DUVI

Diario da 鶹

Liderado pola investigadora Mara Mayn e o onclogo Juan Carrasco

Vigo Contra el Cncer financiarVIGO4SAR, un proxecto pioneiro para personalizar terapias en sarcomas desde o CINBIO e o IISGS

A carreira solidaria da asociacin celebrar a súa XII edicin o 19 de outubro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Medios
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Աپ
  • Աپ
DUVI 31/07/2025

A cidade olvica dar un paso un novo paso adiante na loita contra o cancro co apoio da asociacin Vigo contra el Cncer, unha entidade sen nimo de lucro que canaliza a solidariedade cidad a través dunha carreira coa que cada ano recada fondos para financiar un proxecto de investigacin en cancro. Neste 2025 o proxecto seleccionado é Nuevas oportunidades para pacientes con sarcoma – VIGO4SAR, liderado pola investigadora Mara Mayn Santos desde o grupo CellCOM do CINBIO, o Centro de Աپ en Nanomateriais e Biomedicina da 鶹, pertencente Rede Cigus; xunto co onclogo Juan Carrasco, do Hospital Público Álvaro Cunqueiro e o Instituto de Աپ Sanitaria Galicia Sur (IISGS).

Centrado na personalizacin do tratamento de sarcoma, un grupo de tumores raros moi pouco estudados, o principal obxectivo do proxecto ser desenvolver unha plataforma de cribado que permita seleccionar os tratamentos aos que responde un determinado tumor e evitar terapias ineficaces, personalizando o tratamento a cada paciente. O proxecto iniciarase coa axuda de Vigo contra el Cncer, agardando poder trasladar o seu uso clnica grazas ao apoio de entidades como Galaria, empresa pública do Sistema Galego de Saúde, especializada na incorporacin de tecnoloxas sanitarias innovadoras. “Este apoio non s ten un valor econmico, senn que representa un exemplo de como unha cidade enteira pode mobilizarse para impulsar a investigacin biomédica e ofrecer esperanza a pacientes con cancros tan pouco estudados como os sarcomas”, sinala Mayn.

Esta iniciativa, na que ciencia e sociedade camian xuntas, non é o único apoio que recibir o proxecto, que xa conta coa colaboracin Asociacin de Sarcomas Grupo Asistencial (Asarga), a través da Beca Carolina Cerezo, e da Federacin Espaola de Enfermidades Raras (Feder), que financiou un proxecto similar, orientado ao tratamento do osteosarcoma, un subtipo de sarcoma que afecta ao so.

A iniciativa cidad impulsar unha plataforma de cribado

Os sarcomas son un grupo heteroxéneo de mis de 200 tipos de tumores que afectan principalmente aos tecidos brandos e ao so, adoitando presentarse en persoas en idade infantil ou xuvenil, nas que a enfermidade ten un gran impacto. Con esta casustica no foco, VIGO4SAR propn estudar mostras tumorais obtidas co apoio de varios servizos e do Biobanco do Hospital Álvaro Cunqueiro. Nun futuro, “incorporaranse estudos de xenmica e transcriptmica para identificar novos biomarcadores de resposta, o que requirir de financiamento adicional”, explica a investigadora Mara Mayn. "Anda sabemos moi pouco sobre que causa os sarcomas e por que algúns pacientes responden a novos tratamentos, como as terapias dirixidas e inmunoterapias, e outros non”, sinala o doutor Juan Carrasco, que engade que “queremos dar un paso adiante e crear unha plataforma innovadora que nos permita estudar de forma personalizada que terapias funcionan mellor segundo o tipo de tumor e as caractersticas de cada paciente, superando as a falta de coecemento actual e personalizando os tratamentos para cada paciente e tipo de tumor”.

A implementacin desta plataforma permitir seleccionar os mellores tratamentos para cada paciente, o que ademais axudar a mellorar a súa calidade de vida ao descartar terapias non eficaces para cada tipo de tumor. “O obxectivo final é contribur a mellorar a calidade de vida e supervivencia das persoas afectadas por sarcomas, ofrecendo unha nova oportunidade no seu tratamento e manexo clnico”, explican os promotores do proxecto. Ademais, “esta plataforma desenvolvida en Vigo non s beneficiar a pacientes con sarcoma, pois tamén servir como modelo para a súa aplicacin noutros tumores, aforrando importantes costes ao sistema sanitario”, detallan.

Con anterioridade a este proxecto, Vigo contra o Cncer xa colaborara no financiamento dos proxectos participados por investigadores da 鶹, Biomarcadores Moleculares BB1, de Javier Berrocal e Octopus (Oncoloxa Customizada para Tratar Os PUlmonS), no que tomou parte David Posada.

Vigo correr un ano mis contra o cancro

Co seu apoio a este proxecto, a asociacin Vigo Contra el Cncer financiar por primeira vez vez un estudo de sarcoma. Nas prximas semanas darase a coecer o cartel da súa xa clsica carreira solidaria, as como as datas de apertura e peche de inscricins. Ademais, aquelas empresas, institucins e particulares que queiran sumarse a esta causa podern contactar coa asociacin a través da súa pxina web.

O vindeiro 19 de outubro, esta asociacin viguesa sen nimo de lucro celebrar a XII edicin da súa clsica proba, co fin de tinguir novamente de azul as rúas do barrio de Coia nas dúas modalidades de 10 km ou 5 km, puidendo facerse andando esta última. Desde a organizacin agardan recuperar as cifras de participacin logradas nas anteriores edicins, nas que se completou o cupo de 5000 participantes, e conquistar outra edicin co obxectivo de sempre: “concienciar sobre a prevencin e apoiar a investigacin contra o cancro”.