays for future. Nesta lia, fixo unha chamada a apoiar a folga do vindeiro venres de forma masiva e a acudir as manifestacins que estn convocadas por todo o territorio galego. O activista defendeu na súa intervencin o feito de que sexa a propia mocidade a que se poa fronte deste movemento porque son as persoas mis novas as que mis van sufrir as consecuencias do cambio climtico e o colapso ecolxico que, en gran medida, estn causados polas xeracins que os precederon. “Temos que facer unha chamada de atencin, unha visibilizacin dun problema que se vai facer real en poucos anos e que imos a sufrir ns, a xente nova, as nosas fillas e as nosas netas”, recalcou o activista.

“Temos que facelo desde xa, porque se non, imos chegar a un punto de non retorno”

Respecto a se o grao de sensibilizacin por estas temticas se vai incrementando, o representante do Movemento Galego polo Clima explicou que “efectivamente” a sensibilizacin, e con ela a visibilizacin do problema, vai medrando e, nesta lia, destacou a importancia de que tanto os medios de comunicacin como os gobernos comecen a visibilizar a situacin da emerxencia climtica na que vive a sociedade na actualidade e a necesidade “de comezar a actuar xa”. Para logralo Baltrusch fixo fincapé na necesidade de activar os movementos sociais de base, “que sexan eles os que axuden a visibilizar a situacin na que vivimos” e, dende a, os cambios sociais poderanse, segundo o seu punto de vista, transformar en cambios polticos nos distintos pases. “Os gobernos sern os que tern que traballar para que as reivindicacins se convertan en realidades”, recalcou o poente.

Entre as accins mis urxentes a levar a cabo, durante a palestra falouse da importancia de reducir a cero as emisins do efecto invernadoiro. “Temos que facelo desde xa, porque se non, imos chegar a un punto de non retorno no que o dano que estamos causando ao planeta xa non ser reversible”, recalcou, ao que engadiu que a sociedade corre o risco de entrar nun contexto de cambio climtico abrupto do cal xa non poida sar. “Hai que pensalo non como un proceso progresivo, senn como un crculo vicioso do que podemos non chegar a sar”, recalcou.

Anda que sexa a mocidade quen lidera este movemento, desde a organizacin fixeron un chamado participacin nos diferentes actos cidadana en xeral, subliando que, se ben é unha folga impulsada polo estudantado, “todas e todos temos que participar, non esquezamos que é unha folga de traballo, de consumo, etc”.

“As Humanidades tamén corren risco de extincin”

Unha vez finalizada a presentacin do Movemento Galego polo Clima, tivo lugar a lectura dun manifesto en defensa das Humanidades, un escrito asinado por preto dunha vintena de docentes da Facultade de Filoloxa e Traducin no que “ante a patente crise das Humanidades” fan unha chamada a unha “reafirmacin da vixencia e utilidade” destes estudos. “Aproveitando a analoxa entre as entidades que corren risco de supervivencia, un grupo de colegas da facultade elaboramos este manifesto no que queremos facer ver que as Humanidades tamén corren risco de extincin”, explicou o profesor Joaqun Sueiro, ex-decano da facultade e un dos docentes que asina o documento, quen recalcou que os estudos humansticos estn nun momento crtico “no que estn sendo arrombados por mecanismos monetarios ou mercantilistas”.

Nesta lia Sueiro, lembrou a existencia do Decreto 22/2011 “que nos ten moi preocupados e asustados”, xa que recalcou, esixe unha matrcula mnima nos graos de 50 estudantes. “O seu compoente activo –referndose a este Decreto- é a lei do mercado liberalizado. Efecto primario: con menos de 50 clientes por ano extermnanse por seren custosos. Ofreces unha formacin importante? Xa hai universidades privadas que lle porn un parche”, reflicten os asinantes do documento, entre outros, nomes tan representativos como a catedrtica Camio Noia, unha das fundadoras da facultade, ou os docentes, e tamén escritores, Anxo Angueira, presidente da Fundacin Rosala de Castro, Manuel Forcadela ou Rexina Vega.

Entre as principais demandas que se establecen no manifesto destacan catro: recoecer o momento crtico que viven as humanidades (“Na 鶹 ben podemos falar de perigo de extincin”); establecer un plan plurianual para a supervivencia de cada facultade deste mbito; iniciar un proceso de asembleas, sen comisins delegadas e, “ata que non haxa no SUG unha clara lia de actuacin para reverter os danos causados polo Decreto”, que as Xuntas de centro non voten a favor de nada que poida pr en perigo a calquera dos seus graos no mbito das Humanidades.