DUVI

Diario da 鶹

CCSS e da Comunicacin acolleu unha xornada de prevencin e sensibilizacin sobre esta lacra

So o 20% dos casos de violencia fsica e sexual son denunciados

A investigadora da UDC Belén Fernndez enmarcou a violencia machista nunha "desigualdade estrutural"

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 28/03/2019

Segundo os datos recollidos na última ‘macroenquisa’ sobre violencia de xénero realizada polo CIS, no ano 2015, o 10% das mulleres maiores de 16 anos sufriu nalgún momento da súa vida violencia de xénero por parte das súas parellas e ex-parellas, mentres que o 8% foron vtimas de violencia sexual. Estas foron algunhas das cifras que a investigadora da Universidade da Corua Belén Fernndez puxo sobre a mesa na Xornada de prevencin e sensibilizacin sobre violencia sexual na mocidade que este xoves acolleu a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin. Organizada pola Secretara Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en colaboracin coas unidades de igualdade das tres universidades galegas, esta xornada puxo o foco nunha serie de cifras que puan de manifesto “a magnitude da violencia machista”, cifras que, lembrou Fernndez, “indican o grao de concienciacin dunha sociedade”, motivo polo que, incidiu, en pases como os nrdicos, “que nos levan moito de camio de vantaxe en temas de igualdade”, son anda mis elevadas. “En Espaa s un 20% das persoas afectadas denuncia sufrir violencia fsica e sexual”, engadiu a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana Lpez Abella, na inauguracin dunha xornada que pechaba en Pontevedra o seu percorrido polos sete campus galegos.

Un 20% das mulleres europeas sofre acoso

Na súa intervencin, Lpez Abella aludiu as mesmo s cifras recollidas nos informes da Axencia Europea de Dereitos Fundamentais, que sinalan que unha de cada dez mulleres europeas de mis de 15 anos sufriu algún tipo de violencia sexual, que unha da cada 20 foi violada e que “case un 20% sufrirn acoso nalgún momento da súa vida”, episodios que, engadiu, no 80% dos casos non sern denunciados. De a que incidise na importancia de “traballar conxuntamente” na loita contra esta lacra social, na apertura dun acto no que a directora da Unidade de Igualdade da 鶹, Águeda Gmez, subliou o compromiso da institucin académica “coa erradicacin das violencias machistas”, lembrando que a Universidade conta cun protocolo de prevencin do acoso sexual e por razn de sexo e que o en novembro presentaba unha diagnose sobre as situacins de acoso sexual e por razn de sexo na Universidade, diagnose coa que, dentro das universidades públicas espaolas, s contan Vigo e a Complutense de Madrid. “A universidade é o berce dos valores que deben velar por riba de todo polo respecto aos dereitos humanos”, engadiu o director do Campus Crea, Carlos Souto, na apertura dunha xornada na que o decano de CCSS e da Comunicacin, Xosé Baamonde, alertou dun “proceso de involucin en cuestins de igualdade diante do que non podemos quedar pasivos”. 

Xunto intervencin de Fernndez, dirixida a “cuantificar esa violencia” e contextualizala na situacin de “desigualdade estrutural” que padecen as mulleres, esta xornada contou coas intervencins do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Garca, sobre os privilexios da “masculinidade hexemnica”, e da catedrtica e ex-secretaria xeral de Igualdade da Xunta Carme Adn, quen abordou como previr a violencia de xénero sen vitimizar s mozas. A xornada contou tamén co relatorio no que a investigadora predoutoral da 鶹 Rosana Martnez expuxo os resultados dun estudo realizado na Facultade de Ciencias de Educacin do campus de Ourense para detectar situacins de acoso ou abuso sexual. 

O “último recurso” do sistema de dominacin patriarcal

Orientada a concienciar e sensibilizar s novas xeracins sobre a violencia sexual, Belén Fernndez, integrante do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC, abriu a xornada mostrando a violencia machista como o “último recurso” do sistema de dominacin patriarcal. Nese senso, aludiu en primeiro termo a indicadores do mercado laboral, como a fenda salarial, o feito de que as mulleres padezan “condicins de emprego mis precarias”, maiores taxas de desemprego e maior porcentaxe de contratos a tempo parcial. “As mulleres concéntranse en sectores laborais moi orientados s tarefas de coidados”, denunciou esta sociloga, quen incidiu en que a esta situacin no mercado laboral súmase que a muller “asume dous terzos da carga total do traballo” nos fogares. A menor presenza de mulleres “nas estruturas de poder e representacin”, o feito de que o “espazo público estea pensado basicamente para os homes”, ou a propia “socializacin de xénero” foron tamén algúns dos factores aos que aludiu a investigadora para contextualizar, nunha situacin de “desigualdade estrutural” a violencia machista, “último mecanismo de opresin en toda esta serie de desvantaxes sistemticas e estruturais da dominacin patriarcal”. 

Fronte a elas, Fernndez pechou a súa conferencia promovendo un coloquio sobre que factores seran precisos para promover un “cambio social”, que ao seu xuzo constitúe un cambio “multidimensional”, que por unha banda deben canalizar movementos sociais como o feminista, “que no momento actual ten unha forza moi importante”, pero que require tamén de medidas e polticas públicas, en eidos como o legal, o educativo e a concienciacin da sociedade.