DUVI

Diario da 鶹

O curso apraza a súa última clase, prevista para este pasado sbado, ata novo aviso

14 persoas aprenden as técnicas para facer enxertos nun novo obradoiro de Extensin Universitaria

Permiten adiantar ou retrasar floracins e ter rbores mis resistentes ao clima ou s enfermidades

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Medio Ambiente
  • Cultura
DUVI 16/03/2020

A técnica do enxerto consiste en unir dúas variedades de rbores ou plantas facendo que “solden” entre si e formen unha nova e, para conseguilo xúntanse dúas partes, o tronco ou patrn e a parte que se insire ou puga. Estes coecementos, que en moitos casos se transmiten de xeracin en xeracin, centro un dos obradoiros de Extensin Universitaria deste cuadrimestre. O obxectivo deste taller, que se imparte por primeira vez e no que se traballa con rbores froiteiras, ornamentais e hortalizas, é “reproducir e conservar as nosas especies”, sinala José Garrido, docente do curso e PAS no Centro De Investigacins Biomédicas (CINBIO).

A programacin do obradoiro viuse alterada pola crise do coronavirus e, anda que tia previsto rematar este pasado sbado, a última clase adase ata novo aviso. Nas sesins que tiveron lugar ata agora, as 14 persoas que participan no curso, recibiron clases tanto tericas como prcticas, non s para aprender a facer enxertos, senn tamén sobre os riscos que se poden atopar ao sar ao campo, os tipos de terreo, as utilizacins dun recurso indispensable como é a auga, e diversos tipos de datos curiosos e consellos que o alumnado poder usar no futuro.

Con case todas as prazas cubertas dende o primeiro momento, Garrido recoece que dada a temtica “contas con que vea xente de certa idade”, pero finalmente o obradoiro resultou ser todo un “exemplo de convivencia interxeracional” xa que os participantes de maior idade poderan ser avs dos mis novos. Ademais de na idade, tamén se diferencian na formacin. “Algúns son doutores e titulados universitarios mentres que outros, por diversas circunstancias da vida apenas puideron ir escola. Anda as, resultou ser un grupo moi compenetrado”.

Aprender sobre enxertos, os riscos ao sar ao campo, os tipos de terreo e moito mis

Facer enxertos ten distintas finalidades, entre elas conseguir “adiantar ou retrasar as floracins, conseguir rbores mis pequenas para que sexa mis doado recoller as froitas, facer que as rbores sexan mis resistentes s condicins climticas, erradicar algunhas enfermidades, etc.”, explica o docente. Na primeira parte do obradoiro, o alumnado fixo prcticas con ramas suxeitas nun soporte, para as coller destreza e posteriormente sar ao campo para practicar directamente nas rbores.
No que se refire aos enxertos, apunta Garrido, practicamente todas as plantas e rbores se poden enxertar, a excepcin dalgunha especie como por exemplo o pieiro “debido ao tipo de cortiza dura e rugosa que ten”. O mis doado de enxertar, sinala, son as hortalizas como pementos, tomates, sandas... ao contrario das plantas ornamentais coma os cactos, que requiren técnicas diferentes.

Garrido apunta que, para decidir o tipo de enxerto hai que ter en conta varios factores, o primeiro deles é dimetro do patrn, xa que segundo sexa mis groso ou menos resultar mis efectivo un ou outro tipo de enxerto. A maiores, tamén hai que ter en conta a época do ano, algo que para Garrido non é tan sinxelo como podera parecer. “Antes haba un calendario con datas, hoxe co cambio climtico est todo revolto e temos que basearnos na observacin e ver en que situacin estn as rbores en cada momento”.

No obradoiro tamén se abordaron temas de seguridade no campo en relacin s picaduras de abellas ou remedios naturais que poden usarse como o “llantén”. O alumnado tamén puido coecer os distintos tipos de terreo e o xeito de saber se a terra é cida ou alcalina mediante elementos como vinagre ou bicarbonato e como corrixilo. A auga como base de toda planta e ser vivo foi outro punto a destacar. Nas clases, o alumnado aprendeu a buscar auga con métodos de radioestesia ou rabdomancia e a bombeala de forma gratuta cunha bomba de ariete, para cuxa construcin “apenas se necesita nada”.

A lúa e como esta afecta a plantas e rbores

Un dos temas que tamén se abordou no obradoiro é a influencia das fases da lúa nas plantas, un coecemento tradicional que sempre se tivo en conta para sementar, podar ou enxertar. Garrido lembra unha lenda que di que “batendo” nos limoeiros na noite de San Xon, estes darn mis froito e apunta a unha explicacin: cando unha rbore é moi vigorosa non da froito e hai que “castigala” para que se “desangre” por estas feridas e perda vigor. Porén, hai métodos mais ortodoxos para facer isto tales como o “anelado”, que consiste en darlle uns cortes s ramas de forma limpa para que a rbore non se infecte. No caso dos enxertos, “o risco que corremos cando facemos un é que a rama ou puga se seque e deshidrate antes de que solde co patrn e lle transmita o zume que a mantén viva”. Cando a lúa est chea, este zume est nas ramas e en minguante est na parte baixa, por iso se as púas son recollidas en ascendente non se deshidratan tan pronto.

Estas e moitas outras curiosidades e anécdotas, foron as que mis chamaron a atencin do alumnado, remarca Garrido, que destaca o interese amosado polo grupo, que segua facendo preguntas mesmo despois de rematar a clase e xa na hora de xantar. “Se cando as tripas berran coa fame es capaz de seguir al, entendo que resulta algo interesante”.

Dos enxertos apicultura

A programacin do segundo cuadrimestre comprende outro obradoiro impartido por José Garrido, desta volta sobre apicultura, previsto para comezos de abril e que agora est no aire, ata coecer a duracin do estado de alarma polo COVID-19 e a súas consecuencias.