Coa participacin de profesionais da publicidade e da ilustracin
Unha xornada afonda no impacto da intelixencia artificial nas industrias creativas
Enmarcada nas actividades da Semana da Creatividade
Das súas aplicacins na industria publicitaria ao impacto que pode ter para colectivos como o dos profesionais da ilustracin. Os efectos da intelixencia artificial nas industrias creativas foron o eixe central da mesa de debate desenvolvida este martes na sede da Vicerreitora do campus, no marco da programacin da Semana da Creatividade 2024. Baixo o ttulo de Dilogos entre IA e creatividade, esta xornada abriuse cun relatorio do director de arte da axencia Fuego Camina Conmigo, Eren Saracevic, quen abordou as diferentes aplicacins das ferramentas de intelixencia artificial xerativa na industria da publicidade. Tras este, o ilustrador e deseador grfico Luis Demano puxo o foco en como estas ferramentas “adéstranse” coas obras de milleiros de creadores e creadoras para logo xerar as súas propias obras e “competir no mercado” con estes profesionais.
“Dentro da Semana da Creatividade, organizamos unha serie de seminarios e talleres que vinculen o mbito da creatividade cos distintos campos de accin das titulacins que conforman o Campus Crea”, sinalou Ana Belén Fernndez Souto, directora de rea do Campus de Especializacin, na presentacin desta actividade, que se completou cun coloquio moderado polo profesor de Dereito Mercantil da 鶹 Pablo Fernndez Carballo-Calero.
Como dirixir artisticamente a un robot?
Baixo este ttulo, Eren Saracevic, profesor na Barcelona School of Arts & Design, ofreceu un relatorio centrado no seu traballo como director de arte na industria publicitaria e nos usos que realizou nos últimos anos deste tipo de ferramentas. “Témola empregado desde para facer storyboards, ata para pezas finais”, sinalou este profesional, quen puxo o acento en que “a intelixencia artificial non deixa de ser un programa avanzado”. De feito, este tipo de ferramentas non supuxeron ao seu xuzo “un cambio drstico ou radical” nesta industria polo de agora. “O que non significa que non o vaia haber”, recoeceu Saracevic, quen entende que cada vez ser maior a súa utilizacin “nos procesos finais”.
O adestramento das IA e os dereitos de autor
Codirector do mster de ilustracin profesional do Centro Oficial de Estudios Superiores Barreira A+D, Luis Demano centrou a segunda das conferencias na súa experiencia como integrante dunha serie de grupos traballo de ilustradores, xurdidos tras a irrupcin das intelixencias artificiais xerativas. O seu obxectivo, sinalou, é tratar de “facer fronte ao que consideramos a impunidade das industrias tecnolxicas e como vulneran os dereitos de autora, utilizando a obra de milleiros de artistas para adestrar as intelixencias artificiais e logo competir no mercado con eses mesmos autores e autoras”. Neste punto, Demano lembrou que este tipo de ferramentas desenvolvéronse “nun marco comercial e industrial, no que se xeran un beneficios que hai que distribur”, posto que anda que “o estilo non est protexido por dereitos de autora” e estas ferramentas son capaces de xerar obras novas que imitan o estilo dun ou múltiples creadores, “para chegar a ese estilo utilzanse as súas obras”, subliou.
