Ciencias Sociais e da Comunicacin acolleu o Da das Redes Galegas
As redes sociais, unha oportunidade para sumar “neofalantes dixitais” ao galego
A xornada contou coa formacin de tres profesionais formados na facultade
“Encher de galego as redes” constitúe, segundo salientou o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin Xabier Roln, o obxectivo central do Da das Redes Galegas, unha xornada centrada en falar de medios sociais e de contidos dixitais en galego, feitos por galegos e galegas ou para galegos e galegas. Tres profesionais formados neste centro do campus pontevedrés, Jennifer Álvarez, Laura Bastn e Adrin Aira, e a xornalista Alba Mancebo protagonizaron os coloquios dun evento que ademais de pr en valor aos e s profesionais da xestin de redes sociais e a formacin que imparte a facultade neste eido, sinalou s redes sociais como unha oportunidadepara o idioma. As o salientou, o director da Área de Normalizacin Lingüstica (ANL) da Universidade, Fernando Ramallo, quen incidiu en que as redes sociais constitúen “unha oportunidade relevante para as linguas minorizadas”, xa que son unha fonte para a xeracin de “neofalantes dixitais”, persoas que “inician a súa conversin lingüstica a usuario ou usuaria permanente do galego a través da súa experimentacin nas redes”.
Coordinado polos profesores Xabier Roln e Alberto Dafonte e organizado pola facultade e a ANL, coa colaboracin da Vicerreitora do campus e da Secretara Xeral de Poltica Lingüstica da Xunta de Galicia, a inauguracin deste Da das Redes Galegas contou coa participacin do vicerreitor do campus, Jorge Soto, a vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama, e o secretario xeral de Poltica Lingüstica, Valentn Garca. “Este tipo de eventos son fundamentais para entendernos”, salientou Soto na apertura dun foro que se estendeu s propias redes a través da etiqueta#redesgalegas. “As redes sociais non son algo polo que teamos que apostar porque sexan o futuro, son o presente”, engadiu Valderrama, que incidiu na “aposta forte” de CCSS e da Comunicacin por abordar esta realidade desde o punto de vista formativo, xa desde o ano 2007. Nese senso, Roln lembrou que polas cinco edicins desta xornada pasaron preto de 15 profesionais formados no centro, “que o que fan é referendar a aposta decidida desta casa por unha formacin especfica en redes sociais, que este curso deu un paso mis” coa posta en marcha do mestrado en Comunicacin en Medios Sociais e Creacin de Contidos Dixitais, que coordina Dafonte, responsable de moderar o coloquio que pechou a xornada.
Un espazo de oportunidade para o galego
“Se hai un espazo no que a visibilidade do galego entra en competicin pero onde hai tamén posibilidades de emancipacin é nas redes sociais”, salientou Ramallo, quen, facendo referencia a súa propia traxectoria como investigador das e os neofalantes, puxo de relevo a importancia das redes como “un espazo clave para ese proceso tan necesario nas linguas minorizadas como é a conversin lingüstica”. Nese mesmo senso, Valentn Garca lembrou que se trata “dun dos espazos de socializacin fundamentais hoxe en da, sobre todo da xuventude”, da xeracin “que mis competencias ten en lectura, en escritura een comprensin, pero logo onde fallamos é no uso que facemos desa lingua”. De a que sinalase a estas plataformas como un “espazo onde moitos se poden iniciar” no uso do idioma, lembrando “que o galego oscila entre o posto 20 e o 24 das linguas mis utilizadas en Twitter”.
Contidos propios para acadar atencin e fidelidade
Creadora de contidos dixitais en Antena 3, Jennifer Álvarez, achegou o alumnado s “principais estratexias de promocin” e difusin de contidos en redes nun relatorio que centrou no “éxito no medio dixital” das series e La Casa de Papel e o programa La Voz. “A forma de ver televisin est cambiando cada vez mis e o mundo dixital cobra mis forza da a da”, subliou Álvarez, quen sinalou que “a maiora dos espectadores que ven unha determinada serie ou programa utilizan ao mesmo tempo as redes sociais para compartir a súa opinin e por iso é importante conseguir captar a súa atencin a través da interaccin nestes medios dixitais”, as como ofrecerlles “contidos exclusivos, orixinais e de calidade”, que non poidan atoparse directamente na televisin.
Neste momento, as redes sociais “son un medio de comunicacin mis”, engadiu nese mesmo senso Alba Mancebo, traballadora do Departamento de Contidos Web da TVG, quen abordou a aposta deste departamento pola creacin de contidos propios para redes, desenvolvendo unha serie de vdeos informativos e divulgativos que mesmo acabaron tendo presenza na propia televisin, explicou. “No 2018, preto de 400.000 persoas seguiron os contidos da CRTVG nas redes sociais de forma habitual o que supuxo un incremento do 80% con respecto a 2017”, explicou Mancebo, quen falou tamén o seu traballo no Instagram da TVG e da iniciativa #instaGal, unha seccin que busca “fidelizar seguidores” a través desta rede social, propoendo cada semana unha palabra a partires da que ir reunindo sinnimos e variedades dialectais que se empregan en diferentes partes de Galicia.
Formada tamén na facultade, Laura Bastn, abordou neste foro o seu labor na publicacin dixital especializada Diariomotor, “nun posto que denominamos como back office”, que abrangue desde a edicin de vdeos e a creacin de pequenas pezas para promocionar estes vdeos en redes sociais xestin de contas publicitarias ou a creacin de contidos patrocinados en redes sociais. “Ao tratarse dun medio dixital, as redes sociais son unha parte a ter en conta para derivar trfico e xerar ingresos coa publicidade, pero mis al diso, tamén son unha pata importante hora de facer marca e xerar comunidade”, salientou Bastn nunha xornada no que o tamén egresado Adrin Aira, xestor de proxectos dixitais na axencia Elogia, abordou o papel que a rede social Linkedin xoga hora de obter oportunidades de traballo. “Creo que hoxe en da é imprescindible se queres dedicarte a este mundo, sexa na disciplina que sexa”, salientou este titulado, quen puxo o foco en que, mis al doa figura do community manager, o mundo dixital require de “moitos outros perfs creativos, estratéxicos e analticos”.
